Casa Niño Recuncho Máxico

Casa Niño Recuncho Máxico 📍 Verea, Ourense
👩‍🏫 Tamara Alonso Otero
🎓 Educadora Infantil
🎒 Escola rural (0-3 anos)

Feliz primeiro aniversario, Leyre 1️⃣🎂❤️Hoxe felicitamos a pequena do niño, Leyre, cumple hoxe un ano e ainda que estamo...
30/08/2026

Feliz primeiro aniversario, Leyre 1️⃣🎂❤️

Hoxe felicitamos a pequena do niño, Leyre, cumple hoxe un ano e ainda que estamos de vacacións non queríamos perder a oportunidade de facelo. Aproveitamos para celebralo con ela antes das vacacións para poder soplar a súa primeira veliña xuntos antes das despedidas. 🥹

Feliz primeiro aniño de vida ao noso carón!! 🎂🎉🎈

Non sabes a sorte que temos de verte medrar cada día, sempre cun sorriso e enchendo a casa niño de alegría e cariño.
Pouco a pouco imos descubrindo os teus pequenos grandes logros, como eses primeiros pasiños que nos emocionaron tanto. 👣

O noso cariño sempre te vai acompañar, sigue medrando e sorrindo sempre da nosa man, quéremoste moitisimo ❤️

Fin de curso e graduación 🎉🎓👨🏽‍🎓👨🏼‍🎓👨🏻‍🎓Onte celebramos a nosa festa de fin de curso e a graduación de tres dos nosos pe...
15/08/2026

Fin de curso e graduación 🎉🎓👨🏽‍🎓👨🏼‍🎓👨🏻‍🎓

Onte celebramos a nosa festa de fin de curso e a graduación de tres dos nosos peques que pechan unha etapa moi especial na casa niño. 🥹❤️

Un curso cheo de xogos, aprendizaxes, descubrimentos, risas e momentos que quedarán para sempre no noso corazón.

Para os graduados comeza agora unha nova aventura no cole de maiores, mentres outros dos nosos peques continúan medrando e creando novos recordos xuntos en compañía de novas amizades que comezarán o próximo curso.

Grazas tamén ás familias por acompañarnos e formar parte deste camiño, sodes marabillosas ❤️

Pechar unha etapa, abrir a porta a novas aventuras e seguir tendo a sorte de velos medrar... Que marabilla compartir con eles este camiño! 🥹🎓❤️

FELICES VACACIÓNS E FELIZ VERÁN, FAMILIAS ❤️

/26 /26

Xeados caseiros! 🍦🍌🍉🍓Preparamos xeados caseiros con iogur natural e froita fresca: plátano, sandía e fresas. 🍌🍉🍓Os nenos...
13/08/2026

Xeados caseiros! 🍦🍌🍉🍓

Preparamos xeados caseiros con iogur natural e froita fresca: plátano, sandía e fresas. 🍌🍉🍓

Os nenos participaron en todo o proceso: primeiro, coa axuda dos garfos, pisaron a froita que estaba previamente picada; despois engadiron o iogur, mesturaron todo con moito entusiasmo e, por último, encheron os moldes de xeado. 👩‍🍳🍦

Despois dun día no conxelador chegou o momento de degustalos... E podemos dicir que estaban DELICIOSOS! 😋😋

Con esta actividade traballamos a autonomía, a motricidade fina e a participación nunha receita sinxela.

BOTELLAS SENSORIAIS DO MAR 🌊🐚🫧🩵Creamos as nosas propias botellas sensoriais do mar para telo pretiño de nós todos os día...
07/08/2026

BOTELLAS SENSORIAIS DO MAR 🌊🐚🫧🩵

Creamos as nosas propias botellas sensoriais do mar para telo pretiño de nós todos os días.

Para incorporar a auga con colorante azul nas nosas botellas fixemos uso das pipetas experimentando con elas e descubrindo como podiamos enchelas. Despois engadimos, coa axuda das cucharas, perlas, boliñas e pequenas caracolas creando diferentes combinacións cheas de formas, movemento e cores, en tonos azuis e brancos.

Unha proposta para experimentar, observar, estimular os sentidos e traballar a motricidade fina.

O resultado da actividade son unhas botellas ideais para axitar, observar e descubrir unha e outra vez 🌊🫧🐚🩵

Cangrexos 🦀❤️Hoxe os nosos cangrexos cobraron vida quedando así de fermosos. Empregando contagotas, fomos deixando caer ...
06/08/2026

Cangrexos 🦀❤️

Hoxe os nosos cangrexos cobraron vida quedando así de fermosos. Empregando contagotas, fomos deixando caer pinguiñas de auga con colorante sobre discos de algodón para encher de cor o corpo dos nosos cangrexos.

