Delegación de Alumnado FFT - DAFFT

Delegación de Alumnado FFT - DAFFT

Compartir

Perfil en Facebook da Delegación de Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

16/04/2025

A Delegación de Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución ten o pracer de anunciar a celebración do patrón da Facultade, San Isidoro. O evento terá lugar o vindeiro 24 de abril na Facultade de Filoloxía e Tradución.

Teremos tres conferencias marabillosas dadas por tres profesionais dos campos da Filoloxía e da Tradución: Lucía Doval, Susana Barcia e María Méndez, que aceptaron con gusto participar nesta primeira edición (🫶).

Por outra banda, estará habilitado o servizo da cafetería cun equipo de música co obxectivo de crear un ambiente ideal para fomentar a interacción entre a nosa prezada comunidade. Un espazo perfecto para conversar e pasar un rato agradable.

Estades convidados a vir e celebrarmos todos xuntos esta festividade! ☺️🥳🥳

📅 Data: 24 de abril.

⏰️ Hora: dende as 11:30 ata as 18:30.

🗺 Lugar: Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Página web

Dirección


Praza Das Cantigas
Vigo
38310