IES Plurilingüe de Valga

IES Plurilingüe de Valga Instituto de Ensino Secundario de Valga (Galiza)
ESO, Bacharelato, FP Dual, CM de Soldadura e Caldei

Volvémolo facer! 🏆Por segundo ano consecutivo, o proxecto do noso centro foi recoñecido como un dos 40 máis innovadores ...
16/07/2026

Volvémolo facer! 🏆

Por segundo ano consecutivo, o proxecto do noso centro foi recoñecido como un dos 40 máis innovadores de España por Caixabank Dualiza. E decímolo cun orgullo inmenso: o de ser o único centro educativo en toda Galicia en recibir este galardón.

Gracias a CaixaBank Dualiza por confiar no noso proxecto. Seguimos traballando e apostando por unha Formación Profesional de calidade, conectada coa contorna e co futuro laboral. 🚀

☀️📚 Agora si, toca descansar!Desfrutade das vacacións, recargade pilas e aproveitade cada momento 🤎
23/06/2026

☀️📚 Agora si, toca descansar!

Desfrutade das vacacións, recargade pilas e aproveitade cada momento 🤎

23/06/2026

🎓✨ O último capítulo

Remata a etapa de 2º de Bacharelato, pero quedan os recordos, as amizades e todos os momentos que fixeron destes anos algo especial.

Grazas por formar parte da historia do IES de Valga. Moita sorte nesta nova etapa e que nunca perdades as ganas de seguir aprendendo e medrando 💚

🎓✨ Unha tarde para lembrar ✨🎓⁣⁣O pasado 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, o Auditorio Municipal de Valga acolleu a graduación do alumnado de 𝟮...
23/06/2026

🎓✨ Unha tarde para lembrar ✨🎓⁣

O pasado 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, o Auditorio Municipal de Valga acolleu a graduación do alumnado de 𝟮º 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗰𝗵𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮𝘁𝗼, unha celebración chea de emocións, recordos e moitas ganas de futuro 💚⁣

O acto, presentado por 𝗔𝗶𝗻𝗵𝗼𝗮 𝗦𝗼𝗯𝗿𝗶𝗻𝗼 e 𝗗𝗮𝘃𝗶𝗱 𝗕𝗮ñ𝗼́𝗻, estivo marcado polos momentos compartidos, as lembranzas destes anos e a ilusión por todo o que está por vir 👏✨⁣

Un dos momentos máis especiais foi a entrega dos diplomas ao alumnado graduado, un pequeno símbolo de todo o esforzo, as horas de traballo e a constancia que os trouxeron ata aquí 📚🎓⁣

Durante a cerimonia tamén se recoñeceu o excelente rendemento académico de J𝗲𝘀𝘂́𝘀 𝗟𝗮𝗳𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, distinguido co 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗔́𝗻𝗴𝗲𝗹 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗮𝗰𝗲𝗱𝗼 na modalidade de Ciencias, e de 𝗠𝗮𝗿𝘁í𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼, na rama de Humanidades e Ciencias Sociais 🏆✨⁣

Nos seus discursos, os estudantes lembraron que, máis alá das notas e dos exames, o que realmente levan consigo son as amizades, as experiencias compartidas e todos eses momentos que fan especial a etapa vivida no instituto 💭😊⁣

Foi un pracer vervos medrar e acompañarvos durante estes anos. Agora comezan novos camiños, novos retos e novas oportunidades. Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa e que nunca deixedes de apostar por aquilo que vos ilusiona e vos fai felices 🚀💚⁣

🌿🌸 Fai da túa paixón pola natureza unha profesión.Na familia de Agroxardinaría e Composicións Florais aprenderás a crear...
22/06/2026

🌿🌸 Fai da túa paixón pola natureza unha profesión.

Na familia de Agroxardinaría e Composicións Florais aprenderás a crear, coidar e transformar espazos verdes, combinando técnica, creatividade e respecto polo medio ambiente 🌱✨

📍 IES Plurilingüe de Valga
AprenderFacendo

⚙️🔧 Constrúe o teu futuro coa familia de Instalacións e Mantemento.Formación práctica, profesorado especializado e apren...
22/06/2026

⚙️🔧 Constrúe o teu futuro coa familia de Instalacións e Mantemento.

