CIFP Audiovisual de Vigo

CIFP Audiovisual de Vigo Para facer consultas sobre os ciclos chamen ao 886 111 152

No CIFP Audiovisual de Vigo, EAV, impártense actualmente os ciclos superiores de Son (modalidade ordinaria e modular a distancia), de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (modalidades ordinaria e modular), o CS de Realización de Audiovisuais e Espectáculos (modalidades ordinaria e modular), o CS de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe (modalidades ordinaria e modular), o CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos (modalidade ordinaria), o CM de Video DJ e Son (modalidade ordinaria) e o Máster FP de Audiodescripción e Subtitulado.

🎬 O noso alumnado segue conectando coa industria! 🚀2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos acudiu as sesións adic...
25/09/2026

🎬 O noso alumnado segue conectando coa industria! 🚀

2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos acudiu as sesións adicadas ao sector profesional do Galician Freaky Film Festival 🧟‍♂️🍿

📢 Alí puideron g***r dunha masterclass sobre distribución audiovisual a cargo de de , seguida dunha fantástica mesa redonda xunto a .gallego.gordillo de e de

Foi un auténtico luxo poder aprender de grandes profesionais que compartiron os secretos do seu oficio! ✨ Noraboa ao pola organización e mil grazas pola acollida! 🙌

Ata a próxima! 🖤📽️

⚠️ Queda unha praza libre no CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos de 1º de mañá para o curso 2026-27. Se estab...
24/09/2026

⚠️ Queda unha praza libre no CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos de 1º de mañá para o curso 2026-27. Se estabas agardando ou che interesa incorporarte, este é o momento.

Adxudícanse por orde de chegada. Pregunta en administración do centro pola dispoñibilidade nese intre.

💡 Tes unha idea que pode ser un proxecto? Lévaa ao Smart-Up Galicia!Presenta a túa idea nun stand propio, defende o teu ...
24/09/2026

💡 Tes unha idea que pode ser un proxecto? Lévaa ao Smart-Up Galicia!

Presenta a túa idea nun stand propio, defende o teu pitch ante un xurado profesional e conecta con empresas do sector. Hai unha categoría específica para FP, cun bono formativo de 2.000 € 🏆

📍 Cidade da Cultura, Santiago
🗓️ 29 de outubro · 10:00
⏳ Inscrición ampliada ata o 9 de outubro

Bases e inscrición: No QR code da imaxe

📢 AVISO · PRAZAS LIBERADAS E AMPLIACIÓN DE PRAZO🗓️ Ata o 25 de setembro ás 13:00 hPrazas dispoñibles en:🎥 Ciclo Superior...
23/09/2026

📢 AVISO · PRAZAS LIBERADAS E AMPLIACIÓN DE PRAZO
🗓️ Ata o 25 de setembro ás 13:00 h
Prazas dispoñibles en:
🎥 Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos
💻 Algúns módulos dos ciclos en modalidade a DISTANCIA
⚠️ As prazas asígnanse por orde de chegada.
ℹ️ Toda a información: https://www.edu.xunta.gal/.../admision-fp-2026-2027...
❓ Pregunta en conserxería sobre a dispoñibilidade actualizada.

Un documental dirixido por un antigo alumno da EAV estréase no Festival de Sitges.Josiño Araújo cursou Produción de Audi...
22/09/2026

Un documental dirixido por un antigo alumno da EAV estréase no Festival de Sitges.

Josiño Araújo cursou Produción de Audiovisuais no noso centro hai algo máis dunha década. Hoxe é escritor e cineasta, traballa na distribuidora Youplanet e dirixe e produce «Bar Boo», o documental sobre Luis Bar Boo (Vigo, 1927-2001): o actor especialista galego con máis percorrido internacional.

A estrea será no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, que celebra a súa 59ª edición do 8 ao 18 de outubro. O 22 de outubro chegará a Vigo, nunha xornada especial do Galicia Freaky Film Festival.

Parabéns a Josiño e a todo o equipo: Miriam P. Álvarez na produción, Rubén di Groovie na dirección de fotografía e Xavier Bértolo na banda sonora.

