Conservatorio Superior de Vigo

Conservatorio Superior de Vigo ¡Benvidos!

🎓 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGO 🎶O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM Vigo) celebra o acto de ...
29/09/2026

🎓 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGO 🎶
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM Vigo) celebra o acto de apertura do curso académico 2026/27.
📅 Mércores, 30 de setembro
🕛 12:00 h
📍 Auditorio Martín Códax
🎼 O programa inclúe a clase maxistral:
“A gaita galega: Lembranza dun baile esquecido”
a cargo de Julio Alonso Monteagudo.
🎵 Ademais, contaremos coa intervención musical de Xiana Teixeiro, Rafael Muñoz e Alejo Amoedo, que acompañará e ilustrará as palabras de Julio Alonso Monteagudo.
✨ NON O PERDAS!

🎶 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGOO Conservatorio Superior de Música de Vigo dá a benvida ao novo curso cun ...
15/09/2026

🎶 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGO
O Conservatorio Superior de Música de Vigo dá a benvida ao novo curso cun acto de apertura moi especial:

🎼 A gaita galega: lembranza dun baile esquecido
Unha clase maxistral a cargo de Julio Alonso, acompañada dunha intervención musical de Xiana Teixeiro, Rafael Muñoz e Alejo Amoedo.

📅 Mércores, 30 de setembro
🕛 12:00 h
📍 Auditorio Martín Códax

Un encontro para celebrar a música, a tradición e o patrimonio sonoro de Galicia. 💙

Agardámosvos!

📢Ampliouse o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Máster ata o martes 23 de xuño! 🗓️Se tedes algunha dúbida 💬,...
18/06/2026

📢Ampliouse o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Máster ata o martes 23 de xuño! 🗓️
Se tedes algunha dúbida 💬, podedes consultar a páxina principal do conservatorio 👉🏼www.csmvigo.com ou contactar co director do Máster no seguinte correo electrónico 📩 [email protected]

📢 Info sobre o Máster en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo!🗓️...
09/06/2026

📢 Info sobre o Máster en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo!

🗓️ Do 12 ao 19 de xuño poderás formalizar a túa inscrición nas probas, que se celebrarán nos primeiros días de xullo.

✅ Revisa con atención toda a documentación e os méritos que presentes, xa que só se valorará aquela que estea correctamente xustificada.

🎼 Para a proba de Interpretación, recomendamos a realización en directo. Se optas por gravación en CD/DVD, lembra que debe ser unha única toma realizada despois do 31 de maio de 2026.

🌍 O certificado B1 de inglés poderá entregarse ata o 30 de novembro.

📩 Dúbidas ou consultas? Contacta con: [email protected]

🚀 Non deixes pasar a oportunidade!

O Conservatorio Superior de Música de Vigo continúa fortalecendo os seus lazos internacionais a través do programa Erasm...
09/06/2026

O Conservatorio Superior de Música de Vigo continúa fortalecendo os seus lazos internacionais a través do programa Erasmus+.

Durante a nosa estancia na Academia de Música da Universidade de Sarajevo (UNSA) tivemos a oportunidade de comprobar a extraordinaria acollida do seu profesorado e alumnado, así como de avanzar en novas vías de colaboración institucional entre ambas institucións.

Como culminación desta enriquecedora experiencia, celebrouse un concerto conxunto protagonizado por Cristina García Lomba (piano) e Esteban Valverde (clarinete), en representación do CSM Vigo, xunto con Belma Alić (violonchelo) pola Academia de Música da UNSA.

Unha experiencia musical e humana inesquecible que reforza o compromiso do CSM Vigo coa internacionalización, o intercambio cultural e a excelencia artística.

06/06/2026

🎶✨ Deixámosvos as intervencións musicais que tiveron lugar durante o Acto de Graduación celebrado o pasado xoves. 🎓

Nestes vídeos poderedes contemplar as magníficas interpretacións de Oswaldo Costal xunto a Estefanía Abeledo, así como a emotiva interpretación de Severino Ortiz e Cristina Barriga. 🎵👏

Agardamos que as disfrutedes 🎶❤️

🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación da promoción do Grao 2022-2026 e do Máster 2025-2026 nun acto cheo de emoción,...
06/06/2026

🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación da promoción do Grao 2022-2026 e do Máster 2025-2026 nun acto cheo de emoción, música e momentos inesquecibles ❤️🎶

Da man do noso vicedirector, Ignacio Fernández, vivimos unha tarde moi especial na que non faltaron as palabras cheas de sentimento de Esteban Valverde, director do centro, e de Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra. Tamén puidemos escoitar os emotivos discursos en representación do alumnado de Grao e Máster, cheos de lembranzas ✨

As intervencións da madriña Rosa Gayoso e do padriño Oswaldo Costal, a entrega dos premios dos concursos do centro e a imposición das becas converteron a xornada nunha celebración para o recordo🎓🌹

A música puxo a banda sonora perfecta da man de Oswaldo Costal, Estefanía Abeledo, Severino Ortiz e Cristina Barriga 🎵

Parabéns a todo o alumnado graduado! Moita sorte nesta nova etapa 💙🎓

E mañá venres poñemos fin ao Festival NAS ONDAS 2026, co ciclo   🎼💥Ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax: Concerto d...
04/06/2026

E mañá venres poñemos fin ao Festival NAS ONDAS 2026, co ciclo 🎼💥

Ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax: Concerto de Premiados no XII Concurso de Música de Cámara do CSMVigo 🎹

Non faltes a esta festa final! Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta intensa programación, ao longo de tantos meses... 🥳

E o mañá xoves 4, ás 19:00 horas no Auditorio Martín Códax... Acto de Graduación e Clausura do Curso Académico 2025-2026...
03/06/2026

E o mañá xoves 4, ás 19:00 horas no Auditorio Martín Códax...

Acto de Graduación e Clausura do Curso Académico 2025-2026

Cunha entrega de Premios e a Estrea da obra gañadora do XIV Concurso de Composición Martín Códax!

Vindes? Imos poñendo fin a 💥

Chegamos aos últimos eventos do festival NAS ONDAS 2026... 💥Hoxe martes 2, ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax: ORQ...
02/06/2026

Chegamos aos últimos eventos do festival NAS ONDAS 2026... 💥

Hoxe martes 2, ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax:
ORQUESTRA BARROCA do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Concerto Grosso

Pavel A. Ayala (director)
Mira Glodeanu (directora invitada)

Non faltes!

Dirección

Manuel Olivie, 23
Vigo
36203

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:00 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Teléfono

+34986471144

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Conservatorio Superior de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Conservatorio Superior de Vigo:

Compartir