08/04/2025
Outra das propostas do Coloquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal é a exposición "Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX: Galiza, Portugal, América",
Desde esta quinta feira 10 de abril até o 18 de maio, no Salón Nobre do Centro Galego de Lisboa, os ollos pousaranse de novo, como outrora, nestas 21 estrelas; todas galegas, todas mulleres.
Vén coñecelas xa na inauguración da exposición, nesta quinta 10 de abril, ás 19h15.
02/04/2025
A nota final do Colóquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal a porá o Fado do Deita-Gatos, unha viaxe sonora a través da música e a memoria!
O Fado do Deita-gatos é un espectáculo escénico-musical presentado por Fado Nordés, proxecto transmedia arredor do fado e a emigración.
A voz de Iria Estévez, líder do proxecto, levaranos por historias de saudade, resistencia e beleza nas que Galiza e Portugal se entrelazan a través do tempo e da música.
Participan:
Iria Estévez – Voz principal, deseño escénico, deseño do espectáculo, acting, co-guión, coordinación xeral.
Gabriel André – Guión, voz, investigación da emigración en Lisboa, idea orixinal.
Alberto Franco – Co-guión, investigación do fado e voz.
Mucio Sa – Guitarra portuguesa.
C. Heitor da Fonseca – Viola de fado.
Vén disfrutar dun encontro diferente e único entre o fado e a emigración galega!
📍Xuventude de Galiza - Centro Galego de Lisboa
🗓️ Sexta feira, 11 de abril
⏱️ 19h30
02/04/2025
Nos próximos días 10 e 11 de abril, Lisboa será a sede do Colóquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal: Redes migratórias e culturais.
O evento ten como obxectivo propiciar un encontro de especialistas na histórica emigración galega en Portugal e, ante todo, celebrar e revisitar a Lisboa máis galega.
Os traballos académicos, terán lugar no Auditório B1 da FCSH (Universidade Nova de Lisboa) e estarán abertos a todo o público interesado.
Pola súa parte, a Xuventude da Galiza - Centro Galego de Lisboa acollerá os diferentes eventos do programa social:
Quinta feira, 10 de abril
18h 🍲 Conferencia gastronómica "Temperos da Galiza en pratos e espaços portugueses", a cargo da profesora Inês de Ornellas e Castro e do gastrónomo e investigador Virgílio Nogueiro Gomes.
19h15 🖼️ Inauguración da exposición "Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX: Galiza, Portugal, América".
Sexta feira, 11 de abril
19h30 🎶 Concerto "O Fado do Deitagatos", a cargo de Iria Estévez, e presentación de "Fado Nordés. Proxecto transmedia arredor do fado e a migración".
Estades todos e todas convidados. Esperámosvos!