Noticia completa en:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2026/09/14/sitges-acolle-estrea-do-documental-bar-boo-leva-maior-actor-especialista-galego-ao-papel-principal/00031789414082767736299.htm

Na semana previa á inauguración do Galician Freaky Film Festival (17-26 setembro), tivemos a fortuna de contar coa prese...
17/09/2026

Na semana previa á inauguración do Galician Freaky Film Festival (17-26 setembro), tivemos a fortuna de contar coa presenza de parte do equipo organizador.

O luns tivo lugar, no teatro da escola, a presentación da que será a décima edición do certame, coa presenza da subdirectora, Miriam P. Álvarez, e Winston, “O Vengador Tóxico”.

O martes, Miriam, en compaña de Rubén Domínguez, axudante de produción, achegouse á aula de Produción (quenda de tarde) para compartir coñecemento e experiencia na xestión deste festival. Nun coloquio de gran valor divulgativo que acabou por converterse en conversa, Miriam e Rubén ofreceron a súa sabedoría nun encontro con carácter iniciático, compartindo coñecementos e experiencias que serviron de punto de partida para o proceso formativo do alumnado de primeiro.

Hai xente que non sae nos créditos, pero sen ela non hai película.Este mes despídense do centro Begoña e María, da conse...
14/09/2026

Hai xente que non sae nos créditos, pero sen ela non hai película.

Este mes despídense do centro Begoña e María, da conserxería, e María, da administración. Entre as tres suman moitísimos anos abríndonos a porta cada mañá, resolvendo o imposible a última hora, sabendo onde estaba cada chave, cada papel...

Grazas por coidarnos tan ben durante todo este tempo.

Que vos vaia moi bonito. Aquí tedes sempre a vosa casa. 💙

⏳ Últimos días: matrícula das FEM e do PROXECTO ata o 15 de setembro ás 13:00 hXá podes matricularte nas prácticas FEM (...
09/09/2026

⏳ Últimos días: matrícula das FEM e do PROXECTO ata o 15 de setembro ás 13:00 h

Xá podes matricularte nas prácticas FEM (antiga FCT) e no módulo de PROXECTO. O prazo pecha o 15 de setembro ás 13:00 h.

Quen se pode matricular:
✔️ Alumnado que cursou 2.º o curso pasado, en réxime ordinario, modular ou a distancia
✔️ Alumnado que ven doutros centros

📍 A matrícula é presencial, na secretaría do CIFP Audiovisual de Vigo.

Se tes dúbidas sobre a túa situación, pregunta en administración do centro. Non o deixes para o último día.

⚠️ Quedan 2 prazas libres no CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos de 1º de mañá para o curso 2026-27. Se estab...
09/09/2026

⚠️ Quedan 2 prazas libres no CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos de 1º de mañá para o curso 2026-27. Se estabas agardando ou che interesa incorporarte, este é o momento.

Adxudícanse por orde de chegada. Pregunta en administración do centro pola dispoñibilidade nese intre.

Máis información sobre isto >> https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-2026-2027-prazas-liberadas

📣 PRESENTACIÓN DO CURSO 2026-27🗓️ Mércores, 9 de setembro📍 Teatro da EAVRÉXIME ORDINARIO — Quenda de mañá• 1º curso: 11....
04/09/2026

📣 PRESENTACIÓN DO CURSO 2026-27

🗓️ Mércores, 9 de setembro📍 Teatro da EAV

RÉXIME ORDINARIO — Quenda de mañá
• 1º curso: 11.30 h
• 2º curso: 12.30 h

RÉXIME ORDINARIO — Quenda de tarde
• 1º e 2º curso: 16.00 h

MODULAR (presencial e distancia)
• 16.30 h

DUAL INTENSIVA
• 16.30 h, na aula de 1º de Son (primeiro andar, ao final do corredor á esquerda), co titor e a dinamizadora de FP Dual Intensiva do centro.

Despois da presentación no Teatro a cargo do equipo directivo, cada grupo terá a súa xornada de acollida na aula coa titoría.

ℹ️ Alumnado de distancia: a presentación tamén se colgará na aplicación de fpadistancia (apartado Titoría) o día 10, onde se abrirá un foro de preguntas e respostas.

Agardámosvos!

Dirección

Calle Eduardo Cabello, S/N
Vigo
36208

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Teléfono

+34886111152

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP Audiovisual de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CIFP Audiovisual de Vigo:

Atajos

Compartir

Categoría