EE Telecomunicación - UVigo

EE Telecomunicación - UVigo A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (1985) imparte estudos oficiais de grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Xa está aberto o prazo para presentar candidaturas á nova edición dos Premios  , outorgados pola Cátedra de Feminismos 4...
08/10/2026

Xa está aberto o prazo para presentar candidaturas á nova edición dos Premios , outorgados pola Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo. Están destinados a recoñecer a excelencia académica, apoiar as traxectorias femininas de éxito e contribuír a aumentar a presenza das mulleres nos ámbitos STEM.

Nas pasadas edicións, foron varias as alumnas de que obtiveron este galardón (xa fose o 1º premio ou o accesit): Marielena Márquez Barreiro en 2021; Marielena Márquez Barreiro e Andrea Bustos Castiñeiras en 2022; Henar Mariño Bodelón en 2023; Daniela Sanz Toucedo en 2024; e Adriana Pazos Lorenzo en 2025. Non podemos sentir máis orgullo do talento das nosas estudantes ❤️

Este ano, poderías ser ti a próxima gañadora. Preséntate antes do 19 de outubro!

Máis info en bit.ly/4yCSeQJ

—

Ya está abierto el plazo para presentar candidaturas a la nueva edición de los Premios GirlGeekPower, otorgados por la Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo. Están destinados a reconocer la excelencia académica, apoyar las trayectorias femeninas de éxito y contribuir a aumentar la presencia de las mujeres en los ámbitos STEM.

En las pasadas ediciones, fueron varias las alumnas de teleco que obtuvieron este galardón (ya fuese el 1º premio o el accésit): Marielena Márquez Barreiro en 2021; Marielena Márquez Barreiro y Andrea Bustos Castiñeiras en 2022; Henar Mariño Bodelón en 2023; Daniela Sanz Toucedo en 2024; y Adriana Pazos Lorenzo en 2025. No podemos sentir más orgullo del talento de nuestras estudiantes ❤️

Este año, podrías ser tú la próxima ganadora. ¡Preséntate antes del 19 de octubre!

Más info en bit.ly/4yCSeQJ

IA para unha educación superior máis personalizada |Os docentes de   e investigadores de Atlanttic - Centro de Investiga...
07/10/2026

IA para unha educación superior máis personalizada |

Os docentes de e investigadores de Atlanttic - Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación Martín Llamas, Manuel Caeiro e Fernando Ariel Mikic Fonte participan nun proxecto europeo para impulsar a transformación dixital da educación superior nos Balcáns Occidentais.
Trátase de Reliable, unha iniciativa internacional financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea que reúne equipos de España, Portugal, Alemaña, Montenegro e Bosnia e Herzegovina. O obxectivo é modernizar os sistemas universitarios dos Balcáns Occidentais mediante a integración da intelixencia artificial no ensino, na aprendizaxe e nos procesos institucionais.

O equipo da nosa Escola será o responsable dunha das accións formativas internacionais, centrada na avaliación con IA, que terá lugar en decembro. E tamén do desenvolvemento da plataforma en liña que dará soporte á formación do profesorado das universidades balcánicas no uso destas ferramentas aplicadas á docencia.

Un paso máis cara a unha educación máis eficiente, adaptada e preparada para o futuro 🎓

Máis info en https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-participa-nun-proxecto-que-impulsa-transformacion-dixital-educacion-superior-balcans

—

Los docentes de teleco e investigadores de Martín Llamas, Manuel Caeiro y Fernando Ariel Mikic Fonte participan en un proyecto europeo para impulsar la transformación digital de la educación superior en los Balcanes Occidentales.

Se trata de Reliable, una iniciativa internacional financiada por el programa Erasmus+ de la Unión Europea que reúne equipos de España, Portugal, Alemania, Montenegro y Bosnia y Herzegovina. El objetivo: modernizar los sistemas universitarios de los Balcanes Occidentales mediante la integración de la inteligencia artificial en la enseñanza, el aprendizaje y los procesos institucionales.

El equipo de nuestra Escuela será responsable de una de las acciones formativas internacionales, centrada en la evaluación con IA, que tendrá lugar en diciembre.
También se encargará del desarrollo de la plataforma en línea que dará soporte a la formación del profesorado de las universidades balcánicas en el uso de estas herramientas aplicadas a la docencia.

