23/01/2025
Vinde a coñecer o noso cole😊
Conta oficial do CEIP Balaídos de Vigo.
23/01/2025
Vinde a coñecer o noso cole😊
O pasado venres día 21 de abril festexamos no colexio o Día Mundial do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros/as maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.
Os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.
É unha actividade moi enriquecedora para ambos.
No seguinte enlace poderedes ver eses momentos especiais!
http://orecunchodexoan.blogspot.com/2023/04/dia-mundial-do-libro.html?m=1
04/05/2023
O pasado 13 de abril, os nenos e nenas de 3 e 5 anos de infantil tivemos a sorte de que nos viñera visitar Paco Nogueiras.
Queredes ver o ben que o pasaron?
VISITA DE PACO NOGUEIRAS O pasado 13 de abril, os nenos e nenas de 5 anos de infantil tivemos a sorte de que nos viñera visitar Paco Nogueiras. Viu ao colexio carga...
Chegada a SEMANA DA POESÍA no Colexio Balaídos, e con motivo de homenaxear ao mundo dos "versos" e ás escritoras e escritores que os compoñen, o alumnado de quinto recitou catorce poemas, escollidos nos poemarios da Biblioteca de Xoán.
Visitade o blog!
http://orecunchodexoan.blogspot.com/2023/03/dia-mundial-da-poesia.html?m=1
12/02/2023
Mañá empeza a semana de Entroido no cole! O Meco comeza cos seus mandatos, así que xa sabedes... a facerlle moito caso!!
08/02/2023
Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria recibíu unhas charlas da man dos policías locais Pilar e Pablo que viñeron a falar entre outras cousas da relación dos pensamentos positivos e a Educación Viaria así como outros temas que resultaron moi de interese para o noso alumnado.
08/02/2023
Esta semana, varias rapazas de 5º de primaria participaron nun obradoiro de montaxe de robots mbots (que foron utilizados polo alumnado de 5º de EI na súa actividade BalaídoSteam). Esta actividade enmárcase dentro do proxecto "Rapazas emprendoras nas TIC" que se está a desenvolver este curso é que busca achegar as rapazas ao ámbito STEAM e espertar o seu interese polas carreiras científicas. Máis info na web do cole http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1609
08/02/2023
Esta semana o alumnado de 5º de EI infantil levou a cabo a súa actividade BalaídoSteam no Polo Creativo. Traballaron con diferentes robots de chan. Non deixedes de visitar a web para ver todo o que fixeron: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1609
03/02/2023
Ao longo desta avaliación, todos os niveis educativos do noso centro realizarán unha actividade STEAM relacionada con contidos traballados en clase. Estas actividades se levaran a cabo co material que temos no Polo Creativo. Este proxecto chámase BalaídoSteam e o alumnado de 3 anos foi encargado de inicialo participando na elaboración duns paneis interactivos para traballar a roupa de inverno. Toda a información en http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1607
26/01/2023
Xa temos data para a xornada de portas abertas!! O próximo martes 28 de febreiro, en horario de tarde, podedes acudir a coñecer o noso cole e a todos/as nos. Esperamos a vosa visita!!
08/01/2023
Sabedes que o Polo Creativo do noso cole? Este novo ano 2023 vai a estar moi pero que moi activo e imos a levar a cabo un montón de propostas creativas científico-tecnolóxicas moi interesantes. Non dubidedes de pasar pola web para ver o que fixemos ata agora! https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/taxonomy/term/160
24/10/2022
Hoxe recibimos a visita dun axente de policía nacional que víu contar ao noso alumnado de terceiro ciclo información moi importante. Ao alumnado de 5º recibíu unha charla sobre os perigos de internet mentres que o alumnado de 6º sobre drogadicción. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1580