05/10/2026
🔬 Diferentes ferramentas para entender mellor os ecosistemas costeiros e os seus recursos.
As investigadoras de Celia Olabarria, Bárbara Ríos e Marta Román participaron nas VIII Xornadas Etnográficas do Morrazo no Concello de Moaña para dar a coñecer como investigamos a diversidade mariña e os procesos que determinan onde e como viven as especies.
🪨 Achegaron ao público desde o estudo dunha especie de gran valor comercial como o percebe para ver como as diferenzas nos hábitats rochosos afectan á súa cantidade ou tamaño ata o traballo experimental ou o uso de novas técnicas de detección remota para cartografar a súa distribución e seguir a súa evolución no tempo.
Tres formas de mirar o litoral para xerar coñecemento útil sobre a súa biodiversidade e os seus recursos.
Universidade de Vigo