CPR Daniel Castelao

CPR Daniel Castelao Somos un colexio concertado de formación profesional ubicado no centro de Vigo.

O noso centro é unha escola de formación profesional fundada en 1976 para responder á crecente demanda de estudantes que non querían asistir á universidade, pero querían aprender unha profesión. atópase no centro de vigo, a cidade industrial máis grande de galicia, con 350.000 habitantes e en cuxa indrustria destacan a fabricación de automóbiles, comercio, manufactura naval, pesca e servizos.A escola, asemade, organiza cursos de formación para desempregados (afd) como centro colaborador da consellería de traballo da xunta de galicia.As linguas están sempre presentes na nosa oferta educativa. Somos centro plurilingüe recoñecido pola Xunta de Galicia, e participamos no programa CLIL de seccións bilingües de inglés en cinco das nosas catorce aulas.As nosas familias profesionais dan resposta ás necesidades do noiso entorno, como son administración e xestión, informática e programación e electricidade e electrónica.Ofrecemos aos nosos alumnos actividades extraescolares cas que completar a súa formación reglada, cursos de comercio electrónico e deseño de páxinas web, servizos na nube, programación estructurada, habilidades comunicativas en galego e deseño de prototipos electrónicos, ademáis de cursos de idiomas.para incrementar dimensión europea do centro, dende o 2002, participamos en distintas accións que axudan á nosa internacionalización.

06/10/2026

Lembra que mañá pola tarde haberá unha oportunidade para compartir experiencias con Pedro García Aguado no Auditorio de Teis grazas a 🥳

02/10/2026

Imaxinas rematar o teu ciclo na FPBásica ou Ciclo Medio e comezar a túa carreira profesional traballando nunha empresa en Europa? 🇪🇺✨

A FP no Daniel Castelao non ten fronteiras! Onte estivemos na Xornada Erasmus+ da Deputación de Pontevedra baixo o lema «Tender pontes con Europa desde a FP».

Grazas a este Consorcio, o noso alumnado de FP ten a oportunidade de realizar prácticas profesionais en Europa unha vez titulado. Durante o evento puidemos escoitar as testemuñas directas dos centros coordinadores e do propio alumnado beneficiario, que nos contaron de primeira man como esta experiencia internacional lles abriu as portas do mercado laboral e transformou o seu futuro profesional.

Dende resolver retos tecnolóxicos e dixitais ata xestionar proxectos en contornas internacionais: Europa e o teu éxito laboral agardan por ti! 💼🔥

📱 Sentes que as pantallas e o móbil están gañando a partida na casa ou na aula? É hora de tomar o control! 💡   Como cent...
01/10/2026

📱 Sentes que as pantallas e o móbil están gañando a partida na casa ou na aula? É hora de tomar o control! 💡

Como centro pertencente a CECE Galicia, queremos convidar a toda a nosa comunidade educativa (familias, profesorado e alumnado) a unha cita imprescindible no noso barrio de Teis. O próximo mércores 7 de outubro, de 17:30 a 19:00 h, o Auditorio do Centro Cívico de Teis acolle a charla de prevención de adiccións dixitais do Proxecto FES, coñecida e impartida por Pedro García Aguado. Unha oportunidade única para aprender a facer un uso saudable e responsable da tecnoloxía no noso día a día.

A entrada é aberta a todo o público! Escanea o código QR do cartel para inscribirte e asegurar a túa praza. Contamos contigo para seguir construíndo un futuro dixital con cabeza! 🙌✨

29/09/2026

Traemos novas dende Madrid (e coa mirada posta en Bruxelas e Estrasburgo)! 🇪🇺✨ A nosa directora, Elena Lago, estivo nas xornadas das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (EPAS) na Universidade de Alcalá e xa temos connosco a placa oficial do proxecto. 🏆

É o noso segundo ano formando parte desta iniciativa europea, e esto significa algo moi claro para ti: máis oportunidades, máis proxectos internacionais e unha formación que te conecta directamente co que se move fóra. A túa carreira non ten límites, e dende o Castelao dámosche as ferramentas para demostralo. 🔥

Garda este post e mantente atento/a a todo o que vén este curso co proxecto .

