13/05/2026
Familias! Comezou maio, un mes moi especial, cheo de cor, de flores, de música e de literatura. E nós celebrámolo cunha fermosa festa: SERÁN DAS FLORES E AS LETRAS 🌸🔠
🗓️ VENRES 15 de MAIO
🕓16:00 h
📍 Patio do AULARIO
Precisamos da vosa colaboración:
- o XOVES 14 ás 16:00 h quedamos no local da ANPA para preparar o maio 🪻
- Precisamos que traiades fiuncho e fentos 🌿
🎼Contaremos coa actuación do grupo de pandereteiras LUMIEIRAS e encargaranse de facer un obradoiro para o que é preciso que traiades algunha PANDEIRETA de xoguete que teñades.
Non faltedes 😊