11/07/2023
Moi boas! A Academia Compás muda de direción e pasa a estar baixo a man de Rosanna Ojea.
Foron tres anos moi bonitos e cheos de aprendizaxes. Estarei eternamente agradecida con todxs vós, por ter confiado nas miñas ensinanzas.
Continúo o meu camiño pola música en activo, co dúo que conformo en Fillas de Cassandra . É unha sorte poder elixir facelo e penso que é o momento.
Co tempo, entendín que as clases non soamente son traballo, un traballo precioso pero traballo ao fin e ao cabo, senón que son unha fonte incesante de aprendizaxe na miña vida é un pracer as veces inigualábel. É por iso que ainda que este ano tomarei distancia co que as clases se refire, manterei esta páxina aberta para futuros proxectos que realice (a medio corto prazo) e intrusións no mundo da ensinanza, deixando tamén o meu contacto para calquera consulta o proposta.
Unha aperta larga e con moito agarimo.
No seguinte enlace podedes seguir a nova páxina da Academia.
https://www.facebook.com/profile.php?id=100094287894675