26/09/2026

Prácticas internacionais e intercambio de talento? Axenda europea a tope! ✈️🌍 A nosa coordinadora de proxectos europeos, María Mantilla, non parou! 🧳✨Despois de estar nas Xornadas Erasmus+ do SEPIE en Toledo, puxo rumbo a Madrid para a xuntanza do Consorcio de Comercio Internacional KA171 no IES El Lago.

Alí reuniuse cos nosos socios de centros de toda Galicia e España para coordinar algo moi top: as vindeiras mobilidades entrantes e saíntes tanto para alumnado como para o persoal do centro! 🔄👏

Que supón isto para ti se estudas un Ciclo Superior no Castelao (DAM, ASIR, Administración e Finanzas...)? 💻📊Significa que terás a oportunidade de resolver retos tecnológicos e empresariais reais no estranxeiro, vivir unha experiencia persoal inesquecible e construír un perfil profesional ultra competitivo para conseguir traballo ben remunerado nada máis darlle ao play ao teu futuro.

Preparado/a para vivir unha experiencia internacional e levar o teu currículo a outro nivel? 🚀

+

23/09/2026

Sabías que podes facer as túas prácticas do Ciclo Superior noutro país de Europa? 🌍✈️

Non paramos! A nosa coordinadora de proxectos europeos, María Mantilla, estivo en Toledo nas Xornadas de Mobilidade Erasmus+ de Educación Superior organizadas polo

Foron dúas xornadas a tope de información onde se definiron as liñas clave para a mobilidade de estudantes do curso 2026: novas oportunidades para estancias no estranxeiro, ferramentas de dixitalización, melloras no reconecementos de prácticas con Europass e novas estratexias de inclusión. Imaxinas resolver problemas de redes, programar software ou xestionar a contabilidade dunha empresa en calquera cidade europea? 💻💶

Traballar nun contorno internacional é o impulso definitivo para o teu currículo e a clave para acceder a postos ben remunerados nada máis rematar no Castelao.

Atentos ás vindeiras convocatorias de mobilidade, porque este ano veñen cargadas de novidades! 🚀

Esquece a Carta de Hogwarts... O billete máxico máis importante de Vigo ten parada no CPR Daniel Castelao! 🚂✨ Chegou o m...
02/09/2026

Esquece a Carta de Hogwarts... O billete máxico máis importante de Vigo ten parada no CPR Daniel Castelao! 🚂✨ Chegou o momento de arrancar o Curso 2026/2027! Se queres dominar a tecnoloxía, os sistemas, as finanzas ou a electricidade, o teu “conxuro” é a Formación Profesional.
Anota ben o día e a túa hora de presentación para este Mércores 9 de setembro:
⏰ HORARIOS:
11:00 h ➔ Ciclos Medios (Xestión, Instalacións, SMR) e Superiores de mañá (Admin. e Finanzas, DAM)
12:30 h ➔ FP Básica (Electricidade e Servizos Administrativos)
17:00 h ➔ CS ASIR (Sistemas en Rede - Tarde)
Prepara a túa mochila e comeza a construír o teu futuro profesional connosco! 🎒⚡ Se tes dúbidas, contáctanos!
Forget the Hogwarts letter—your most important ticket in Vigo is at CPR Daniel Castelao! 🚂✨
The 2026/2027 school year starts this Wednesday, September 9. Join our VET courses to master technology, systems, finance, or electricity.
Pack your bag and start building your future with us! 🎒⚡ Contact us if you have any questions.

