11/08/2026
Xa está aquí o calendario académico 26/27 📅
Anota as datas clave para poder organizarte mellor: cuadrimestres, exames, actas, cando non hai clase e convocatorias extraordinaria e de fin de carreira.
Garda este carrusel 📌 para telo sempre a man ao longo do curso.
Máis información en fccxxt.uvigo.es
Universidade de Vigo
04/08/2026
👥 A Simultaneidade ADE-Dereito da Universidade de Vigo permite ao estudantado obter en cinco anos un perfil profesional moi demandado polo sector empresarial. 🙌🏻
Unha titulación que aúna as saídas profesionais de Dereito e ADE, abrindo o camiño á alta dirección empresarial, os grandes despachos profesionais e os corpos superiores da Administración Pública.
A oferta complétase con prácticas en importantes despachos, habilidades directivas, ferramentas para mellorar a expresión oral e escrita, programas de mobilidade internacional como Erasmus, ISEP e SICUE, e recursos como biblioteca, deportes e bolsas.
📌 Máis información: fccxxt.uvigo.es
30/07/2026
Se queres actualizar os teus conecementos en fiscalidade europea e comprender mellor como funciona o imposto sobre sociedades na Unión Europea, esta actividade é para ti.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo presenta o módulo “O imposto sobre sociedades na Unión Europea”, unha proposta formativa de referencia no ámbito do Dereito Financeiro e Tributario.
📚 Un curso que aborda temas clave como a imposición societaria, os prezos de transferencia, a imposición mínima global ou os mecanismos antielusión, desde unha perspectiva internacional.
📅 15, 24 e 30 de setembro
📅 1 e 6 de outubro de 2026
📍 Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense
💻 Modalidade híbrida
✉️ Inscrición gratuíta ata o 14 de setembro:
[email protected]
Información e programa completo na nosa web. 🙌🏻
Fiscalidade Formación
09/07/2026
📢 NOVO CURSO: Plans de Igualdade
A área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo organiza o Diploma de Curso de Formación Universitaria en “Plans de Igualdade” (8 ECTS), en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
Unha proposta formativa práctica e interdisciplinaria sobre igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral: marco normativo, negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade, transparencia retributiva, auditorías salariais, protocolos fronte ao acoso e medidas de protección das persoas LGTBI.
👥 Con participación de persoal docente universitario especializado, integrantes da Inspección de Traballo e Seguridade Social, maxistratura social e representantes sindicais e empresariais.
📅 Datas clave:
🔹 Preinscrición: 01/07/2026 – 31/07/2026
🔹 Matrícula: 20/08/2026 – 10/09/2026
🔹 Docencia: 16/09/2026 – 26/11/2026
📍 Metodoloxía mixta: docencia síncrona presencial + contidos asíncronos na plataforma Moovi.
👉 Máis información e inscrición: https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1321-1/
Centro de Posgrao e Formación Permanente. Campus Aberto
07/07/2026
🎓 Dobre graduación do alumnado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
O pasado venres 26 de xuño celebramos, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o acto de graduación da XIV Promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (2022-2026) xunto co Programa Universitario para o Emprego e a Vida Autónoma ( ). 🎓
Un acto emotivo presidido polo Decano, Pablo Grande Seara, e pola Secretaria Xeral da Universidade de Vigo, Emma Rodríguez Rodríguez.
Un momento moi especial foi o nomeamento de María Cobas Brey como madriña externa da promoción de RRLL e RRHH, xunto coas madriña e padriño internos, Irene Dozo Mougán e Antonio Megías Bas.
Pola parte do Programa EMAU, contamos coa intervención de Beatriz Gallego Nieto, directora rexional de INSERTA Galicia, e do profesor e padriño Jacinto Lareo Jiménez.
🎶 Un dos momentos máis bonitos foi a peza de gaita galega interpretada por Sergio Sánchez González, alumno do Programa EMAU.
Parabéns a toda a XIV Promoción do Grao en RRLL e RRHH e ao alumnado do Programa EMAU por este importante logro! 👏
Universidade de Vigo
RRHH
06/07/2026
🎓⚖️ Graduación da XVII promoción do Máster en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social da
Hoxe poñemos en valor outro momento especial do curso académico na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo : o acto de graduación da XVII promoción deste Máster.
Un total de 22 persoas egresadas (19 mulleres e 3 homes) pecharon esta etapa de formación, nunha promoción con carácter internacional con dúas persoas que desfrutaron dunha bolsa da Fundación Carolina procedentes de Nicaragua e Panamá), e catro máis que contaron cunha bolsa (bolsas para a mocidade exterior) da Xunta de Galicia, procedentes da Arxentina e Uruguai.
✨ O acto estivo presidido polo decano da Facultade, Pablo Grande Seara, e contou coa intervención da coordinadora do Máster, Teresa Estévez Abeleira.
🎤 En representación da promoción interviron Noelia Solla Landesa e Uxía Calleja Martínez, compartindo a emoción dun día moi especial.
🙏 Un momento especialmente significativo foi a intervención de Ana Martínez Pereira, egresada do propio Máster, que compartiu a súa experiencia profesional na Fundación Lar Pro Saúde Mental.
🎓 A madriña da promoción, Marta García Mosquera, foi a encargada de realizar a imposición de bandas ás persoas graduadas.
✨ Un acto cheo de emoción, orgullo e futuro, no que alumnado, profesorado, familiares e amizades acompañaron o peche dunha etapa moi especial.
👏 Parabéns a todas as persoas graduadas.
25/06/2026
🎓⚖️ Graduación PCEO ADE–Dereito
Seguimos celebrando e gozando dun dos momentos máis especiais do curso académico: a graduación da VIII promoción do Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao en Administración e Dirección de Empresas e Dereito da Universidade de Vigo
Un acto no que o verdadeiro protagonista foi do alumnado, que pecha unha etapa de cinco anos de esforzo, aprendizaxe e crecemento na .
🙏 A promoción estivo acompañada por:
Francisco Soto Balirac, padriño da promoción
Natalia Torres Cadavid e Andrea Martínez Salgueiro, madriñas da promoción
🎤 E en representación do alumnado interviron Noa Cordido e Marco Rosendo.
✨ Un acto cheo de emoción, orgullo e futuro, no que se puxo en valor a formación interdisciplinar en ADE e Dereito.
👏 Parabéns a todas as persoas graduadas por este logro tan importante.
16/06/2026
🎓⚖️ Graduación do Máster en Xestión e Dirección Laboral
A pasada semana celebramos un dos momentos máis especiais do curso: a graduación do alumnado do Máster en Xestión e Dirección Laboral da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo .
Un día de emoción, orgullo e peche de etapa para quen hoxe dá o salto ao seu futuro profesional.
🙏 Parabéns a todas as persoas graduadas.
15/06/2026
Os días 18 e 19 de xuño, Vigo e Ourense acollerán o Seminario Internacional Menores, Vulnerabilidade e Xustiza: Respostas Procesais e Intervención Social, organizado pola Universidade de Vigo .
Unha cita imprescindible para profesionais, investigadores e estudantes do ámbito xurídico e social. 👏🏻🙌🏻
🔗 Acceso campus remoto dispoñible.