07/10/2026
🍁HORTAS ESCOLARES🍁
Xa comezamos as nosas hortas escolares!
Hoxe foi o primeiro día para unha nova escola que se una a nosa rede de hortas, neste caso trátase do CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos.
Foi unha xornada de coñecernos, familiarizarnos cos términos e ritmos da horta, coas tarefas que imos a facer ao longo do curso, e de traballar os bancais para deixalos listos para as plantacións de outono.
Tamén activamos o composteiro e cos mais pequeniños estivemos recollendo follas secas das árbores da escola para despois botalas dentro do composteiro.
A mañá foi moi proveitosa!