Máis info en https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-participa-nun-proxecto-que-impulsa-transformacion-dixital-educacion-superior-balcans

Tarde de ciencia ✨ O último venres de setembro celebrouse a G-night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. E nós es...
06/10/2026

Tarde de ciencia ✨

O último venres de setembro celebrouse a G-night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. E nós estivemos alí, na expo-feira científica do edificio Redeiras de Vigo.

No noso posto ‘Pero ti sabes con quen estás falando?’, compartido con Atlanttic - Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, o público puido coñecer como funcionan os bots de charla, aprendendo a sacarlles o máximo partido, e a evitar os seus riscos.

Grazas aos investigadores predoctorais Jaime González e Manuel Márquez por divulgar os vosos coñecementos con tanto entusiasmo. Á organización por un evento fantástico. E a todas as persoas asistentes: grazas pola vosa atención e curiosidade! ❤️

Foi un pracer compartir convosco a nosa paixón polas telecomunicacións.

—

Tarde de ciencia ✨

El último viernes de septiembre se celebró la G-night. Y allí estuvimos, en la expo-feria científica del edificio Redeiras de Vigo.

En nuestro puesto '¿Pero tú sabes con quién estás hablando?', compartido con AtlanTTic, el público pudo conocer cómo funcionan los bots de charla, aprendiendo a sacarles el máximo partido y a evitar sus riesgos.

Gracias a los investigadores predoctorales Jaime González y Manuel Márquez por divulgar vuestros conocimientos con tanto entusiasmo. A la organización por un evento fantástico. Y a todas las personas asistentes: ¡gracias por vuestra atención y curiosidad! ❤️

Fue un placer compartir con vosotros nuestra pasión por las telecomunicaciones.

29/09/2026

Imos ao teu centro!

Os nosos docentes imparten charlas divulgativas en colexios e institutos, co obxectivo de espertar vocacións tecnolóxicas entre a mocidade.

O curso pasado superamos as 70 charlas, adaptadas ao nivel académico do alumnado, e sobre temas como o 5G, o funcionamento dun dron, a seguridade en dispositivos móbiles, Internet das Cousas ou a intelixencia artificial.

E ademais do noso profesorado, tamén podes contar con profesionais de empresas de ou con alumnos que comparten a súa experiencia estudando teleco.

Queres solicitar unha charla? Tes toda a información en https://bit.ly/CharlasTeleco
—

¡Vamos a tu centro!

Nuestros docentes imparten charlas divulgativas en colegios e institutos, con el objetivo de despertar vocaciones tecnológicas entre la juventud.

El curso pasado superamos las 70 charlas, adaptadas al nivel académico del alumnado, y sobre temas como el 5G, el funcionamiento de un dron, la seguridad en dispositivos móviles, Internet de las Cosas o la inteligencia artificial.

Y además de nuestro profesorado, también puedes contar con profesionales de empresas de o con alumnos que comparten su experiencia estudiando teleco.

¿Quieres solicitar una charla? ¡Tienes toda la información en https://bit.ly/CharlasTeleco!

A teoría sae do papel 📚➡️🥽 Hoxe, o alumnado de   explorou en realidade virtual conceptos de Campos Electromagnéticos e T...
23/09/2026

A teoría sae do papel 📚➡️🥽

Hoxe, o alumnado de explorou en realidade virtual conceptos de Campos Electromagnéticos e TEM que son difíciles de visualizar nun libro.

Docentes da nosa Escola desenvolveron OndasXR, unha experiencia de RV deseñada para facilitar a aprendizaxe de conceptos complexos, que o estudantado puido probar en primeira persoa.

Así, non só experimentaron coa aplicación, senón que descubriron como se programa unha ferramenta deste tipo: da teoría á práctica, pasando pola tecnoloxía que a fai posible.

—

La teoría sale del papel 📚➡️🥽

Hoy, el alumnado de exploró en realidad virtual conceptos de Campos Electromagnéticos y TEM que son difíciles de visualizar en un libro.

Docentes de nuestra Escuela desarrollaron OndasXR, una experiencia de RV diseñada para facilitar el aprendizaje de conceptos complejos, que el estudiantado pudo probar en primera persona.

