DiverMinds

DiverMinds Tu centro de ocio para disfrutar y aprender

🎒 Xa está aquí a volta ao cole! 💜E en DiverMinds imos aproveitar os días 7 e 8 de setembro para preparar cousiñas ben ch...
26/08/2026

🎒 Xa está aquí a volta ao cole! 💜

E en DiverMinds imos aproveitar os días 7 e 8 de setembro para preparar cousiñas ben chulas para levar ao cole 😍

✏️ Día 7: personalizamos un lapis con charms.
🎨 Día 8: cada peque fará o seu propio estoxo con vinilos, nome, inicial e os debuxos que máis lle gusten.

🕘 De 09:30 a 14:00 h
Madrugadores desde as 08:30 h e tardóns ata as 14:30 h.

💗 1 día · 20 €
💚 2 días · 36 €

As prazas son limitadas! 🏃‍♀️💨
Anótate aquí⁠: https://forms.gle/v45GqRmyEQKzw4zXA

21/08/2026
21/08/2026

🌈 ATA O ANO QUE VÉN! 🌈

Hoxe poñemos punto final a outro verán de Campamento DiverMinds 💛

Foron semanas de xogos, risas, excursións, obradoiros, aventuras, novas amizades e moitísimos momentos que quedan para o recordo. ✨

Queremos dar as GRAZAS, un ano máis, ás 74 familias que confiastes no noso traballo e, sobre todo, que nos confiastes o máis importante: os vosos pequenos e pequenas. 🥰

E grazas tamén a todos os nenos e nenas que encheron DiverMinds de alegría cada mañá. Eles e elas son os verdadeiros protagonistas deste verán. 🌟

Marchamos de vacacións coa mochila cargada de momentos bonitos e coa ilusión de volver atoparnos moi pronto. 💫

Grazas por formar parte da familia DiverMinds. 💛

☀️ Fin do Campamento de Verán 2026 ☀️
Ata a próxima aventura! 🌈

🌈✨ DESPEDIMOS O CAMPAMENTO AO GRANDE! ✨🌈Este venres 22 poñemos o broche final ao noso campamento cunha auténtica FESTA N...
19/08/2026

🌈✨ DESPEDIMOS O CAMPAMENTO AO GRANDE! ✨🌈

Este venres 22 poñemos o broche final ao noso campamento cunha auténtica FESTA NEÓN! 💗💚💙

🕘 De 09:00 a 14:00 h
🎟️ Prezo: 20 €
🆓 Entrada libre ata as 10:30 h

Preparámosvos unha mañá chea de cor e diversión:

🍹 Cócteles
🍢 Petiscos
🪩 Sala disco neón
⭐ Tatuaxes neón
🎨 Mechas e pintacaras
🎶 Música, baile e moita festa!

💥 Saca do armario as cores máis rechamantes e prepárate para brillar con nós.

OcioInfantil FestaInfantil Verán2026

12/08/2026

Hoxe tocou preparar algo moi especial para o eclipse! 🌞🌘

Os nenos e nenas do campamento fixeron as súas propias caretas de cartón, pintándoas e decorándoas ao seu gusto 🎨💚

E, por suposto, tamén lles entregamos as súas gafas certificadas para poder observar o eclipse con seguridade. 🕶️✨

Unha actividade diferente coa que aprendemos, creamos e, sobre todo, o pasamos xenial! 🥰

🌞 Cambiamos a nosa programación! 🌑✨Esta semana facemos un pequeno cambio no campamento porque hai ocasións que merecen c...
10/08/2026

🌞 Cambiamos a nosa programación! 🌑✨

Esta semana facemos un pequeno cambio no campamento porque hai ocasións que merecen converterse nunha experiencia de aprendizaxe. E un eclipse solar é, sen dúbida, unha delas! 💫

Por iso, o martes 11 e o mércores 12 dedicaremos parte das xornadas a descubrir que é un eclipse e a preparar as nosas propias caretas protectoras de cartón, creadas e decoradas polos nenos e nenas. 🎨☀️🌍

Ademais, entregaremos gafas infantís certificadas a todos os asistentes, para que poidan levalas para a casa. 🕶️

💚 Actividade incluída para os nenos e nenas do campamento.
⭐ Tamén é posible inscribirse por días soltos e participar no obradoiro.

31/07/2026

✨ Unha semana máis chea de creatividade, diversión e aventuras en DiverMinds!

Esta semana gozamos de:
🌈 Colgantes dos desexos
🎨 Escuma de cores
🏊 Un refrescante día de piscina
🧪 Obradoiro de slime
🌿 E unha fantástica excursión a Pingas de Gaia

TempoLibre Infancia PingasDeGaia

03/05/2026

🌸 Feliz Día a todas as mamis! 🌸

En DiverMinds vivimos unha tarde chea de agarimo, creatividade e moitas emocións preparando un detalle moi especial para as persoas máis importantes do mundo 💕

As nosas pequenas e pequenos puxeron todo o seu corazón neste obradoiro, creando agasallos únicos cheos de amor, ilusión e moita tenrura 🎨🩷

Porque non hai regalo máis bonito que aquel feito coas mans… e co corazón.

Grazas por ser refuxio, forza, paciencia e amor infinito. Hoxe celebramos a todas esas mamás marabillosas que o fan todo especial 💐

Feliz Día da Nai! 🌷

Vilalba DiverMindsVilalba DetallesConAmor InfanciaFeliz

Dirección

Bispo Rouco Varela 24 Baixo
Villalba
27800

Horario de Apertura

Lunes 15:30 - 20:30
Martes 15:30 - 20:30
Miércoles 15:30 - 20:30
Jueves 15:30 - 20:30
Viernes 15:30 - 20:30

Teléfono

+34623140619

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando DiverMinds publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a DiverMinds:

Atajos

Compartir