31/07/2026

Botamos o peche por vacacións! 🏖️✨

Chegou finais de xullo e as community managers do CPR Daniel Castelao colgamos o cartel de “fóra de servizo”. Toca apagar as pantallas, cambiar os apuntes polo bañador e desfrutar do verán como se merece! ☀️🕶️

Queremos desexarvos a todos e todas unhas vacacións incribles. O noso consello de hoxe? Desconexión dixital total! Deixade o móbil un bocado de lado, cargade as pilas, ide á praia (ou á piscina) e gozade do sol. 🌊🌴

Peroooo... un momentiño! Non vos despistedes de todo. Que non se vos pase de longo botarlle un ollo aos prazos de inscrición dos nosos ciclos: toda a información e avisos os tedes no IG do noso centro. Porque queremos vervos de volta en setembro con toda a enerxía! 🎒💪

Agora si: Feliz verán a tod@s! Vémonos á volta! 🥂👋
We’re officially on vacation! 🏖️✨

Late July has arrived, and it’s time for the CPR Daniel Castelao team to disconnect, recharge, and enjoy the summer sun! ☀️🕶️

We wish you all an amazing holiday. Remember to take a break from your screens, but don’t forget to keep an eye on our Instagram for enrollment deadlines and updates regarding our programs. We want to see you back in September with batteries fully charged! 🎒💪

Have a wonderful summer, everyone! See you soon! 🥂👋

28/06/2026

O futuro da FP é diverso, libre e sen etiquetas! 🛠️💻⚡

Hoxe, 28 de xuño, celebramos o Día Internacional do Orgullo LGBTQIA+. Pero máis alá das cores e da festa, hoxe é un día para reivindicar. Reivindicar que ningunha persoa teña que agochar quen é, nin no seu instituto, nin no seu futuro posto de traballo, nin en ningún lugar do mundo.

Nas nosas aulas e obradoiros formamos profesionais, si, pero sobre todo formamos persoas. E unha sociedade moderna non pode dar un paso atrás en dereitos nin en igualdade. A homofobia, a transfobia e calquera tipo de discriminación non teñen espazo aquí.

📢 O noso compromiso: Facer do noso centro un espazo 100% seguro onde poidas ser, amar e expresarte con total liberdade. O talento non entende de xéneros nin de orientacións.

Móstrate tal e como es. Con orgullo, hoxe e todos os días do ano! 🏳️‍⚧️✨
The future of VET is diverse, free, and proud! 🏳️‍🌈⚡
Today, we celebrate International LGBTQIA+ Pride Day. Beyond the colors, today is about equality and action. No one should ever have to hide who they are—not in class, not at work, not anywhere.
📢 Our commitment: A 100% safe space to be, love, and learn in total freedom. Talent knows no gender or labels.
Be proudly you, today and every day! 🏳️‍⚧️✨

23/06/2026

Bruxas, meigas e... moita xente con ganas de festa! 🧙‍♀️🔥
Hoxe é Noite de San Xoán e toca cumprir co ritual:
1️⃣ Comer sardiñas ata que che cheiren as mans tres días.
2️⃣ Saltar a fogueira (se o fas de 7 ou de 9 veces xa depende do nivel de esaxeración s teus amig@s).
3️⃣ Durmir mañá ata as dúas da tarde porque o corpo xa non está para madrugóns de clases.
Rematado este curso de FP no CPR Daniel Castelao, estades máis que list@s para queimar o malo e pedir desexos para o futuro. Que o lume vos dea toda a enerxía que vos quitou a entrega de notas e a lectura de proxectos de fin de ciclo! 🦾✨⚠️ Consello de hoxe: O lume queima, pero o sol de mañá despois de trasnoitar, tamén. Coidádevos moito! A pasar unha noite incrible!
Witches, bonfires, and a lot of partying! 🧙‍♀️🔥 It’s San Juan’s night!
Time to eat sardines, jump the fire, and sleep in tomorrow. Now that this VET course at CPR Daniel Castelao is over, you’re ready to burn the bad vibes and look to the future. May the fire recharge the energy that finals and final projects took from you! 🦾✨

Dirección

Avenida García Barbón 48-50, Interior
Vigo
36201

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:50
Martes 08:30 - 21:50
Miércoles 08:30 - 21:50
Viernes 08:30 - 21:50

Teléfono

+34986442121

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CPR Daniel Castelao publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CPR Daniel Castelao:

Compartir

Categoría