14/08/2026
Abrimos proceso de selección co apoio do programa para o Fomento de Emprego para entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.
🗓️ Recepción de CV ata o 30 de agosto.
Para ver a oferta visita a web asociacionsenrede.org
https://asociacions.vigo.org/associations/0/files/1397.pdf
09/07/2026
Onte, 8 de xullo, vivimos un inesquecible día de verán na Illa de San Simón! 🚢✨ Aprendimos un pouquiño sobre a súa historia e patrimonio na mellor compañía, entre ritmos tradicionais galegos e escoceses, xogos e bailes, grazas a Galicia Fiddle e ao seu fantástico curso de verán San Simón Fiddle. 🎶🎻
Esta maravillosa xornada foi posible grazas ao financiamento da Deputación Pontevedra dentro do seu programa +Convivencia. ¡Moitas grazas por facelo posible! 🙌🌸
23/06/2026
Son das Flores na programación da NOITE BRANCA da Rede de Museos de Vigo✨🌸
O vindeiro venres 26 de xullo, nos Xardíns do Pazo Quiñones de León (Castrelos) e baixo o solpor de Vigo, ofreceremos un concerto que é moito máis que música: é unha metáfora viva da nosa cidade. 🎶🎻
Así como os xardíns do Pazo acollen camelias orientais e roseirais europeos que botaron raíces na nosa terra, a nosa agrupación (nada no barrio de Teis) reúne a nenas, nenos e adolescentes de ata 18 nacionalidades diferentes.
Da man da nosa orquestra e coro, viaxaremos por cancións do mundo en diferentes idiomas, amosando que todas as raíces, veñan de onde veñan, poden crear unha melodía común de unión e esperanza.
Imvitámosvos a vivir este concerto único nun marco inesquecible!
📅 Venres, 26 de xullo
📍 Xardíns do Pazo Quiñones de León (Castrelos)
🕗 Hora: 20:00 h
PatrimonioVigo Diversidade
11/06/2026
🌸🎻 Emociónanos compartir que os fondos recadados na VII FESTIVAL SOLIFESTI "Alumeando camiños", se destinarán ao Banco de Alimentos de Meis e a apoiar a nosa orquestra, Son das Flores! 🥰🎶
Solifesti é un festival organizado polo CPI Mosteiro-Meis, coa participación de toda a comunidade escolar.
O voso apoio axúdanos a seguir construíndo este fermoso soño de transformación por medio da música.
A partir das 17:00, agardámosvos en Meis para desfrutar, bailar e, sobre todo, colaborar. Invitámosvos a vir e encher a praza! ✨
📍Praza de España, O Mosteiro, Meis (Pontevedra).
📅 Venres, 12 de xuño.
🕔 A partir das 17:00 h.
28/05/2026
Hoxe queremos facer unha mención moi especial ao noso contador de historias
Porque escoitarte foi unha auténtica marabilla, desas que emocionan e quedan no corazón.
Graciñas polo cariño e entrega que lle puxeches a cada palabra, por aloumiñar a Orquestra dunha maneira tan sincera e por facelo todo tan bonito.
A túa voz fixo que a historia cobrase vida.Grazas grazas e grazas!!
28/05/2026
Todos os días celebramos cada concerto de Son das Flores , pero hoxe foi un día especialmente pleno e emocionante.
Ver como o traballo feito con tanto amor en SDF pode ser compartido e visualizado por outros centros fai que o corazón non poida sentirse máis cheo. É desas veces nas que todo cobra sentido.
Grazas inmensas ao Concello de Vigo e á Concellería de Educación, especialmente á concelleira Olga Alonso, por confiar neste proxecto e pensar que merecía a pena achegalo a outros coles. Grazas tamén a Pedro Vázquez pola súa organización, pola súa dedicación e polo cariño posto en cada detalle.
Estamos felices, profundamente emocionados polos nenos e nenas da Orquestra, porque o saber ESTAR tamén é saber SER… e hoxe estiveron de 10.
E esta última foto fala por si soa: mestres e mestras orgullosos, orgullosas, unidos polo amor e pola ilusión de facer que este proxecto funcione. Porque cando un equipo traballa desde o corazón, todo roda de marabilla!!!!!
23/05/2026
A Festiña das Flores foi unha tarde para compartir, g***r e sentirnos barrio.
Grazas a todas as persoas que fixeron e seguen facendo posible esta festa tan especial !!!!
20/05/2026
Convidámosvos a compartir e desfrutar connosco da xa tradicional Festiña das Flores, unha festa da veciñanza, as entidades sociais e o comercio local de Teis, con música, xogos populares e máis sorpresas.
📅 22 de maio
🕠 17:30 h Actuación Son das Flores
📍 Festiña das Flores (Parque do Barrio das Flores, Teis)
21/04/2026
🎶📖 Este xoves 23 de abril celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial coa actuación do Coro e Grupo Instrumental Son das Flores dentro da programación cultural do Concello de Vigo.
Abriremos o acto que consistirá nunha lectura pública pola cidadanía viguesa de textos literarios.
Agardámosvos para celebrar o pracer de ler e escoitar.
🗓 Xoves, 23 de abril
🕠 17:30 h
📍 Praza de Compostela, Vigo
Non faltes a esta cita coa cultura! ✨