Formación práctica, profesorado especializado e aprendizaxe en contornas reais para prepararte para un sector con grandes oportunidades laborais 💼✨

📍 IES Plurilingüe de Valga

🎓✨ Unha nova etapa comeza⁣⁣O pasado 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, o Auditorio Municipal de Valga acolleu a graduación do alumnado dos cicl...
22/06/2026

🎓✨ Unha nova etapa comeza⁣

O pasado 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, o Auditorio Municipal de Valga acolleu a graduación do alumnado dos ciclos de 𝗚𝗿𝗮𝗼 𝗕𝗮́𝘀𝗶𝗰𝗼, 𝗚𝗿𝗮𝗼 𝗠𝗲𝗱𝗶𝗼 𝗲 𝗚𝗿𝗮𝗼 𝗦𝘂𝗽𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 das familias profesionais de 𝗔𝗴𝗿𝗼𝘅𝗮𝗿𝗱𝗶𝗻𝗮𝗿í𝗮 𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗙𝗹𝗼𝗿𝗮𝗶𝘀, 𝗙𝗮𝗯𝗿𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗠𝗲𝗰𝗮́𝗻𝗶𝗰𝗮 𝗲 𝗜𝗻𝘀𝘁𝗮𝗹𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲 𝗠𝗮𝗻𝘁𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 🌿🔧⚙️⁣

O acto estivo conducido por 𝗦𝗮𝗿𝗮𝘆, que ademais nos regalou unhas fermosas palabras en representación do alumnado. Tamén interviñeron 𝗠𝗮𝗿𝘁í𝗻, 𝗖𝗮𝗿𝗹𝗮 e 𝗔𝗻𝘅𝗼, compartindo recordos, aprendizaxes e vivencias que marcaron esta etapa tan especial 💚⁣

A cerimonia contou tamén cun momento moi especial grazas á actuación ao piano de Carla Herrero, que puxo a nota musical a unha tarde chea de emocións 🎹✨

Foron anos de esforzo, de retos superados, de horas de taller, prácticas, proxectos e compañeirismo. Pero tamén de amizades, experiencias e momentos que seguro levarán sempre con eles.⁣

Agora chega o momento de emprender novos camiños, xa sexa incorporándose ao mundo laboral ou continuando a súa formación. Estamos convencidos de que levan consigo moito máis que uns estudos: levan habilidades, valores e experiencias que os acompañarán no futuro ✨⁣

Foi un auténtico pracer compartir estes anos con vós, vervos medrar tanto a nivel profesional como persoal e formar parte dunha pequena parte da vosa historia. Moita sorte nesta nova etapa! 💚🎓⁣

🎓💚 Unha despedida á altura⁣⁣O pasado 19 de xuño celebramos no instituto a graduación do alumnado de 4º da ESO, unha tard...
21/06/2026

🎓💚 Unha despedida á altura⁣

O pasado 19 de xuño celebramos no instituto a graduación do alumnado de 4º da ESO, unha tarde chea de emocións, recordos e moitos sorrisos ✨⁣

Da man de 𝗔𝗻𝘁í𝗮 𝗲 𝗝𝗼𝗵𝗮𝗻𝗮, que exerceron de presentadoras, fomos percorrendo algúns dos momentos máis especiais destes anos. Houbo palabras de despedida por parte de 𝗜𝗿𝗮𝘁𝗶, 𝗘𝘇𝗲𝗾𝘂𝗶𝗲𝗹, 𝗥𝗶𝗰𝗮𝗿𝗱𝗼 𝗲 𝗜𝗮𝗻, vídeos elaborados na materia de Música e outras montaxes creadas polo propio alumnado que nos fixeron rir, emocionarnos e mirar atrás por un intre 🎬💭⁣

E, por suposto, non faltou un baile preparado para os seus compañeiros e compañeiras, poñendo o broche final a unha etapa que quedará para sempre na memoria de todos 💃🕺⁣

Agora tócalles emprender novos camiños, pero sempre levarán con eles unha parte destes corredores, destas aulas e das persoas coas que compartiron tantos momentos.⁣

Grazas por estes anos. Foi un pracer vervos medrar e formar parte da vosa historia. 💚✨⁣

Dirección

Valga
36645

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 22:00
Martes 08:30 - 22:00
Miércoles 08:30 - 22:00
Jueves 08:30 - 22:00
Viernes 08:30 - 22:00

Teléfono

+34886151980

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Plurilingüe de Valga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría