02/10/2025
✨ Tal día coma onte fixemos 24 anos ✨
Un camiño cheo de aprendizaxe, colaboración e compromiso coas persoas e familias que confiaron en nós.
Hoxe compartimos tamén unha nova importante: deixamos de ser centro colaborador do SERGAS. Agradecemos de corazón todos estes anos de cooperación e celebramos que se dea máis recoñecemento á logopedia no ámbito público.
Este cambio ábrenos unha nova etapa: seguir consolidando o noso proxecto con máis forza ca nunca 💪
🔹 Terapias individualizadas, respectuosas e sostibles
🔹 Enfoque integral e interdisciplinar
🔹 Formación continua, innovación e materiais á vangarda
🔹 Acompañamento centrado nas persoas e no seu entorno
Seguiremos traballando con ilusión, mirando cara o futuro con agradecemento polo vivido e compromiso co que está por vir 💙