26/06/2024
Un ano máis a nosa Dinamización de Normalización Lingüística e o Concello de Vilagarcía colaboran na campaña de difusión do galego polos establecementos da vila, repartindo, nesta ocasión, bolsas de tea para fomentar tamén a sustentabilidade local. Foron máis de 100 deseños os presentados polo alumnado, ao que felicitamos e agradecemos a súa participación e implicación. Dos 8 gañadores repartiranse hoxe na vila 6000 bolsas e os carteis promocionais da campaña cos deseños finalistas. Noraboa a todo o alumnado participante e grazas unha vez máis a ENDL e ao Concello por facelo posible e á prensa por axudarnos a difundir.
https://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/desenos-lucas-sara-maria-hugo-xabier-antia-carlota-e-marta-chegan-aos-comercios-fales-galego-4889636
https://www.farodevigo.es/arousa/2024/06/26/alumnos-do-castro-alobre-desenan-104280869.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2024/06/26/span-langglseis-mil-bolsas-potenciaran-emprego-do-galego-comercios-vilagarciaspan/0003_202406A26C2994.htm
Os alumnos do Alobre, cuxa directora se despide do centro, distribúen os seus deseños entre os establecementos da capital arousá