10/09/2026
📣 Bono Concilia Familia 2026
Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas a cubrir necesidades puntuais de conciliación ou durante os períodos de vacacións escolares.
📅 Prazo: ata o 9 de outubro ás 14:00 h.
Poden subvencionarse gastos de contratación temporal dunha persoa empregada do fogar, atención á infancia a domicilio, servizos de conciliación autorizados, ludotecas e campamentos ou recursos colectivos privados.
💶 A axuda pode alcanzar ata o 100 % para familias de especial consideración e ata o 75 % nos demais casos, cos límites establecidos na convocatoria.
⚠️ Unha cuestión aínda sen aclarar
As bases exclúen os campamentos organizados directa ou indirectamente polas administracións públicas. Porén, non especifican con claridade como afecta esta exclusión aos programas organizados polas ANPAs ou federacións que reciben financiamento público.
Ante a falta de resposta da Administración á consulta presentada pola Federación, existe o risco de que estes programas sexan considerados excluídos. Parécenos unha situación inxusta, porque podería deixar sen axuda ás familias que participan en servizos organizados por entidades sen ánimo de lucro precisamente para facilitar a conciliación e ofrecer prezos máis accesibles.
Desde a Federación de A Coruña solicitamos unha aclaración expresa e unha aplicación das bases que non cause perxuicio a estas familias.
💻 A solicitude debe presentarse electronicamente na sede da Xunta de Galicia.
🔎 Procedemento BS412A
👉 Máis información: sede.xunta.gal