22/09/2026
🌊💙 XA SOMOS ESCOLA AZUL! 💙🌊
Temos unha noticia que nos fai moitísima ilusión compartir con toda a nosa comunidade educativa: o noso centro xa forma parte da Rede Galega de Escolas Azuis! 🎉🐚
Este recoñecemento supón un paso máis no noso compromiso coa cultura oceánica, a sustentabilidade e o coidado dos nosos ecosistemas acuáticos. 🌍🌊
A partir de agora, o mar e o noso contorno serán tamén espazos para aprender, investigar, descubrir e participar. Porque entendemos que o mar tamén é aula. 🐠🔬📚
Queremos vivir esta nova etapa coa ilusión de todo o alumnado, profesorado e familias, conectando a aprendizaxe coa nosa contorna e creando conciencia sobre a importancia de coidar o noso planeta. 💙
https://escolasazuisgalicia.es/escola-azul/
https://weareblueschools.eu/
✨ Comezamos esta aventura con moitas ganas!