30/09/2026
Queres saber máis sobre as adaptacións para as probas de certificación? Queres obter máis información sobre os requisitos, o procedemento de solicitude e como se desenvolve o proceso?
Achégate entón á Aula Polivalente o próximo luns 5 de outubro ás 19:45 ou o próximo martes 6 de outubro ás 11:30 para resolver as túas dúbidas!
As sesións están abertas a toda a comunidade educativa e, máis especialmente, ao alumnado de nova incorporación ou que quere solicitar unha revisión da súa adaptación!
Lembra que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 16 de outubro para as adaptacións externas e ata o 6 de novembro para as adaptacións internas! Non te despistes!