Galego En Roma

Galego En Roma Lettorato di lingua e letteratura galega - La Sapienza Università di Roma

Lectorado de lingua e l

Feliz Día das Letras Galegas. Este ano autora homenaxeada é Xela Arias,  escritora situada á vangarda que reivindicou o ...
17/05/2021

Feliz Día das Letras Galegas.

Este ano autora homenaxeada é Xela Arias, escritora situada á vangarda que reivindicou o galego como lingua literaria e que tamén traballou nun dos ámbitos menos recoñecidos da literatura: a tradución.

Deixámosvos un dos seus poemas máis coñecidos:

"A unidade componse .
Da desorde.
Desordénome, amor,
E dou co punto
Único
Do centro dos abrazos.
Abrazo a desorde das ideas
E sei
Que a unidade se compón.
A unidade componse.
Da desorde"

Xela Arias

Feliz   📖💫
23/04/2021

Feliz 📖💫

Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.    convídavos a descubrir novos nomes da poesía galega actual a trav...
21/03/2021

Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.

convídavos a descubrir novos nomes da poesía galega actual a través deste artigo publicado na revista Vinte: https://vinte.praza.gal/artigo/un-paseo-dixital-pola-nova-poesia-galega

Celebramos o día da poesía percorrendo algunhas das accións poéticas que puidemos ver ultimamente na rede. Falamos de nova poesía galega aínda que nesta escolma tamén hai veteráns que experimentan nas plataformas dixitais. 

Feliz 8 de marzo, Día da Muller! 💜(Ilustración feita polo artista galego Leandro Lamas)
08/03/2021

Feliz 8 de marzo, Día da Muller! 💜

(Ilustración feita polo artista galego Leandro Lamas)

📌A Facultade de  Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo organiza unha mesa redonda sobre Xela Arias, a homenaxead...
25/02/2021

📌A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo organiza unha mesa redonda sobre Xela Arias, a homenaxeada das letras galegas deste ano. O evento será MAÑÁ 26 de febreiro de 2021 de 16:30 a 18:00. No cartaz está o enlace para seguir o evento en liña.

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura gale...
24/02/2021

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario (Rosalía de Castro, 1837-1885).

Deixámosvos cun vídeo realizado hai xa algúns anos no que se pode ver algunhas alumnas recitando poemas da autora en galego e en italiano.

Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. 🗣- Foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e c...
21/02/2021

Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. 🗣

- Foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

- O Día Internacional da Lingua Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.

Estamos a piques de celebrar unha das festas máis importantes para todxs xs galegxs... O  ! 🎭  convídavos a g***r desta ...
13/02/2021

Estamos a piques de celebrar unha das festas máis importantes para todxs xs galegxs... O ! 🎭

convídavos a g***r desta festa a través desta marabillosa canción de Os Amigos dos Músicos.

Canción "Non pare a festa" de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa (É tempo de Entroido 2)", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2021

Canción "Non pare a festa" de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa (É tempo de Entroido 2)", de…

Xa estudaches galego e queres continuar a túa formación? Estás de sorte! Mañá comezan as aulas online para antigxs estud...
03/02/2021

Xa estudaches galego e queres continuar a túa formación?

Estás de sorte! Mañá comezan as aulas online para antigxs estudantes de galego da Sapienza Università di Roma.

Agardámoste!

🥳 👩🏻‍🏫

Estamos moi felices pola nosa alumna Elisa Capannolo, pois acadou a nota máxima 110 e lode co seu traballo "L'emigrazion...
31/01/2021

Estamos moi felices pola nosa alumna Elisa Capannolo, pois acadou a nota máxima 110 e lode co seu traballo "L'emigrazione galega nei Paesi Baschi (1880-2019)" / "A emigración galega no País Vasco (1880-2019)" 👩‍🎓🥳

Parabéns a Elisa e aos titores da Tese: Attilio Castellucci e Julían Santano Moreno.

Indirizzo

Piazzale Aldo Moro, 5
Rome
00185

Notifiche

Lasciando la tua email puoi essere il primo a sapere quando Galego En Roma pubblica notizie e promozioni. Il tuo indirizzo email non verrà utilizzato per nessun altro scopo e potrai annullare l'iscrizione in qualsiasi momento.

Scelte rapide

Condividi