Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Compartir

Información de cursos y ofertas de trabajo

25/07/2026

💙🤍 Feliz Día de Galicia! 💙🤍

Hoxe celebramos a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e todo aquilo que nos fai únicos.

Galicia é mar, montaña, tradición, esforzo e futuro. É o orgullo de pertencer a unha terra que leva séculos mirando ao horizonte sen esquecer as súas raíces.

Que nunca deixemos de sentir o orgullo de ser galegos e galegas.

16/07/2026

🌊✨ Hoxe, 16 de xullo, celebramos o Día da Virxe do Carmen, patroa do mar e protectora das xentes mariñeiras.

Unha xornada para honrar a nosa tradición, lembrar ás persoas que viven do mar e agradecer o seu esforzo, entrega e dedicación.

Que a Virxe do Carmen siga guiando e protexendo a quen cada día sae ao mar e ás súas familias. ⚓💙

Feliz Día da Virxe do Carmen!

Photos from Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo's post 26/06/2026

⚓ Fin de curso no IPMPA de Vigo.

Co peche das avaliacións, chega o momento de mirar atrás e valorar todo o camiño percorrido durante estes meses: horas de estudo, prácticas, simuladores, talleres, formación en seguridade, navegación e traballo en equipo.

Foi un curso intenso no que alumnado e profesorado compartiron coñecemento, experiencia e compromiso co futuro do sector marítimo-pesqueiro.

Durante este ano tamén abrimos as nosas portas a profesionais, entidades e futuros estudantes, reforzando o noso papel como Centro de Referencia Nacional e achegando a formación marítima a quen formará parte da próxima xeración de profesionais do mar.

Agora, aos nosos alumnos tócalles descansar, celebrar os logros alcanzados e preparar novos retos.

Parabéns a todo o alumnado polo esforzo realizado e moita sorte a quen comeza unha nova etapa profesional! 🌊



-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-

⚓ Fin de curso en el IPMPA de Vigo.

Con el cierre de las evaluaciones, llega el momento de mirar atrás y valorar todo el camino recorrido durante estos meses: horas de estudio, prácticas, simuladores, talleres, formación en seguridad, navegación y trabajo en equipo.

Ha sido un curso intenso en el que alumnado y profesorado han compartido conocimiento, experiencia y compromiso con el futuro del sector marítimo-pesquero.

Durante este año también hemos abierto nuestras puertas a profesionales, entidades y futuros estudiantes, reforzando nuestro papel como Centro de Referencia Nacional y acercando la formación marítima a quienes formarán parte de la próxima generación de profesionales del mar.

Ahora, a nuestros alumnos les toca descansar, celebrar los logros alcanzados y preparar nuevos retos.

¡Enhorabuena a todo el alumnado por el esfuerzo realizado y mucha suerte a quienes comienzan una nueva etapa profesional! 🌊

11/06/2026

⚓️🚁 O alumnado do curso de Patrón Costeiro Polivalente – Sección Ponte tivo a oportunidade de asistir hoxe ao simulacro de salvamento marítimo celebrado na ría de Vigo, seguindo a actividade dende o buque escola Valentín Paz Andrade.

Durante a xornada puideron observar en directo os protocolos de actuación e coordinación entre os distintos organismos implicados no rescate marítimo, nun exercicio no que participaron Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Portuaria, Autoridade Portuaria de Vigo e Capitanía Marítima.

Unha experiencia formativa moi enriquecedora para coñecer de primeira man os procedementos de seguridade e emerxencia no mar. 🌊⚓

*P

Photos from Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo's post 08/06/2026

🌊🎉 Dende o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico tivemos a honra de asistir ao acto conmemorativo do 10º aniversario do CIM e do 20º aniversario da ECIMAT.

Durante a xornada, tivemos a oportunidade de visitar as súas instalacións e coñecer de primeira man algúns dos proxectos de investigación nos que están a traballar, descubrindo o importante labor que desenvolven no ámbito da ciencia e da innovación mariña.

Queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla por estes anos de compromiso coa investigación, a transferencia de coñecemento e a colaboración coa sociedade.

Parabéns por todo o camiño percorrido e polos éxitos acadados. Desexámosvos moitos máis anos contribuíndo ao avance do coñecemento e á protección e sustentabilidade dos nosos mares. ⚓🔬🌍

+D+i

05/06/2026
01/06/2026

O segundo curso de Aumento de Atribucións de Mecánico Maior Naval visitou os estaleiros Armón de Vigo, onde puideron ver as instalacións e os diferentes traballos que se realizan.

Photos from Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo's post 21/05/2026

🚢⚓️ Rumbo ao futuro marítimo!

O alumnado de:
- Aumento de atribucións ata 6000 kW
- Ciclo Superior de Ponte 1º
- Ciclo Medio de Máquinas 1º

Asistiron a unha charla en NAVALIA sobre as futuras profesións marítimas dentro do ámbito portuario. 🌊📚

Unha oportunidade única para coñecer máis sobre o sector marítimo e as saídas profesionais do futuro. ⚓✨

Photos from Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo's post 21/05/2026

No centro celebrouse un emotivo acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, no que participou todo o alumnado e profesorado.

Durante a xornada tamén se fixo entrega dos diplomas ás persoas participantes no Reto de Desconexión Dixital, recoñecendo o seu esforzo e implicación.

A celebración rematou cun agradable picoteo na residencia Mar de Area, compartindo un momento de convivencia e festa.

Queremos dar as grazas a Silvia Fernández da Equipa de Normalización Lingüística, ao profesorado e alumnado colaborador, á profesora Melisandra Rubio pola organización do Reto, e ao persoal da residencia "Mar da Area" polo seu traballo e colaboración para facer posible esta xornada tan especial.

Photos from Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo's post 20/05/2026

🌊 O IPMPA celebrou unha xornada con motivo do Día Internacional da Muller no Sector Marítimo, reafirmando o compromiso coa visibilización e o recoñecemento do papel das mulleres no sector marítimo-pesqueiro.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, inaugurou o acto "A Muller no Mar" destacando a importancia de seguir avanzando na igualdade de oportunidades e no recoñecemento do papel das mulleres no sector marítimo-pesqueiro galego.

A sesión contou coa participación de Pilar Otero (Presidenta de ANMUPESCA), Rosa Meijide (Xefa de Formación de ARVI), Ángeles Marcote (Xefa de Máquinas)e Ana Belén Rodríguez (alumna en prácticas do C.S. Máquinas), que compartiron a súa experiencia profesional e reflexionaron sobre os retos e avances en materia de igualdade no ámbito marítimo.

Grazas a todas as participantes por compartir a súa traxectoria, experiencia e compromiso cun sector no que as mulleres seguen abrindo camiño cada día. A vosa voz é inspiración para as novas xeracións do ámbito marítimo-pesqueiro. 💙🌊

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Avenida Beiramar, 55
Vigo
36202