23/01/2025
Chega un momento vital para as familias con crianzas nadas no 2022.
Somos conscientes de que buscades o mellor lugar para comenzar a súa etapa educativa.
Estaremos encantadas de compartir a nosa mirada pedagóxica
Tamén coñeceredes as nosas instalacións e aclararemos posibles dúbidas.
ESCOLA PÚBLICA, con longa traxectoria no barrio de Coia. Contamos cun equipo docente experimentado e comprometido, que fai da confianza e do trato a súa prioridade, porque sabemos que educar é algo mais que ensinar; é acompañar a cada cativo e cativa no seu camiño de crecemento.
25/10/2024
Na marabillosa labor de crianza, estamos para traballar xuntas.
A escola e a familia formamos o mellor equipo.
O Departamento de Orientación queda á disposición das familias para o asesoramento e colaboración.
10/10/2024
⚠️ATENCIÓN⚠️ Convocatoria aberta a toda a cidadanía!
MANIFESTACIÓN de protesta:
MÉRCORES 16 de OUTUBRO 2024
19:00 horas
SAÍDA DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ
Comparte, espalla e ACUDE!!!
14/08/2024
Vai a este enlace para obter toda a información e solicitar as axudas:
https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=327
16/06/2024
☀️🌼🌲🌳
Esta semana puidemos desfrutar do patio da herba.
Como nos gusta!
28/05/2024
🎻LETRAS GALEGAS 2024🎻
A semana pasada visitamos o Centro Comercial Coia 4 , do noso barrio, para agasallar aos comerciantes e clientes cuns poemas que traballamos na escola polo Día das Letras Galegas.
Ademais, quedaron escritos nuns violíns en homenaxe a Luisa Villalta, que agora locen no noso patio.
05/04/2024
Esta mañá tivemos a sorte de recibir a unha atleta olímpica da nosa cidade, Ester Navarrete, que participará nos Xogos Olímpicos París 2024 no maratón. Aprendimos moito do seu deporte e puidemos ver de cerca medallas, zapatillas de deporte e dorsais que utilizou algunha vez. E ademais, fixemos unha pequena carreira pola escola con ela!
Agasallámola cun chaveiro personalizado para que poida escoitar os nosos ánimos antes do importante día.
Moitas grazas Ester, foi un privilexio; e moita sorte!
06/03/2024
⚽ ENCONTROS OLÍMPICOS: FÚTBOL
Alex e Anita, xogadoras do , preparáronnos unha sesión de entrenamento moi profesional, da que desfrutamos moitísimo. Repasamos e aprendimos cousas sobre o fútbol, aproveitando tamén a semana do 8M para por en valor a figura da muller nos deportes.
Graciñas por vir!
27/02/2024
📅CALENDARIO DE ADMISIÓN 24-25