Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias

Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias
UNIVERSIDADE DE VIGO A compatibilidade entre a produción de alimentos e protección ambiental.

2.

O Grupo de Investigacións Agro-Ambientáis e Agroalimentarias está constituído por investigadores que veñen desenvolvendo a súa actividade nos diferentes eslavóns da cadea alimentaria e comparten o obxetivo de mellorar a produción, a calidade e a seguridade das materias primas e dos alimentos seguindo, do mesmo modo que outros centros punteiros neste ámbito a escala internacional, unha perspectiva global (“farm to fork”). As características internas máis significativas do grupo son as seguintes:

• Complementariedade: Cada un dos investigadores e das liñas de investigación que o compoñen abordan dende a súa perspectiva metodolóxica e conceptual a investigación nos alimentos para abordar con garantías proxectos que abranguen dende a “granxa ao prato”, e dicir, dende a produción de materias primas ao consumidor.

• Articulación: O grupo AA1 por unha banda articúlase de xeito vertical ao longo da cadea de valor da produción de alimentos: dende a produción primaria a transformación e desenvolvemento de novos produtos, o aproveitamento dos refugallos e a calidade e seguridade das materias primas e dos produtos finais. Tamén existe unha articulación metodolóxica e conceptual xa que tódalas liñas de traballo que interseccionan e que comparten e empregam os mesmos procedementos experimentais, recursos e equipamentos científicos ou os fins da súas actividades son similares.

• Ámbito xeográfico: O ámbito xeográfico inmediato é o sur de Galicia, estando perfectamente integrados no seu entorno socioeconómico.

• Masa crítica: O agrupamento abrangue máis dun cento de investigadores en conxunto, sendo de eles uns 10 funcionarios de plantel. Dende a perspectiva integradora “farm to fork”, é un dos grupos de investigación do ámbito alimentarios máis grande de Galicia, considerando tanto o SUG como o resto das OPIs tanto en termos de recursos humanos que mobiliza como de volume de produción científica e de recursos captados.

• Diversidade epistemolóxica: Fronte a agrupacións monolíticas en canto á procedencia disciplinar dos seus membros, o AA1 abrangue diferentes áreas de coñecemento con perfís profesionais moi diferentes, dende físicos a veterinarios e dende biólogos a enxeñeiros. Esta característica fai do AA1 un espazo de diversidade epistemolóxica que enriquece o enfoque dos problemas que aborda e permite solucións pouco previsibles en outro tipo de agrupamentos de carácter corporativo. O AA1 ten unha visión integral vertical na abordaxe "do prado ao prato" (“farm to fork”), e aborda os problemas ao longo de toda a cadea alimentaria, pero cun foco especial en:

1. As esixencias dos consumidores de produtos alimenticios seguros, saudables, máis satisfactorios sensorialmente, e cómodos de usar.

3. As demandas industriais de valorización eficiente de residuos agroalimentarios e subprodutos. O AA1 é unha realidade madura na área da cadea alimentaria global. Naceu co foco na valoración eficiente de subprodutos, tanto os residuos non alimentarios (tales como o estrume animal, residuos de cultivos, etc.), coma os produtos alimentarios de baixa calidade, xa sexan de vexetais e froitas ou de subprodutos animais. Dúas estratexias diferentes están a seguirse dependendo do tipo de subprodutos: a valoración agronómica para residuos non alimentarios, e a valorización industrial para os produtos alimenticios de baixa calidade. No primeiro caso, o foco está na produción sustentábel de alimentos, prestando atención á bioacumulación de contaminantes e aos seus efectos sobre a calidade do solo e produtividade agrícola. No outro caso, o foco está no desenvolvemento de novos alimentos a través da recuperación ou produción de ingredientes funcionais a partir dos subprodutos, así como no aumento da súa vida útil obtendo produtos máis estables. En calquera dos casos, o obxectivo será obter alimentos seguros con alta calidade sensorial, nutricional e funcional. O AA1 está formado por científicos con experiencia en 3 áreas estratéxicas. Destas 3 áreas, 2 son verticais:

1. "Produción sostible de alimentos": principalmente ao cargo de biotecnólogos e bioquímicos. Ten traballado por moito tempo estudando o transporte de contaminantes no sistema solo-auga-cultivo e na contaminación dos recursos hídricos. Algúns deles tamén traballaron na valorización de residuos na agricultura e silvicultura.

