Academia de música A Tempo

Academia de música A Tempo Tu Academia de música en Verín (Ourense)📍
Piano🎹 Guitarra🎸

🎶 5ª Audición – Academia A Tempo 🎹O mércores 19 de xuño ás 20:00 h, subiremos ao escenario do Auditorio de Verín para co...
10/06/2025

🎶 5ª Audición – Academia A Tempo 🎹

O mércores 19 de xuño ás 20:00 h, subiremos ao escenario do Auditorio de Verín para compartir coa comunidade parte do traballo musical desenvolvido durante este curso 2024/2025.

Este ano, contamos coa colaboración especial da escola de teatro Kotodama, que porá o seu toque artístico a esta audición tan especial.

📍 Entrada libre ata completar aforo.
👨‍👩‍👧‍👦 Acceso preferente para familiares e persoas convidadas polo alumnado.

🎼 Unha ocasión perfecta para celebrar o talento, o esforzo e a paixón polo que máis nos gusta: a música e a escena.

🎹 5ª Audición A Tempo📅 19 de xuño🕗 20:00 h📍 Auditorio de Verín🎭 Con colaboración especial da escola de teatro Kotodama🎟 ...
10/06/2025

🎹 5ª Audición A Tempo
📅 19 de xuño
🕗 20:00 h
📍 Auditorio de Verín
🎭 Con colaboración especial da escola de teatro Kotodama
🎟 Entrada libre ata completar aforo
👨‍👩‍👧‍👦 Acceso preferente para familias e convidad@s

🎵 Música e escena nunha tarde para lembrar!

🎼 Concerto de Fin de Curso – Academia A Tempo 🎶O vindeiro 13 de xuño ás 20:00 estaremos na Taberna do Couto Mixto, en Ma...
05/06/2025

🎼 Concerto de Fin de Curso – Academia A Tempo 🎶

O vindeiro 13 de xuño ás 20:00 estaremos na Taberna do Couto Mixto, en Mandín (Verín) para celebrar o peche dun curso cheo de música, aprendizaxes e momentos compartidos.

Será unha tarde especial onde o alumnado da nosa Academia compartirá o traballo realizado durante o ano. Un espazo para g***r, emocionar e acompañar.

📍 Entrada de balde ata completar aforo

🎵 Agardámoste con moita ilusión para despedir o curso… a ritmo de concerto!

Organiza: Academia A Tempo
Colabora: Couto Mixto

🎶 A música segue soando este Nadal! 🎄Este luns 23 de decembro, a Coral A Tempo levará o espírito do Nadal a dous lugares...
21/12/2024

🎶 A música segue soando este Nadal! 🎄

Este luns 23 de decembro, a Coral A Tempo levará o espírito do Nadal a dous lugares moi especiais:

🕔 17:00 h - Centro de Día Solleira
🕡 18:30 h - Centro Sociocomunitario

Cantaremos panxoliñas e cancións navideñas para compartir alegría, calor e bos desexos con todos vós.

Non faltedes, agardámosvos para celebrar xuntos este momento máxico! 🎤✨

🎶 A música énchenos de Nadal! 🎄Hoxe levaremos a alegría e o espírito do Nadal a dous lugares moi especiais:🕔 17:00 h - F...
19/12/2024

🎶 A música énchenos de Nadal! 🎄

Hoxe levaremos a alegría e o espírito do Nadal a dous lugares moi especiais:

🕔 17:00 h - Fogar Santa María (Asilo das Monxas)
🏥 18:30 h - Hospital de Verín (entrada)

A Coral A Tempo cantará panxoliñas e cancións do Nadal para compartir ilusión, emoción e bos desexos nestas datas tan sinaladas.

Agardámosvos para vivir xuntas este momento tan máxico! 🎤✨

🎶 A MÚSICA NON PARA 🎶Temos unha derradeira cita este curso no Auditorio de Verín.Anotade nas vosas axendas: Luns 17 de x...
05/06/2024

🎶 A MÚSICA NON PARA 🎶
Temos unha derradeira cita este curso no Auditorio de Verín.
Anotade nas vosas axendas: Luns 17 de xuño ás 20:00 ‼️

🎸ESTÁBAMOS DE PARRANDA⚰️🎶Estamos de resaca emocional este luns post Corredoiro. Foi un tremendo orgullo acompañar neste ...
05/02/2024

🎸ESTÁBAMOS DE PARRANDA⚰️🎶
Estamos de resaca emocional este luns post Corredoiro. Foi un tremendo orgullo acompañar neste pregón que abre o mellor Entroido do mundo.
Aínda que o son se nos rebelou un pouco e os nervios puideron con nós nalgunhas notas, non podo estar máis feliz por esta xentiña que me acompaña neste proxecto que se chama Coral A Tempo.
A por a seguinte!

🖤🕊️Tantas notas musicais perdidas e atopadas...Tantas horas e minutos buscando a harmonía perfecta...Só teño palabras de...
21/12/2023

🖤🕊️
Tantas notas musicais perdidas e atopadas...
Tantas horas e minutos buscando a harmonía perfecta...
Só teño palabras de admiración cara ti. Gracias por estar nestes meses, por ser tan valente e formar parte do mellor cuarteto de acordeóns de todo Verín, por poñer música na Audición da Academia e por a marabillosa canción que interpretaches na Audición de Acordeón (a seguinte será por ti). Grazas por ensinarme tanto sobre como a aprendizaxe e a música trascenden o tempo, o espazo e... a vida.
Hoxe hai un músico máis no ceo. Volveremos a tocar un pasodoble cando nos atopemos!
D.E.P. Adolfo

Seguimos ca matrícula aberta no Coro A Tempo!!Se che gusta cantar, se para ti é unha terapia, se cantas na ducha, se can...
25/10/2023

Seguimos ca matrícula aberta no Coro A Tempo!!
Se che gusta cantar, se para ti é unha terapia, se cantas na ducha, se cantas a pleno pulmón no coche... Este é o teu lugar!
Ven a probar sen compromiso e repetirás, prometido 😌💜

🎵AMPLIAMOS EQUIPA🎸Comeza o curso e non podemos estar máis agradecidas co acollemento que nos brindades curso a curso! E,...
14/09/2023

🎵AMPLIAMOS EQUIPA🎸
Comeza o curso e non podemos estar máis agradecidas co acollemento que nos brindades curso a curso! E, grazas a iso, estamos felices de anunciar que queremos ampliar a nosa familia de Academia A Tempo.
Estamos a procura de un/a docente de guitarra. Valoramos positivamente que teña experiencia na docencia e/ou o Grado Profesional de guitarra no Conservatorio.
Non dubides en mandarnos o teu currículum por email (non recollemos currículums en persoa nin por WhatsApp).

🪗FIN DE CURSO🎸O próximo día 22 de xuño ás 20:00 estades convidadas á gala de fin de curso de Academia A Tempo no Auditor...
15/06/2023

🪗FIN DE CURSO🎸
O próximo día 22 de xuño ás 20:00 estades convidadas á gala de fin de curso de Academia A Tempo no Auditorio de Verín. Será unha velada cargadiña de emocións e moitas sorpresas. A entrada é gratuíta, así que non tes excusa! 🎹

25/05/2023

Dirección

Avenida Luis Espada, 24-26
Verín
32600

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 21:00
Martes 16:00 - 21:00
Miércoles 16:00 - 21:00
Jueves 16:00 - 21:00
Viernes 16:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34614108859

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Academia de música A Tempo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Academia de música A Tempo:

Atajos

Compartir