CPR Andersen Augalonga

CPR Andersen Augalonga O noso proxecto educativo ten como obxectivo axudar a formar persoas autónomas e responsables

O venres puxemos o broche final á semana cun apadriñamento lector para celebrar o Día do Libro 📖🌹
26/04/2026

O venres puxemos o broche final á semana cun apadriñamento lector para celebrar o Día do Libro 📖🌹

Onte vivimos unha xornada moi especial no noso obradoiro de cociña, xa que contamos coa colaboración de Daniel Donato, c...
23/04/2026

Onte vivimos unha xornada moi especial no noso obradoiro de cociña, xa que contamos coa colaboración de Daniel Donato, chef e pai dunha das nosas alumnas de 6ºEP, que veu compartir con nós o seu tempo e a paixón pola súa profesión.

O menú estivo delicioso:
🥩 Entrecot con patacas
🍓 Copa de fresas con iogur

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que, ademais de cociñar, aprendemos e gozamos moito xuntos. Moitísimas grazas, Daniel 👨🏻‍🍳✨ Foi un pracer terte con nós!!

Camisetas e suadoiros deste curso cos deseños creados polo alumnado de 4° de ESO! 👕🎨🌲Deixámosvos o enlace ao formulario ...
21/04/2026

Camisetas e suadoiros deste curso cos deseños creados polo alumnado de 4° de ESO! 👕🎨🌲
Deixámosvos o enlace ao formulario de solicitude nas historias 📝
Pedide a vosa! 🛍️🫰🏻

O alumnado de 4° e 5° EP, inmersos no proxecto Terra, visitaron Santiago de Compostela e tiveron a oportunidade de coñec...
15/04/2026

O alumnado de 4° e 5° EP, inmersos no proxecto Terra, visitaron Santiago de Compostela e tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis a orixe e evolución da cidade ao longo dos séculos, destacando os fitos arquitectónicos, a morfoloxía urbana e os espazos verdes.

Hoxe, a rapazada de 4ºESO pasou un día soleado ☀️ na praia dos Cristianos. 🏖️Despois foron de paseo nun fantástico veler...
14/04/2026

Hoxe, a rapazada de 4ºESO pasou un día soleado ☀️ na praia dos Cristianos. 🏖️
Despois foron de paseo nun fantástico velero ⛵️ onde tiveron a sorte de g***r da presenza de calderones tropicais. 🐳

08/04/2026

XV OLIMPÍADAS ANDERSEN! 🏅
Así foi como rematamos o segundo trimestre, cunhas xornadas cheas de movemento e traballo en equipo! ✊🏽

As Olimpíadas na escola celébranse con moita motivación🌟
Este ano empezaron con máis ilusión ca nunca: o facho orixinal das Olimpíadas de Barcelona 92 realizou un percorrido pola contorna da escola da man do alumnado de cada un dos cursos, dende os maiores ata os máis cativos e cativas, que foron os encargados de recibilo na entrada da escola 🔥

Despois de que cada curso posicionase as súas bandeiras representativas, elaboradas nos días previos, e de escoitar o discurso inaugural, comezaron os IV Xogos Olímpicos do Andersen! 🏅

Que mellor maneira de rematar o trimestre para descansar e coller forzas para o seguinte! 🙌🏻✨

Outro ano mais, participamos na Reconquistiña!⚜️ Vestidos de franceses tomamos o casco vello ao ritmo dos tambores🥁Unha ...
23/03/2026

Outro ano mais, participamos na Reconquistiña!⚜️ Vestidos de franceses tomamos o casco vello ao ritmo dos tambores🥁
Unha experiencia enriquecedora compartida con nenos e nenas doutros colexios de Vigo! 🤍

🗞️ Semana da PrensaEsta semana celebramos a Semana da Prensa explorando un material moi cotián: o xornal! Nas propostas ...
14/03/2026

🗞️ Semana da Prensa

Esta semana celebramos a Semana da Prensa explorando un material moi cotián: o xornal!

Nas propostas deste venres os nenos e nenas tiveron a oportunidade de tocar, rasgar, engurrar, pegar, pintar e crear libremente. A través do xogo e da experimentación transformamos as páxinas de novas en texturas, composicións artísticas e construcións.

Os materiais sinxelos son grandes oportunidades de aprendizaxe!

O noso alumnado de 4ºESO e 6ºEP participou estes días nunha visita ao Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para a...
13/03/2026

O noso alumnado de 4ºESO e 6ºEP participou estes días nunha visita ao Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para asistir á entrega dos NIF das empresas creadas dentro do programa DepoEmprende.
Durante este proxecto educativo, o alumnado crea e xestiona a súa propia cooperativa escolar, deseña e elabora produtos e organiza a súa venda, desenvolvendo habilidades emprendedoras, de traballo en equipo e de responsabilidade.
Un paso máis no seu camiño como pequenos e pequenas emprendedoras! 💼✨

O pasado mércores 4 de marzo o alumnado de 6º de infantil e 1º e 2º de Educación primaria, visitaron o Museo Marco. Alí ...
11/03/2026

O pasado mércores 4 de marzo o alumnado de 6º de infantil e 1º e 2º de Educación primaria, visitaron o Museo Marco. Alí participaron da actividade UN PAÍS ILUSTRADO que é un proxecto expositivo que pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha selección das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos. Analizaron obras pictóricas, como exemplo de como a Editorial Galaxia escolleu determinados detalles de cadros para ilustrar as capas dos seus libros e coleccións.

Con motivo do Día Internacional da Muller, o 9 de marzo, celebrouse no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro unha ...
11/03/2026

Con motivo do Día Internacional da Muller, o 9 de marzo, celebrouse no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro unha actividade educativa dirixida ao alumnado de 2º DE ESO dos centros da cidade de Vigo. O obxectivo deste encontro foi visibilizar e poñer en valor o labor das profesionais da sanidade pública galega, especialmente o realizado polas mulleres da nosa Área Sanitaria de Vigo. Diversas profesionais explicaron ao alumnado en que consiste o seu traballo e que achegas fan ao sistema sanitario.

Dirección

Camiño Escola Andersen, 28
Valladares
36315

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CPR Andersen Augalonga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CPR Andersen Augalonga:

Compartir

Categoría