ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional

ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional

Compartir

Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Membro fundador da ENFO (European Network of Folk Orquestras).

Escola centrada na formación de afeccionados e profesionais no ámbito da música folk e tradicional con dous itinerarios diferenciados. Recolle a experiencia acumulada polo 1º Conservatorio de Música Tradicional creado en Galicia no ano 1996. Conta con 10 mestres que imparten 9 especialidades instrumentais: Arpa céltica, Acordeón diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Galega, Req

Photos from ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional's post 16/07/2026

🎻✨ TRAZA pechou por todo o alto a súa xira de concertos!
O pasado venres 26 de xuño, o Auditorio Municipal de Vigo acolleu a despedida desta xira coa comunidade educativa da ETRAD e coa cidadanía viguesa. Uxía, Xacobe, Alba e Daniel demostraron enriba do escenario que a tradición é, ante todo, un organismo vivo 🌱

Catro voces, catro instrumentos, unha soa convicción: a música galega non se garda nun caixón, faise camiño cada vez que se toca. Zanfona, requinta, guitarra acústica e voz tecendo texturas que van do modal máis puro á experimentación máis contemporánea 🎶

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta xira, e moitísimas grazas a TRAZA por deixarnos un percorrido tan fermoso! 💛

Photos from ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional's post 09/07/2026

🎤 FIN DE ESTUDOS EN CANTO POPULAR 🎤

O pasado 25 de xuño Uxia Fernandez Estevez despediuse das aulas da ETRAD cun fermoso Concerto de Fin de Estudos, co que remata a súa formación en Canto Popular.

Uxía comezou a súa andaina como pandereteira con tan só 3 anos, e dende entón non deixou de camiñar da man da nosa tradición oral. Por iso, para esta ocasión tan especial, quixo rodearse doutros músicos e, moi especialmente, doutras pandereteiras, entre as que se atopaban mestra e compañeiras do Grupo Etnográfico A Buxaina, en recoñecemento a un camiño compartido de aprendizaxe e tradición.

Un percorrido de toda unha vida, feito de traballo, constancia e amor pola nosa música, que deu froito nun emocionante concerto cheo de voz e memoria colectiva. Uxía forma parte tamén da sección de canto de SondeSeu Orquestra Folk de Galicia, levando así a súa voz máis alá das aulas da ETRAD.

Dende a ETRAD queremos felicitar a Uxía por este importante paso e agradecerlle o seu compromiso coa música tradicional galega. Que este sexa un paso máis nun longo camiño como cantareira! 🎶

Parabéns, Uxía! 👏👏👏

Photos from ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional's post 29/06/2026

🎶 Concerto de Fin de Estudos de Rubén Fernández 🎶

O pasado xoves vivimos na ETRAD un deses momentos especiais que quedan na lembranza. Co seu Concerto de Fin de Estudos, Rubén Fernández puxo o broche final á súa etapa formativa na aula de Gaita, compartindo co público un traballo cheo de sensibilidade, compromiso e amor pola nosa música.

Para esta ocasión tan sinalada, Rubén (que tamén é gaiteiro de SondeSeu Orquestra Folk) escolleu unha proposta cun marcado carácter tradicional: dúas gaitas, tambor e bombo, recuperando a sonoridade e o virtuosismo das formacións máis vencelladas á nosa tradición e ofrecendo un concerto de auténtico sabor galego, no que a música popular foi a gran protagonista.

Desde aquí queremos felicitar a Rubén por este emocionante concerto e por reivindicar a forza e a vixencia da nosa música tradicional. Desexámosche moita sorte no camiño que agora continúa. ¡Que a gaita siga acompañándote sempre! 💚🎶

Photos from ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional's post 25/06/2026

🎶✨ **A ETRAD despediu o curso sobre o escenario do Auditorio Municipal de Vigo** ✨🎶

O pasado 23 de xuño celebramos a nosa **Audición de Fin de Curso** no Auditorio Municipal de Vigo, unha cita moi especial na que alumnado e profesorado compartiron co público o traballo, a aprendizaxe e a ilusión dun ano enteiro.

Foi un encontro arredor da nosa música no que de novo puidemos comprobar que a tradición está ben viva grazas ao compromiso e á paixón de quen forma parte da nosa comunidade educativa.

Queremos das as grazas á Concellería de Educación do Concello de Vigo, ao persoal do Auditorio, a todas as persoas que nos acompañastes e, moi especialmente, ao noso alumnado e profesorado por facer posible unha xornada tan fermosa.

📸 Compartimos algunhas imaxes desta despedida de curso, que pecha un novo capítulo cheo de música e abre xa o camiño cara a novos proxectos e reencontros.