Así, no solo experimentaron con la aplicación, sino que descubrieron cómo se programa una herramienta de este tipo: de la teoría a la práctica, pasando por la tecnología que la hace posible.

Hai 25 anos estudaba teleco na nosa Escola. Agora, Nerea Míguez, protagoniza a sección “Mujeres fuera de serie” do suple...
21/09/2026

Hai 25 anos estudaba teleco na nosa Escola. Agora, Nerea Míguez, protagoniza a sección “Mujeres fuera de serie” do suplemento Estela de Faro de Vigo, onde repasan o camiño que lle levou a converterse en enxeñeira e o seu actual traballo como directiva de Vodafone España

Fainos moita ilusión compartir o percorrido desta exalumna e seguir visibilizando referentes femeninos no ámbito da telecomunicación.

Podes ler o artigo completo en https://www.farodevigo.es/estela/2026/09/20/nerea-miguez-buscadora-soluciones-134394081.html

—

Hace 25 años estudiaba Teleco en nuestra Escuela. Ahora, Nerea Míguez protagoniza la sección “Mujeres fuera de serie” del suplemento Estela de Faro de Vigo, donde repasan el camino que la llevó a convertirse en ingeniera y su actual trabajo como directiva de Vodafone.

Nos hace mucha ilusión compartir el recorrido de esta exalumna y seguir visibilizando referentes femeninos en el ámbito de las telecomunicaciones.

Puedes leer el artículo completo en https://www.farodevigo.es/estela/2026/09/20/nerea-miguez-buscadora-soluciones-134394081.html

14/09/2026

Se estás a comezar o grao de teleco, aínda che quedan moitas materias apaixonantes por diante.

Preguntámoslles a dous dos nosos alumnos cal foi a súa materia favorita dos primeiros cursos: Programación 2 e Análise de circuítos.

E a túa? 👇 Cóntanos nos comentarios

—

Si estás empezando el grado de , aún te quedan muchas asignaturas apasionantes por delante.

Le preguntamos a dos de nuestros alumnos cuál fue su asignatura favorita de los primeros cursos: Programación 2 y Análisis de circuitos.

¿Y la tuya? 👇 Cuéntanoslo en comentarios

Estudar un grao como   é máis fácil cunha boa organización: aproveitar o tempo e planificar ben é clave para cumprir os ...
10/09/2026

Estudar un grao como é máis fácil cunha boa organización: aproveitar o tempo e planificar ben é clave para cumprir os obxectivos sen estrés!

Por iso, onte ofrecimos ao alumnado de 1º un obradoiro sobre xestión do tempo e técnicas de estudo, dentro do programa , pensado para facilitar unha transición suave e exitosa no primeiro ano.

O docente Artemio Mojón compartiu algunhas claves para identificar “ladróns de tempo” e organizar mellor as horas de estudo dispoñibles, abordando temas como a adaptación as demandas académicas universitarias, a importancia de manter un equilibrio entre o traballo académico e o ocio ou consellos para aprender e recordar de xeito eficiente. E tamén propuxo algún que outro xogo orientado a mellorar a productividade.

Ademais, aproveitamos a sesión para premiar aos gañadores da xincana do luns, na que o noso novo estudantado puido descubrir as instalación da Escola. Parabens aos equipos A18 e A12 por seren os máis rápidos e poder así recibir un suadoiro de agasallo.

—

Estudiar un grado como es más fácil con una buena organización: ¡aprovechar el tiempo y planificar bien es clave para cumplir los objetivos sin estrés!

Por eso, ayer ofrecimos al alumnado de 1º un taller sobre gestión del tiempo y técnicas de estudio, dentro del programa , pensado para facilitar una transición suave y exitosa en el primer año.

El docente Artemio Mojón compartió algunas claves para identificar “ladrones de tiempo” y organizar mejor las horas de estudio disponibles, abordando temas como la adaptación a las demandas académicas universitarias, la importancia de mantener un equilibrio entre el trabajo académico y el ocio, o consejos para aprender y recordar de manera eficiente. Y también propuso algún que otro juego orientado a mejorar la productividad.

Además, aprovechamos la sesión para premiar a los ganadores de la yincana del lunes, en la que nuestro nuevo estudiantado pudo descubrir las instalaciones de la Escuela. ¡Enhorabuena a los equipos A18 y A12 por ser los más rápidos y recibir así una sudadera de regalo!

