Bo día a todxs! Nesta ocasión queremos informar de que non nos veremos nos micros abertos deste mes de maio, xa que non se poderán realizar. Desculpádenos por este contratempo, prometemos máis e mellor a comezos do próximo curso!
E para aliviar un pouco a pena, traemos tamén boas novas. Achégase unha foliada! Estade atentxs á páxina, porque publicaremos proximamente a data. Será a última deste curso e aproveitaremos para despedirnos. Non faltedes!
Asociación Trabalingua
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación Trabalingua, Vigo.
Asociación aberta de estudantes da Universidade de Vigo que queren poñer en valor a lingua e a cultura propias galegas, sen dependencia de ideoloxías ou organizacións de calquera índole Asociación aberta de mozos e mozas da Universidade de Vigo que queren poñer en valor a lingua e cultura proprias galegas...
Síguenos e colabora! :)
Porque falar galego mola ;)
Hoxe queremos compartir convosco esta iniciativa de crowdfounding para que a casa do poeta Díaz Castro de Guitiriz, homenaxeado hai un par de anos no Día das Letras Galegas, siga en pé e poida dar acubillo ás ideas da xente da Terra Chá e de toda Galicia.
Salvemos a casa de Díaz Castro Proxecto para recuperar a Casa de Díaz Castro
08/05/2017
Grazas a todos os que vos pasastes pola foliada a cantar, tocar, bailar ou simplemente pasar un bo rato. Quedastes con ganas de máis? Nós si é xa estamos pensando na seguinte :-)
02/03/2017
Aquí vos deixamos as fotos dos últimos micros abertos onde participaron dous Xenerais da Ulla e un centinela da parroquia de San Vicenzo de Bama, Touro. Esta xente do Entroido de Bama achegouse ata Vigo para mostrarnos a todos o que é un alto ou atranco.
Grazas a todos os que viñestes ata o Café de Catro a Catro o pasado xoves, agardamos que pasarades un bo rato e que vos queden ganas de repetir. Lembrade, o último xoves de cada mes tedes unha cita cos micros abertos de Trabalingua.
Fotos dos micros abertos onde participaron xenerais da Ulla do Entroido de Bama
02/03/2017
Fotos dos micros abertos onde participaron xenerais da Ulla do Entroido de Bama
04/02/2017
Aquí vos deixamos as palabras da nosa expresidenta Chorima Lucecú hai uns anos no Sermos Galiza.
''A nosa identidade está chea de prexuízos e atópase nunha situación crítica'' Desde abril de 2009 o campus universitario de Vigo conta cunha asociación que está a traballar a reo no fomento e posta en valor da cultura e da lingua galegas: a asociación Trabalingua. O que fan cóntanolo Antía Veres, unha das súas socias, nesta conversa.
20/01/2017
Mañá ás nosas amigas de Gargamala organizan unha foliada. Estades todxs convidadxs!
30/11/2016
Comezamos o mércores descargando a aplicación de refraneiro galego!
Centos de anos de sabedoría popular caben todos no teu móbil. Coa app REFRANEIRO GALEGO máis de 10.000 refráns sobre calquera tema que se che ocorra, recollendo experiencia, enxeño e tamén bo humor ;) Para iOS e Android en
http://portaldaspalabras.gal/ligazons/
Acabamos de descubrir esta iniciativa marabillosa!
Youtubeiras
📲 Iniciativa para a promoción do talento en galego nas redes.
✨ 9ª edición.
🔗 linktr.ee/Youtubeiras
Xuntanza de voces e guitarras!
Mañá, martes 29 de novembro, ás 20h na Cova dos Ratos en Vigo haberá unha homenaxe a Silvio Rodríguez!
Aquí vos deixamos unhas palabras-anuncio do noso amigo Pipas
setenta outonos de silvio | envolventes as palabras Degree with six years of intensive studies followed by usually three or four years of residency as a major specialty in a particular empiric field, consisting of internships, social services and sporadic research. Only by holding a Medical Title can the postgraduate student apply for the Doctor degr...
24/11/2016
Para días de choiva!
Canto te quero, avoíña! Que bo es, avoíño! Benquerida amiga, prezado amigo: Raro é o día que non nos atopamos pola rúa, entre que estamos x...
16/11/2016
Lembrádesvos de Beehive Vigo? Tivemos a sorte de ter a estas mulleres bravas presentando o seu primeiro espectáculo, TIEMBLA, nos micros abertos de Trabalingua!
Este sábado volven co seu novo proxecto, BEN RAÍZ, para formar parte de Festival Nun Local!
Trabalingua estará alí!
Beehive sábado 19 de noviembre - 19:30 (EL PISTÓN)
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Vigo