2. "Desenvolvemento de novos alimentos": con especialistas na recuperación e bioprodución de ingredientes funcionais a partir de subprodutos e residuos, así como no desenvolvemento de non soio novos alimentos funcionais, senón tamén novos envases activos para alimentos. Outra área é horizontal e pode servir de nexo entre as dúas anteriores. Trátase de "Calidade e seguridade dos alimentos", e está formado por químicos, nutricionistas e bromatólogos, con ampla experiencia en desenvolvemento de métodos analíticos con instrumentación potente para desenvolver novas estratexias que permitan garantir a seguridade e autenticidade de alimentos.

¡Se acabó! Vania Malimue y Chaima Chakir presentaron hoy sus TFMs en la Universidade de Vigo, y nos cuentan sus reflexio...
23/07/2026

¡Se acabó! Vania Malimue y Chaima Chakir presentaron hoy sus TFMs en la Universidade de Vigo, y nos cuentan sus reflexiones sobre la participación en el programa Learn Africa de la Fundación Mujeres por África.

¿Quieres conocer las oportunidades de colaboración con nuestro grupo? ¡No te pierdas las entrevistas!
----------------------------------------------------------------------------------

It is a wrap! Vania Manuel Malimue and Chaima Chakir presented their Master's Thesis today at UVigo, so we invited them to reflect on their participation on the Learn Africa programme from the Fundación Mujeres por África.

Do you want to see how it is to collaborate with our group? Don't miss the interview!

Hoy es un típico día de julio para los y las estudiantes de la etapa universitaria. Se acumulan las presentaciones de trabajos finales de Grado y Máster, el último paso antes de poder consolidar el conocimiento obtenido y alcanzar el tan deseado título. Sin embargo, para el Grupo de Investigaci...

https://aa1.es/?p=2627
14/07/2026

https://aa1.es/?p=2627

O portal US News sitúa á UVigo como a máis prestixiosa de Europa no ámbito da Ciencia e Tecnoloxía Alimentaria no seu ranking de universidades globais.

As investigadoras do AA1 Grupo de Investigaciones Agrarias y Alimentarias da Universidade de Vigo Celia Costas Sánchez e...
10/06/2026

As investigadoras do AA1 Grupo de Investigaciones Agrarias y Alimentarias da Universidade de Vigo Celia Costas Sánchez e Carla Cameselle Llanos estiveron en Bruxelas o pasado día 9 de xuño representando o proxecto PROMISEANG Project, coordenado pola UVigo.

O evento foi unha oportunidade valiosa para establecer redes, fomentar o intercambio de coñecementos, as conexións e as sinerxías entre proxectos financiados pola Circular Bio-based Europe Joint Undertaking (CBE JU), Horizon Europe e outros proxectos financiados por diversos mecanismos de financiamento da UE.

Podes ver máis informacións do evento:
·na web do mesmo https://www.cbe.europa.eu/news/cbe-ju-cluster-workshop-boosts-collaboration-bio-based-food-and-feed-innovation
·na web do PROMISEANG https://promiseang-project.eu/promiseang-presented-at-cbe-ju-cluster-workshop-in-brussels/

Non esquezas seguir ao proxecto e ao noso grupo!

----------------------------------------------------------------------------------

The researchers from UVigo's AA1 group, Celia Costas Sánchez and Carla Cameselle Llanos, were in Brussels on the 9th of June representing the PROMISEANG project, coordinated by Universidade de Vigo (with the participation of our group and the BiotecnIA and Organisation of Knowledge groups).

The event was a valuable opportunity to establish networks, foster the exchange of knowledge, connections and synergies between projects funded by the CBE JU, Horizon Europe and other projects funded through various EU funding mechanisms.

You can see more information about the event:
·on the event's website https://www.cbe.europa.eu/news/cbe-ju-cluster-workshop-boosts-collaboration-bio-based-food-and-feed-innovation
·on the PROMISEANG website https://promiseang-project.eu/promiseang-presented-at-cbe-ju-cluster-workshop-in-brussels/

Don't forget to follow the project and our group!

Cara onde avanza o futuro da seguridade alimentaria? Cales son as mellores accións que podemos tomar para un futuro saud...
08/06/2026

Cara onde avanza o futuro da seguridade alimentaria? Cales son as mellores accións que podemos tomar para un futuro saudábel e accesíbel para todos?

Non deixes de ler o último artigo na nosa web!

----------------------------------------------------------------

Where is the future of food security heading? What are the best actions we can take for a healthy and accessible future for all?

Don't miss the latest article on our website!

A liña que divide o futuro do presente é cada vez máis feble, e nese sentido, os próximos anos serán determinantes para pór a proba os nosos sistemas alimentarios. O cambio climático afecta á produción de alimentos das máis diversas formas e, ante este escenario, a xestión reactiva das cr...