Primeiro día en  : benvida ao voso futuro!Hoxe demos a benvida ao novo alumnado que comeza 1º do grao de Enxeñaría de Te...
07/09/2026

Primeiro día en : benvida ao voso futuro!

Hoxe demos a benvida ao novo alumnado que comeza 1º do grao de Enxeñaría de Telecomunicación. No Salón de Actos coñeceron todo o que vai marcar o seu día a día na Escola: organización académica, Plan de Acción Titorial, cursos de inglés do Centro de Linguas (Universidade de Vigo) ou o papel das asociacións estudantís como Foro Tecnolóxico de Emprego. Grazas a Iago Soto, cofundador e CMO de QUOBIS (empresa membro de ), ademais de exalumno, por achegar a súa visión profesional!

Despois, organizamos unha divertida xincana para que coñecesen a Escola e o campus… con probas fotográficas incluídas! Unha maneira ideal de explorar os espazos dos que, agardamos, gozaredes moito nos próximos anos.

O camiño comeza hoxe: catro cursos para descubrir, aprender, colaborar e deixar a vosa pegada. Estamos aquí para acompañarvos en cada paso ❤️

—

¡Primer día en : bienvenida a vuestro futuro!

Hoy dimos la bienvenida al nuevo alumnado que comienza 1º del Grado en Ingeniería de Telecomunicación. En el Salón de Actos conocieron todo lo que marcará su día a día en la Escuela: la organización académica, el Plan de Acción Tutorial, los cursos de inglés del Centro de Linguas (Universidade de Vigo) o el papel de asociaciones estudiantiles como Foro Tecnolóxico de Emprego. ¡Gracias a Iago Soto, cofundador y CMO de QUOBIS (empresa miembro de ), además de exalumno, por aportar su visión profesional!

Después, organizamos una divertida yincana para que conocieran la Escuela y el campus… ¡con pruebas fotográficas incluidas! Una forma ideal de explorar los espacios de los que, esperamos, disfrutaréis mucho durante los próximos años.

El camino comienza hoy: cuatro cursos para descubrir, aprender, colaborar y dejar vuestra huella. Estamos aquí para acompañaros en cada paso ❤️

Todo listo para comezar un novo curso 🤩Se es estudante de 1º do grao de   agardámoste o próximo luns, 7 de setembro no s...
03/09/2026

Todo listo para comezar un novo curso 🤩

Se es estudante de 1º do grao de agardámoste o próximo luns, 7 de setembro no salón de actos para darte a benvida.

Nesta xornada poderás descubrir, entre outros temas de interese:
✨ Como é o día a día na Escola e a organización do curso
🇬🇧 Os cursos de inglés que o Centro de Linguas (Universidade de Vigo) imparte no noso centro
🤝 O Plan de Acción Titorial e os programas de igualdade e PIUNE
👥 Asociacións estudantís como Foro Tecnolóxico de Emprego
💼 Unha charla de QUOBIS (empresa de ) sobre futuras saídas laborais

E despois, toca acción: xincana polo Campus para coñecer a Escola e facer equipo cos teus compañeiros.

Tes toda a info no teu email, ou en https://bit.ly/Benvida26

—

Todo listo para comenzar un nuevo curso 🤩

Si eres estudiante de 1º del grado de , te esperamos el próximo lunes, 7 de septiembre, en el salón de actos para darte la bienvenida.

En esta jornada podrás descubrir, entre otros temas de interés:
✨ Cómo es el día a día en la Escuela y la organización del curso
🇬🇧 Los cursos de inglés que el Centro de Linguas (Universidade de Vigo) imparte en nuestro centro
🤝 El Plan de Acción Tutorial y los programas de igualdad y PIUNE
👥 Las asociaciones estudiantiles como Foro Tecnolóxico de Emprego
💼 Una charla de QUOBIS (empresa de ) sobre futuras salidas laborales

Y después, toca acción: yincana por el Campus para conocer la Escuela y hacer equipo con tus compañeros.

Tienes toda la info en tu email o en https://bit.ly/4gKGzYx

Dirección

Rúa Maxwell S/n, Campus Universitario
Vigo
36310

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando EE Telecomunicación - UVigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a EE Telecomunicación - UVigo:

Atajos

Compartir

Categoría