Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo

Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo

Compartir

Páxina oficial da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo

28/07/2026

Aprende, investiga, medra.
Descubre o Grao en Bioloxía da UVigo 🌱

Universidade de Vigo

22/07/2026

Un mundo de oportunidades agárdate.
Descubre o Grao en Bioloxía da Uvigo 🔬

Universidade de Vigo

14/07/2026

A ciencia comeza aquí.
Descubre o Grao en Bioloxía da UVigo 🧪

Universidade de Vigo

10/07/2026

O teu futuro comeza hoxe.
Descubre o Grao en Bioloxía da UVigo ⚡️

Universidade de Vigo

07/07/2026

Descubre todo o que podes chegar a ser.
Descubre o Grao en Bioloxía da UVigo 🧬

Universidade de Vigo

02/07/2026

🧬🌿 Descubre o Grao de Bioloxía da Uvigo

Un lugar para aprender, descubrir e construír o teu futuro profesional.

Sanidade, industria agroalimentaria e farmacéutica, control da calidade, xestión ambiental, docencia, divulgación científica…. e moito máis.

Un mundo de posibilidades agárdate ✨

Universidade de Vigo

Photos from Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo's post 30/06/2026

🎓 O pasado venres celebramos o acto de graduación do Grao en Bioloxía, unha xornada moi especial para despedir unha etapa chea de aprendizaxes, esforzo e experiencias compartidas.

O acto contou coa participación de Manuel Martínez, vicerreitor de Investigación; Mercedes Gallardo, decana da Facultade de Bioloxía; José A. Fernández Bouza, decano do COBGA; e Castor Muñoz e Lara Areal Hermida, padriño e madriña da promoción, que dedicaron unhas palabras de felicitación, ánimo e inspiración ás persoas graduadas para esta nova etapa que agora comezan 🎉

Queremos dar os nosos parabéns a toda a promoción e desexarvos moito éxito nos retos profesionais e persoais que están por vir.

💚 Moita sorte nesta nova etapa e... ata sempre, esta sempre será a vosa casa!

Universidade de Vigo

Photos from Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo's post 05/05/2026

As escamas da pitón bola (Python regius) agochan unha sorprendente defensa microbiolóxica 🐍

Un estudo recente demostra que as microestruturas en forma de espiñas das súas escamas dificultan a acumulación de bacterias e a formación de biofilmes, reducindo a súa adhesión ata nun 88 %.

Este mecanismo podería deberse a que estas estruturas limitan o contacto das bacterias coa superficie ou mesmo danan as súas células.

Este descubrimento abre a porta ao deseño de novos materiais antimicrobianos inspirados na natureza que poderían complementar o uso de antibióticos 🧪

👉 E ti, coñecías este tipo de defensas na natureza?

🔗 Podes ler o artigo completo en:
https://www.science.org/content/article/microscopic-spikes-snakeskin-block-bacterial-buildup
doi: 10.1126/science.z2325c5

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Campus Universitario As Lagoas-Marcosende
Vigo
36310

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:00
Martes 08:30 - 21:00
Miércoles 08:30 - 21:00
Jueves 08:30 - 21:00
Viernes 08:30 - 21:00