Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
«O peor galego é o que non se usa»

A lúa de outubro a sete cubre e se chove, nove. 🌖
02/10/2026

A lúa de outubro a sete cubre e se chove, nove. 🌖

💬 Coñeces os teus dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo?A Área de Normalización Lingüística continúa a...
01/10/2026

💬 Coñeces os teus dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo?

A Área de Normalización Lingüística continúa a traballar para dalos a coñecer a toda a comunidade universitaria cun novo recurso, o folleto de Dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo.

Hoxe presentámosche os dous primeiros de cada.

Porque coñecer os nosos dereitos tamén implica coñecer as responsabilidades que temos como comunidade universitaria.

📖 Consulta o folleto completo e descubre os 10 dereitos e 10 deberes lingüísticos da UVigo.

🔗 https://f.mtr.cool/ek11ihgtij

28/09/2026

SORTEAMOS 10 SUPERCAMISETAS 🦸👕

Escoitamos que vós tamén queredes amosar o voso superpoder presumindo de camiseta, así que vimos poñerlle remedio 🪄

🔗 Participa aquí 👇
https://f.mtr.cool/22n8deydvv

23/09/2026

Tes un superpoder que te conecta. Amósao! Agora é o momento!

17/09/2026

Non sabía que poñer hoxe e puxen un superpoder!
Agora é o momento!

Volta co teu superpoder ás aulas! Agora é o momento!
11/09/2026

Volta co teu superpoder ás aulas! Agora é o momento!

📚 Xa está aberta a matrícula dos cursos de galego da Universidade de VigoPoñemos en marcha unha nova edición dos cursos ...
10/09/2026

📚 Xa está aberta a matrícula dos cursos de galego da Universidade de Vigo

Poñemos en marcha unha nova edición dos cursos de formación en lingua galega, en liña e dirixidos a toda a comunidade universitaria.

💻 Modalidade en liña 🗓️ Matrícula: do 7 ao 25 de setembro

Oferta formativa:
🔹 Iniciación á lingua galega
🔹 Os erros máis frecuentes na lingua galega
🔹 A calidade lingüística na universidade
🔹 Linguaxe administrativa e xurídica
🔹 Corrección da escrita coas TIC

✨ Mellora a túa competencia lingüística, perfecciona a escrita e incorpora o galego ao teu ámbito académico e profesional.

Inscricións 🔗 https://f.mtr.cool/ozm5cmzxmj

09/09/2026

Amosa o teu superpoder 💥! Agora é o momento! 💗

📢 Escribiches a túa tese, o TFG ou o TFM en galego?Pois hai axuda económica para ti.A Área de Normalización Lingüística ...
08/09/2026

📢 Escribiches a túa tese, o TFG ou o TFM en galego?
Pois hai axuda económica para ti.

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca axudas para estudantado que redactara e defendera o seu traballo académico en lingua galega.

▸ Ata 600 € para teses de doutoramento
▸ Ata 150 € para TFG e TFM

📋 Requisitos básicos:
▸ Redactado e defendido integramente en galego
▸ Cualificación mínima de 8 no caso de TFG e TFM

Consulta as bases completas e solicita a axuda
🔗 https://www.uvigo.gal/campus/lingua/dinamizacion

Universidade de Vigo

04/09/2026

💙 Esta semana foi para dar a benvida.

As novas alumnas e alumnos da Universidade de Vigo xa comezaron a descubrir todo o que a UVigo lles ofrece. Entre eses primeiros encontros tamén estivo a Área de Normalización Lingüística.

Ao longo do curso acompañarémoste con cursos de galego, recursos lingüísticos, premios literarios, campañas e moitas actividades para vivir a universidade… tamén en galego.

Benvidas e benvidos á UVigo! 🍂

Dirección

Campus Universitario De Vigo
Vigo
36310

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo:

Atajos

Compartir

Categoría