01/10/2026
A EEI estivo presente nesta gran celebración da ciencia cunha ampla participación na que contamos con:
🔹 Persoal investigador do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática 🤖
🔹 Persoal investigador do Departamento de Enxeñaría dos Materiais 🧱
🔹 Delegación de Estudantes da EEI 🎓
🔹 Asociación CES UVigo 🤝
🔹 Asociación SpaceLab 🚀
🔹 Xanel, subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da EEI 👩💼
A través de demostracións, proxectos e actividades, compartiron co público como a enxeñaría, a investigación e a innovación contribúen a mellorar o noso día a día💡⚙️
Pero o máis importante foi o encontro coas persoas: infancia, mocidade e público adulto que se achegaron para descubrir, preguntar e deixar espertar a súa curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía. 👧🧒🔍
Grazas a todas as persoas que representaron á EEI e contribuíron a achegar a ciencia á sociedade e a espertar novas vocacións científicas e tecnolóxicas 💙👏🌟