07/06/2026

The next twenty years will test our food systems as never before. Climate change disrupts harvests, global supply chains fragment overnight, and emerging pathogens find new routes from farm to fork. To prepare for the unexpected we need a strategy that moves beyond reactive crisis management. We nee...

06/05/2026

May 6th represented a key moment for the following six years of Universidade de Vigo, since our university held its elections to rector, with three candidates aiming to become the new head of the institution for the next six years.

For our Group ( AA1 Grupo de Investigaciones Agrarias y Alimentarias), this day has also offered a chance to gather and celebrate a new meeting, in which our researchers, professors and administrative staff (distributed in two different cities, Ourense and Vigo) celebrated the chance to gather with their colleagues and discuss their latest scientific advances, as well as share the progress in the different projects under implementation (, , and - Interreg Sudoe).

A investigadora Lucía Cassani do Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias da Universidade de Vigo foi ...
26/02/2026

A investigadora Lucía Cassani do Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias da Universidade de Vigo foi premiada na I Edición dos Premios de Investigación en Productos Naturales da empresa de biotecnoloxía Natac, polo seu estudo sobre técnicas de extracción de compostos bioactivos das flores de Arnica montana, en colaboración coa Università Cattolica del Sacro Cuore (Italia), a Universidad de Murcia e o ISEP - Instituto Superior de Engenharia do Porto (Portugal).

-------------------------------------------------------------------

Researcher Lucía Cassani from the AA1 Group of Universidade de Vigo received an award in the first edition of the Natural Products Research Award from the biotechnology company Natac, for her study on techniques for extracting bioactive compounds from the flowers of Arnica montana, in cooperation with the Università Cattolica del Sacro Cuore (Italy), the University of Murcia and the ISEP – Superior Institute of Engineering from Porto (Portugal).

A doutora Lucía Cassani, investigadora do grupo AA1, foi recoñecida pola compañía Natac co Accésit na categoría de Investigador Consolidado, sendo recoñecida pola innovación metodolóxica, o rigor estatístico e a integración avanzada de ferramentas multiómicas nas súas investigacións, p...

Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as nosas investigadoras do Grupo AA1 da U...
18/02/2026

Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as nosas investigadoras do Grupo AA1 da Universidade de Vigo visitaron o CEIP Josefa Alonso de Alonso para achegar a ciencia ás aulas de idades comprendidas entre 10 e 11 anos.

Non perdas a noticia na nosa web!

------------------------------------------------------------------------

Due to the proximity of 11th of February, International Day of Women and Girls in Science, our researchers from the AA1 Group at the University of Vigo visited the Josefa Alonso de Alonso Primary School to bring science to the classrooms of 10 and 11-year-olds.

Don't miss the news on our website!

No marco do 11 de Febreiro – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as investigadoras do grupo AA1 sediadas en Ourense e Vigo levaron a cabo un taller informativo no colexio CEIP Josefa Alonso de Alonso de Vigo.

Nova publicación sobre a participación do noso grupo no proxecto AgroSpace - Interreg Sudoe, onde tamén toman parte os g...
09/02/2026

Nova publicación sobre a participación do noso grupo no proxecto AgroSpace - Interreg Sudoe, onde tamén toman parte os grupos de Aerospace Technology Research Group (ATRG) - Universidade de Vigo | atlanTTic e de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.

Jesus Simal-Gandara fala con Campo Galego sobre a importancia das tecnoloxías aeroespacias para a mellora da gobernanza e a toma de decisións informadas en agricultura, permitindo así a detección de boas prácticas agroalimentarias.

Máis información na nosa web! https://aa1.es/?p=2599

----------------------------------------------------------------------------------

New post covering the participation of our group in AgroSpace - Interreg Sudoe, counting also with Aerospace Technology Research Group (ATRG) - Universidade de Vigo | atlanTTic and Contemporanean History of Universidade de Vigo.

Jesus Simal-Gandara talks to Campo Galego about the importance of space technologies for improving governance and informed decision making in agriculture, thus favouring the identification of good agri-food practices.

Check our website for more information! https://aa1.es/?p=2599

O Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias da Universidade de Vigo (AA1) participa xunto cos grupos de Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea do proxecto AgroSpace, unha iniciativa do programa Interreg Sudoe para a cooperación transfronteiriza nas rexións do sudoeste de Europ...

06/02/2026

Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte […]

Dirección

CITEXVI, Universidade De Vigo
Vigo
36310

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias:

Atajos

Compartir