CIFP Vilamarin

CIFP Vilamarin Centro integrado de formación profesional de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias e Agraria.

Formación Profesional das familias profesionais:
Agraria
Hostalaría e Turismo
Industrias Alimentarias

O noso profesorado segue cruzando fronteiras para aprender, compartir e medrar con Erasmus+! Por iso, aproveitamos ao má...
22/07/2026

O noso profesorado segue cruzando fronteiras para aprender, compartir e medrar con Erasmus+! Por iso, aproveitamos ao máximo as oportunidades que ofrece o programa, que permite ao noso profesorado coñecer outras institucións, intercambiar experiencias e descubrir novas metodoloxías que despois trasladan ás nosas aulas.

O noso compañeiro Fernando realizou unha estadía na Universidade Transilvania de Brașov (Romanía), na Facultade de Silvicultura e Enxeñaría Forestal, onde puido coñecer novas formas de traballo e establecer vínculos con profesionais do ámbito forestal.

A nosa compañeira Nuria tamén participou nunha mobilidade en Romanía, desenvolvendo a súa formación nas Termas de Bucarest, unha experiencia que lle permitiu coñecer de preto a xestión e o funcionamento dun referente do turismo de benestar.

Así mesmo, a nosa coordinadora de Programas Internacionais, Alba, levou a cabo unha estadía en Sardeña (Italia), en Futura Mobility & Consulting SRLS, fortalecendo a cooperación internacional e creando novas oportunidades de colaboración para futuros proxectos Erasmus+.

Cada mobilidade supón unha oportunidade para aprender doutras persoas, compartir coñecementos, ampliar horizontes e construír unha rede europea de colaboración que enriquece toda a nosa comunidade educativa.

💙 Erasmus+ é abrir a porta a novas ideas, novas culturas e novas oportunidades. Porque aprender non ten fronteiras!

Formación e aprendizaxe da man dos mellores profesionais🤩🙌O profesorado do CIFP de Vilamarín visitou a queixería artesá ...
29/06/2026

Formación e aprendizaxe da man dos mellores profesionais🤩🙌

O profesorado do CIFP de Vilamarín visitou a queixería artesá Airas Moniz para recibir formación sobre a elaboración de queixos e coñecer de preto o seu proceso produtivo.

Airas Moniz vén de recibir o premio ao mellor queixo azul de España no Salón Gourmets grazas ao seu queixo Savel, un recoñecemento que pon en valor a excelencia, a innovación e o compromiso coa calidade desta empresa galega.

Queremos agradecerlles a súa profesionalidade, a magnífica acollida e a súa disposición para compartir a súa experiencia e coñecementos connosco.

Parabéns por este merecido premio e moitos éxitos para o futuro! 👏🧀

26/06/2026

Un xantar ao máis puro estilo da Dolce Vita 🍝🎬

O alumnado do noso centro ofreceu aos residentes un servizo temático inspirado na icónica Dolce Vita italiana, transportándoos á elegancia, o glamour e o encanto da Italia dos anos 50 e 60.

Sabores mediterráneos, unha coidada ambientación, música italiana e unha decoración chea de detalles convertéronse nos ingredientes perfectos para crear unha experiencia única.

Máis aló da gastronomía, esta actividade permitiu ao alumnado poñer en práctica as súas competencias profesionais nun contexto real, demostrando creatividade, organización, traballo en equipo e atención ao cliente.

Queremos felicitar ao alumnado e ao profesorado implicado polo excelente traballo realizado e agradecer aos residentes a súa participación e boa acollida.🥰

Non podiamos rematar o curso sen participar nunha actividade dos Polos Creativos.🙂O alumnado de FP Básica de Cociña e Re...
25/06/2026

Non podiamos rematar o curso sen participar nunha actividade dos Polos Creativos.🙂

O alumnado de FP Básica de Cociña e Restauración participou na iniciativa , unha proposta que lles permitiu achegarse ao fascinante mundo da astronomía a través da experimentación e da aprendizaxe práctica.

Para comprender mellor o eclipse solar que poderemos observar este verán, construíron unha maqueta en 3D e empregaron un kit eléctrico para simular o movemento relativo do Sol, da Terra e da Lúa. Ademais, afondaron nos aspectos científicos deste fenómeno e reflexionaron sobre a importancia de observalo sempre de forma segura.

A xornada tamén incluíu unha actividade baseada no alquerque, un xogo milenario de estratexia para dous xogadores que lles permitiu desenvolver habilidades de pensamento lóxico e toma de decisións.

Como agasallo final, o alumnado recibiu unhas gafas homologadas para a observación solar, coas que poderá g***r con total seguridade do eclipse previsto para o vindeiro 12 de agosto.🤩

Unha forma diferente e motivadora de aprender, investigar e rematar o curso mirando cara ao ceo. ✨

15/06/2026

Durante o terceiro trimestre, o alumnado participou en diversos obradoiros prácticos centrados no uso de ferramentas dixitais como Padlet, Excel, Word, Canva, o correo electrónico e outras aplicacións de utilidade académica e profesional.

Aínda que as tecnoloxías forman parte do noso día a día, observamos que moitos mozos e mozas teñen unha maior familiaridade coas redes sociais que co manexo de ferramentas dixitais básicas e imprescindibles para os estudos e o mundo laboral. Por iso, estas actividades estiveron orientadas a reforzar a súa competencia dixital, proporcionando recursos prácticos que lles serán de gran utilidade no seu futuro formativo e profesional.😄

Desde a biblioteca escolar, seguimos impulsando iniciativas que contribúan á mellora das competencias dixitais da comunidade educativa, favorecendo un uso responsable, autónomo e eficaz das ferramentas tecnolóxicas.

Un recuncho para descubrir, ler e compartir ✨📚Xa temos listo un novo espazo de lectura pensado para que toda a comunidad...
12/06/2026

Un recuncho para descubrir, ler e compartir ✨📚

Xa temos listo un novo espazo de lectura pensado para que toda a comunidade educativa poida descubrir novas historias, compartir recomendacións e desfrutar do pracer de ler.

Neste recuncho atoparedes Bookflix, un apartado con recomendacións lectoras do momento, perfecto para atopar esa próxima lectura que vos acompañará durante días.

Ademais, contamos cun espazo especial dedicado á segunda vida dos libros, promovendo o intercambio, a reutilización e o amor pola lectura como unha forma de compartir cultura e coñecemento.

Animámosvos a achegarvos, explorar e deixarvos sorprender por todo o que os libros teñen para ofrecer.🤩

Porque cada libro abre unha porta a novas experiencias, ideas e emocións. 💫

Dirección

Borulfe, Sn
Villamarín

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIFP Vilamarin publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CIFP Vilamarin:

Compartir

Categoría