Con esta proposta, ademais de experimentar coas cores e observando como o algodón absorbía a auga, traballamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a precisión dos movementos e a concentración.

PlayTray Verán: Exploramos o fondo do mar 🐠🦀🐚🌊Hoxe experimentamos cunha proposta sensorial chea de descubrimentos.Comeza...
03/08/2026

PlayTray Verán: Exploramos o fondo do mar 🐠🦀🐚🌊

Hoxe experimentamos cunha proposta sensorial chea de descubrimentos.

Comezamos empregando as pinzas para pescar os diferentes animais do mar, traballando a coordinación óculo-manual, a motricidade fina, a concentración e a precisión dos movementos.

A curiosidade foi medrando e investigamos tamén coas mans. Os nenos e nenas tocaron, apertaron, romperon e manipularon a xelatina, descubrindo a súa textura, temperatura e consistencia mentres buscaban os animais, as cunchas e as pedras agochadas no fondo mariño.

E como bos exploradores, algúns incluso se atreveron a probar a xelatina, descubrindo tamén o seu sabor.

Unha actividade na que experimentaron favorecendo a exploración sensorial, a imaxinación e a aprendizaxe a través do xogo.

Mesa sensorial de froita 🫐🍋🍊🍇🍉🥝Hoxe desfrutamos dunha deliciosa mesa sensorial de froita, unha actividade que foi todo u...
31/07/2026

Mesa sensorial de froita 🫐🍋🍊🍇🍉🥝

Hoxe desfrutamos dunha deliciosa mesa sensorial de froita, unha actividade que foi todo un éxito! 🤩

Os pequenos exploraron diferentes froitas a través dos seus sentidos: observaron as cores, tocaron distintas texturas, uliron os seus aromas e, por suposto, probaron os seus sabores. Unha experiencia moi enriquecedora que fomenta a curiosidade, a autonomía e unha relación positiva cos alimentos.

Nesta actividade non só traballamos a estimulación sensorial, senón tamén a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a linguaxe (nomeando as froitas e as súas características) e os hábitos de alimentación saudable.

O mellor de todo foi ver como desfrutaban e se ilusionaban aos descubrir as froitas! ❤️

Estrelas de mar ⭐🌊🩵Hoxe pintamos estrelas de mar. Primeiro descubrimos unha silueta feita con cola e sal, e despois, coa...
30/07/2026

Estrelas de mar ⭐🌊🩵

Hoxe pintamos estrelas de mar. Primeiro descubrimos unha silueta feita con cola e sal, e despois, coa axuda dos contagotas, fomos deixando caer pingas de témpera azul e turquesa.

Observamos con moita atención como a pintura se espallaba polo sal, creando un efecto máxico e diferente en cada estrela.

Con esta proposta traballamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a experimentación con diferentes materiais e cores.

O resultado que cada estrela sexa única co toque de cor que lle dan os nosos pequenos artistas. 🩵

Peixes de cores 🐟🌊🩵Para realizar esta actividade cada neno e nena colocou anacos de papel pinocho de diferentes cores so...
29/07/2026

Peixes de cores 🐟🌊🩵

Para realizar esta actividade cada neno e nena colocou anacos de papel pinocho de diferentes cores sobre a silueta dun peixe. Despois, coa axuda dun pincel e un pouco de auga, mollamos o papel e observamos con curiosidade como as cores se ían mesturando.

Ao retirar o papel pinocho... apareceu a maxia, o debuxo quedou tinguido con fermosas manchas de cor.

Con esta proposta traballamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a experimentación coa auga e as cores, e a capacidade de observación.

Cunchas mariñas 🎨🐚🌊Hoxe decoramos as nosas cunchas mariñas utilizando pintura de cores e estampadores practicando a coor...
28/07/2026

Cunchas mariñas 🎨🐚🌊

Hoxe decoramos as nosas cunchas mariñas utilizando pintura de cores e estampadores practicando a coordinación óculo-manual.

Unha vez secas, completamos a actividade pegando pequenos pompóns de cores sobre as cunchas, traballando a motricidade fina, a coordinación e a concentración.

Unha proposta coa que seguimos descubrindo o fondo mariño mentres aprendemos xogando. 🐚🌊

Dirección

Plaza Manuel Nieto Rivero, Carballo. Verea
Verea
32813

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 16:30
Martes 08:30 - 16:30
Miércoles 08:30 - 16:30
Jueves 08:30 - 16:30
Viernes 08:30 - 16:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa Niño Recuncho Máxico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría