19/05/2025
A nosa Escola Municipal de Música tamén quixo participar do Día das Letras Galegas, en esta pequena foliada que montamos compartindo cos compañeiros do Fiandón Berciano e da Escola de Gaitas, en homenaxe as nosas pandereteiras e os nosos pandereteiros, que tan valioso legado nos deixaron tamén nestas terras do Bierzo. Coa ilusión de ser os seus sucesores e transmisores deste importante patrimonio tradicional.