ANPA Bella Otero

ANPA Bella Otero O Facebook da ANPA Bella Otero nace co obxectivo de servir de canle de comunicación para os pais dos alumnos do IES de Valga. Agardamos a vosa colaboración

08/06/2022
02/05/2022

| 🙅🏼 O acoso escolar é un dos fracasos sociais máis visibeis na nosa sociedade. Porque é un comportamente de abuso entre iguais que non se reduce, mesmo medra, mentres o discurso social di pretender outra cousa, e mentres as cifras formais minten sistematicamente tentando ocultar a realidade.
👉 O fracaso é das adultas que mal educamos ao alumnado maltratador, de calquera que diga "son cousas de nenos", do profesorado que mira para outro lado, das direccións que non abren o protocolo de acoso porque dá moito traballo, de todas as persoas que consideran que é unha conduta temporal nas persoas, de cada quen que pense que é "normal".
😠 Haberá acoso mentres non haxa conciencia de que ninguén debe ser acosada, e mentres manteñamos estas estruturas de poder cheas de preguiza e atraso, por suposto.


Foanpas Vigo Favalmi Federación Provincial De ANPAS Da Coruña Costa da Morte Fanpa Compostela Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" FANPO Fapacel

04/04/2022

⚠️AVISO IMPORTANTE: convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios curso 2022-23⚠️

⚠️O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu o mércores 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.

⚠️É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde nin si vai seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderá pedir para o curso 2022/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderá acceder de novo á solicitude para modificalos).

⚠️Tamén vos recordar que se hai alumnado da ESO que teña intención ou sexa candidato a cursar FP Básica no curso 2022/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

➡️➡️Toda información pode consultarse na páxina do MEC (Ministerio de Educación)⬅️⬅️

2022_23

02/04/2022

🔝Sara Rodríguez e Noa Piñeiro, alumnas de 2º Bacharelato, participan na XIII Olimpíada de Geografía de España🔝

🔝Sara Rodríguez Gómez e Noa Piñeiro Caamaño, alumnas de 2º Bacharelato participan entre o venres 1 e o sábado 2 de abril na fase final estatal da XIII edición da Olimpíada de Xeografía de España, que volve a ser en formato presencial, e que terá lugar en Miraflores de la Sierra (Comunidade de Madrid).

🍀🍀Desexámoslles moita sorte!!!! 🍀🍀e que disfruten desta experiencia xunto a alumnado doutras comunidades españolas.👌

#😷😷

22/03/2022
17/03/2022

👟🚪Xornadas de portas abertas para alumnado 4º ESO dos CPI de Pontecesures e Catoira🚪👟

🚪O mércores 16 e xoves 17 de marzo tivemos dúas xornadas de portas abertas para o alumnado de 4º ESO do CPI de Pontecesures e do CPI Progreso de Catoira.

🚪O alumnado destes dous centros puido coñecer de primeira man as instalacións do noso centro (aulas materia, laboratorios, talleres, Biblioteca,...), así como a oferta educativa de Bacharelato e Ciclos formativos, xunto coas actividades que se levan a cabo.

🚪O departamento de Orientación e a Vicedirección foron os encargados de deseñar e guiar estas visitas, que ademais contaron coa colaboración de alumnado de 1º e 2º Bacharelato.

#😷😷

16/03/2022

🔎👩‍🎓 Concurso as mulleres filósofas👩‍🎓🔎
🔎👩‍🎓O departamento de Filosofía convocou, un ano máis, o concurso "As Mulleres Filósofas", coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" e coa exposición "As mulleres filósofas" que se pode ollar na Biblbioteca.

🔎👩‍🎓En palabras do profesor responsable do concurso, Víctor González Zúñiga: "As mulleres filósofas son reclamadas en outras prazas e despídense do IES de Valga por este ano. A estancia foilles ben grata, segundo din. Non podía ser doutro xeito, claro está. O xoves 17 recollen, por iso, este mércores, pasánronse polas aulas de filosofía animando á participación no concurso que elas mesmas convocan. 1º de bacharelato e 4º da ESO festexaron. Na foto o alumnado en pleno proceso de investigación, xunto co alumno de 4º, Xavier Fontán, co agasallo gañador. Saúde, filósofas. Bo camiño. Botarémolas de menos"

👏🏼👏🏼Parabéns a Xavier Fontán, o gañador.

#😷😷

Dirección

Baño S/n
Valga
36645

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA Bella Otero publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPA Bella Otero:

Atajos

Compartir