30/04/2026
No marco do proxecto intermodular de 1º de FP de Integración Social compartimos un encontro con 6 persoas en situación de atención humanitaria atendidas por Accem en Bueu.
O alumnado investigou sobre os países de orixe (Mali, Mauritania, Senegal e Gambia) e puxo estas realidades en relación coa historia migrante de Galicia, para ter unha perspectiva comparada.
Ademais, o alumnado tamén organizou unha acollida cálida con dinámicas que facilitaron o coñecemento mutuo, o diálogo e, sobre todo, a escoita.
Porque migrar non é unha elección libre. É, moitas veces, a única saída ante situacións durísimas.
Nun contexto no que medran os discursos de odio e a xenofobia, poñer rostro e voz a estas historias é máis necesario ca nunca. E tamén lembrar que nós tamén fomos —e somos— pobo migrante.