07/12/2025
*🌟 RUADA DE NADAL EN VILAGARCÍA! 🌟*
O domingo *21 de decembro*, na *1ª planta da Praza de Abastos*, a Asociación Pésdebarro organiza unha xornada completa de música tradicional, obradoiros e foliada para toda a veciñanza.
*🎶 OBRADOIROS con Xosé Lois D. Lucio*
🕛 12:00–13:00 → Percusión Miúda de Nadal
*Traede culleres, garfo, cunchas e botellas de anís!!!*
🕟 16:30–17:30 → Panxoliñas
*🥁 18:00 – FOLIADA LIBRE*
Aberta a músicos/as, cantantes e bailadoras/es.
📌 As actuacións serán por orde de inscrición durante a Ruada.
Se queda tempo ao final, seguiremos en modo foliada libre e espontánea!
🎁 Durante o día *haberá sorteos de produtos doados por comercios locais* que colaboran coa asociación.
✨ Non fai falta experiencia previa: canto máis xente se anime, máis grande será a festa!
Entrada libre e gratuita.
*🎄 Trae instrumento, voz ou só ganas de pasalo ben. Anímate e non faltes!*
🙏 Comparte esta mensaxe na túa asociación, coas amizades, na veciñanza, coas/os compañeiras/os de traballo…
Canto máis se difunda, mellor soará a Ruada!