E isto non remata aquí! Hoxe continúan as actividades de fin de curso cos Concertos de Fin de Estudos de Uxía Fereste (Canto Popular), e de Rubén Fernández (Gaita), dúas novas citas para seguir celebrando a música, o esforzo e o talento da nosa comunidade.

Grazas por formar parte da familia da ETRAD. Vémonos na música! 💚🎻🪗🎵

AUDICIÓN DE FIN DE CURSO 2025-2026. Auditorio Municipal de Vigo. Martes 23 de xuño. 18:00 h. Entrada libre e de balde ata completar capacidade | Novas | Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional 22/06/2026

🎶 AUDICIÓN DE FIN DE CURSO DA ETRAD 🎶
O vindeiro martes 23 de xuño ás 18:00 h, o Auditorio Municipal de Vigo acollerá a gran festa de peche do curso 2025-2026 da ETRAD.
Centos de alumnas e alumnos das especialidades de Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto con Música e Movemento, Conxuntos Instrumentais e Aulas Abertas, compartirán co público unha mostra do traballo realizado ao longo do ano.
Un encontro para celebrar a música, a aprendizaxe, a convivencia e a paixón pola nosa tradición.

📍 Auditorio Municipal de Vigo�📅 Martes 23 de xuño�🕕 18:00 h�🎟️ Entrada libre e de balde ata completar aforamento
Vinde g***r connosco desta gran festa musical! 🎻🪗🎶

AUDICIÓN DE FIN DE CURSO 2025-2026. Auditorio Municipal de Vigo. Martes 23 de xuño. 18:00 h. Entrada libre e de balde ata completar capacidade | Novas | Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional Na ETRAD despedimos o curso 2025-2026 cun dos momentos máis especiais do ano: a nosa tradicional Audición de Fin de Curso, que terá lugar o vindeiro mart...

Photos from ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional's post 22/06/2026

Claudia Abril abriu os Concertos de Fin de Estudos da ETRAD.

O pasado mércores 17 de xuño, o Auditorio Milladoiro encheuse para vivir o concerto de fin de estudos de Claudia Franco Abril, alumna da especialidade de Canto Popular. Un repertorio seleccionado tema a tema pola alumna, moita emoción enriba do escenario... e o cariño de todo o público que a acompañou nun momento moi sinalado.

Claudia chegaba a esta cita despois dun ano intenso, no que recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Folk coa formación Abril, xunto a Marina Carpente.

Esta foi só a primeira cita dun programa que continúa os días 23, 25 e 26 de xuño, coa audición de fin de curso (mañá martes), máis concertos de fin de estudos (día 25) e o concerto do alumnado do 2º curso de Nivel Avanzando o día 26. Non vos perdades estas datas!

Deixámosvos aquí algunhas imaxes desta tarde tan especial.

18/06/2026

🎶 Hoxe é o día! Ven descubrir a música tradicional galega na ETRAD 🎶

Esta tarde abrimos as portas da escola para que poidas coñecer de preto os nosos instrumentos, o profesorado e o proxecto educativo da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo.

🕕 18:00 h – Recepción e mostra de instrumentos
🕡 18:30 h a 20:00 h – Proba libre de instrumentos

Poderás achegarte á arpa céltica, ao acordeón diatónico, á gaita, á zanfona, ao violín folk, á requinta, á percusión tradicional e moito máis. Ademais, os máis pequenos tamén poderán coñecer a aula de Música e Movemento.

📍 Auditorio Milladoiro da ETRAD
🎟️ Actividade gratuíta e aberta a persoas de todas as idades

Se algunha vez pensaches en aprender música tradicional, esta é unha magnífica oportunidade para probar, preguntar e deixarte sorprender.

Agardámoste esta tarde para vivir a música tradicional galega desde dentro! ✨

Photos from ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional's post 17/06/2026

🎻✨ O pasado venres celebramos na ETRAD a audición da Aula de Violín Folk, unha das citas que marcan esta recta final do curso e que nos permiten compartir co público o traballo desenvolvido ao longo de todo o ano.

Da man do seu profesor, Alfonso Franco, o alumnado ofreceu unha mostra do aprendido durante estes meses, interpretando pezas nas que quedaron reflectidos o esforzo, a dedicación e o crecemento musical de cada un dos participantes. Foi unha tarde de melodías, emocións e momentos para celebrar o camiño percorrido.

Parabéns a todo o alumnado polo magnífico traballo realizado, e o noso agradecemento ás familias, amizades e persoas achegadas que nos acompañaron e arrouparon con tanto cariño. Grazas tamén á Biblioteca da Emao, pola súa disposción para permitirnos acaparar este espazo durante case dúas horas.

📸 Compartimos algunhas imaxes desta fermosa xornada de música tradicional e aprendizaxe.

🎶🍀

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Página web

Dirección


R/García Barbón 5
Vigo
36201