IES de Teis

IES de Teis Neste centro impártense ensinanzas de ESO, Bacharelato, ESO para Adultos e Ciclos Formativos de FP

A nosa coordinadora de proxectos internacionais, Marta Rey, estreouse no posto participando nas Xornadas de Mobilidade E...
08/10/2026

A nosa coordinadora de proxectos internacionais, Marta Rey, estreouse no posto participando nas Xornadas de Mobilidade Erasmus+ de FP KA121-VET organizadas polo en Jaén.

O KA121-VET é o noso proxecto acreditado Erasmus+, que ofrece bolsas ao alumnado de FP Básica e de ciclos medios, e ao seu profesorado, para formarse e facer prácticas en Europa.

Volve cunha chea de ideas para seguir ampliando o camiño que o IES de Teis xa leva anos percorrendo en Europa, grazas ao traballo e ao cariño de quen coordinou antes estes proxectos. O obxectivo é que cada vez máis alumnado e profesorado poidan vivir esta experiencia.

Grazas ao SEPIE pola organización e a todos os coordinadores e coordinadoras, especialmente aos galegos, polas experiencias compartidas!

Dende o IES de Teis despedímonos ata setembro e dámosvos a nosa máis sinceira noraboa por tódolos vosos esforzos ao long...
02/07/2026

Dende o IES de Teis despedímonos ata setembro e dámosvos a nosa máis sinceira noraboa por tódolos vosos esforzos ao longo deste curso. Bo verán!!

🏆 O traballo duro dá os seus froitos!Despois de todo un curso traballando no Reto L’Oréal do programa   da Xunta de Gali...
19/06/2026

🏆 O traballo duro dá os seus froitos!
Despois de todo un curso traballando no Reto L’Oréal do programa da Xunta de Galicia, o noso alumnado de 1º DAW Jose Estévez, Javier Guisande, Daniela Paredes e Anxo Campos, coordinados pola profesora Marta Rey, acadou o premio á mellor solución do reto. 👏👏
O proxecto, Maneva, é unha plataforma dixital integral para a xestión dun salón de peiteado, con dúas aplicacións operativas: unha para a clientela e outra para o salón.
💇‍♀️ Reservas multicanle 24/7
📲 Cobertura automática de cancelacións
🤖 Contido para redes con IA
☎️ Recepcionista telefónica
🧾 Cumprimento de VeriFactu
🚗 Rutas compartidas a domicilio pensadas para o rural galego
Unha solución real, útil e pensada para que ninguén quede fóra, con modo sinxelo, WhatsApp, axente de voz e delegación familiar.
Foron moitas horas de traballo, aprendizaxe, esforzo e ilusión. E o recoñecemento non queda aquí: o premio está dotado con 10.000 € para o desenvolvemento do proxecto, que continuará o vindeiro curso.
Parabéns ao equipo! Orgullo inmenso do voso traballo. 💚

Queres facer da túa paixón a túa profesión? Matricúlate nos nosos ciclos de Imaxe Persoal! Consulta toda a info na nosa ...
16/06/2026

Queres facer da túa paixón a túa profesión? Matricúlate nos nosos ciclos de Imaxe Persoal! Consulta toda a info na nosa Web

O pasado 28 de Maio, o noso alumnado de Imaxe Persoal, do CM de Estética e Beleza e do CS de Caracterización e Maquillax...
03/06/2026

O pasado 28 de Maio, o noso alumnado de Imaxe Persoal, do CM de Estética e Beleza e do CS de Caracterización e Maquillaxe Profesional participou nunha actividade de limpeza da praia Arealonga, en Redondela.

Ao longo desa tarde puideron ser conscientes, de primeira man, todo o lixo que remata nos nosos mares. Recolleron, entre outros, todo tipo de escombros de construción, pilas, toallitas, e por suposto unha inmensa cantidade de plásticos.

Nos pasados días recibimos no noso centro a visita de dous profesores de Italia especializados en Informática e en Intel...
01/06/2026

Nos pasados días recibimos no noso centro a visita de dous profesores de Italia especializados en Informática e en Intelixencia Artificial. Compartiron co noso alumnado do curso de especialización de IA e Big Data e con 1º DAM a súa experiencia en distintos proxectos empresariais creados con intelixencia artificial. Tamén nos contaron as ferramentas tecnolóxicas que empregan no seu centro e debatemos sobre nesgo e ética en tempos de IA.

Así mesmo, eles tiveron a posibilidade de coñecer o noso instituto e o noso sistema educativo e abrimos a posibilidade a que noso alumnado realice estadías Erasmus+ nas máis de 400 empresas do sector da informática e das comunicacións coas que colaboran.

Magnífica experiencia!

Durante o mes de abril, a profesora Natalia Vérez Cotelo, do departamento de Imaxe Persoal, participou nunha mobilidade ...
13/05/2026

Durante o mes de abril, a profesora Natalia Vérez Cotelo, do departamento de Imaxe Persoal, participou nunha mobilidade Erasmus+ de tipo Job Shadowing en Francia, no centro Thalasso Coté.
A estancia permitiu ampliar coñecementos sobre talasoterapia, cosmética natural, investigación mariña e sustentabilidade, ademais de coñecer diferentes técnicas e metodoloxías aplicadas no sector. Tamén se estableceron contactos con empresas e institucións co obxectivo de favorecer futuras prácticas e mobilidades internacionais para o alumnado.
Esta experiencia contribuirá a enriquecer a actividade docente, incorporar novos contidos á formación do alumnado e reforzar a dimensión internacional do noso instituto a través do programa Erasmus+.

Gran noticia para o IES de Teis!Diego, Heidy e Lisa, de 4º ESO B, representaron ao noso centro en Parquevibras e convert...
13/05/2026

Gran noticia para o IES de Teis!
Diego, Heidy e Lisa, de 4º ESO B, representaron ao noso centro en Parquevibras e convertéronse en finalistas… e finalmente en gañadores provinciais!
Grazas ao seu traballo e compromiso, toda a clase poderá desfrutar dunha excursión a un dos parques naturais de Galicia
Ademais, recibimos un acivro que xa está plantado na entrada do instituto como recordo desta experiencia e símbolo do noso compromiso co medio ambiente
Parabéns polo gran traballo realizado!

Fotografías do escenario: Ramsés.

Dirección

Avenida De Galicia 101
Vigo
36216

Horario de apertura

Lunes 08:10 - 22:00
Martes 08:10 - 22:00
Miércoles 08:10 - 22:00
Jueves 08:10 - 22:00
Viernes 08:10 - 22:00

Teléfono

+34886120464

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando IES de Teis publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría