04/10/2026
O House marcou o inicio da cultura de Clubbing no Chicago dos 80. A música apareceu como unha evolución da música disco, e o baile fluía en espazos libres e diversos nos que a comunidade latina e afroamericana LGBTQ+ atopábase segura e cómoda. Durante as clases trabállanse os fundamentos do estilo, deixando espazo á improvisación, que é clave para conectarse coa comunidade.
Imparte Yoandres Rivas , bailarín, coreógrafo e docente con ampla traxectoria internacional como competidor e xurado. Destaca pola súa disciplina, paixón polo baile e o seu compromiso coa evolución des súes alumnes.