30/10/2020
🤓É curioso como aprendemos inglés como afastades da realidade, como se o inglés fose unha cousa abstracta, doutro planeta. Claro, logo pasa que cando queremos dicir cousas reais, pedir unha bóla de pan, falar da nosa realidade, da nosa sociedade, cústanos un mundo. Porque non relacionamos o inglés que aprendemos coa nosa situación, co que nos rodea. Sempre que fago estes vocabularios, intento achegarme a feitos reais. Uso o inglés coma canle para falar do noso, afástome do mundo dos libros de texto, das personaxes que alí había coas que me costaba un mundo sentirme identificada. Ogallá eu puidese democratizar o inglés e achergarllo a todes. Fago o que podo.🤓
➡️Mentres tanto, compártovos este novo post, onde se fala de algo moi serio e moi real: os desafiuzamentos. 👩🏻🏫Espero que vos sexa moi útil!!!⬅️