ANPA Beiramar do CPI ATIOS

ANPA Beiramar do CPI ATIOS A ANPA BEIRAMAR é unha asociación integrada por pais e nais do alumnado do CPI ATIOS de VALDOVIÑO

19/05/2026

🤳🏻O programa municipal de prevención do risco dixital dirixido a familias "Medrando entre pantallas" continuará a próxima semana cun novo obradoiro. Será o xoves 21 de maio, no auditorio da casa da cultura, ás 16:30 horas. 👉🏻Na sesión abordaranse pautas para un uso responsable e seguro de Internet fomentando hábitos saudables, autocontrol e responsabilidade no uso dos dispositivos dixitais. 👨‍👩‍👧‍👦Ademais, a concelleira de Servizos Sociais, Tamara Sabín, avanzaba que o Concello volverá poñer a disposición das familias un servizo de conciliación para facilitar a asistencia daqueles pais e nais con fillos e fillas menores, e como novidade e a demanda, un servizo de intérprete de lingua de signos. 😉A participación no programa é de balde, con reserva previa de praza. Se aínda non o fixestes, podedes realizar o trámite presencialmente no departamento municipal de Servizos Sociais -✍🏻 planta baixa da casa consistorial-; no 📞 981 48 70 41 ext. 5 ou 📧[email protected].

🫱🏻‍🫲🏼O proxecto conta co apoio da ANPA Beiramar do CPI Atios e o financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
-
-
ANPA Beiramar do CPI ATIOS

19/05/2026
Dende o Concello de Valdoviño , compartimos convosco o programa “Medrando entre pantallas”, dirixido a familias con fill...
04/05/2026

Dende o Concello de Valdoviño , compartimos convosco o programa “Medrando entre pantallas”, dirixido a familias con fillos/fillas de todas as idades.
É unha boa oportunidade para aprender a acompañar aos nenos e nenas no uso das pantallas, establecer límites saudables, comprender os posibles prexuízos dun uso sen supervisión da tecnoloxía e avanzar cara a un acordo entre familias sobre a idade de acceso aos teléfonos móbiles, na liña doutras iniciativas que xa se están a desenvolver noutros lugares.
Haberá tamén unha sesión específica sobre aplicacións de control parental, moi útil para mellorar a supervisión e o acompañamento no uso dos dispositivos.
Animámosvos a participar, xa que o acompañamento familiar é clave para un uso responsable e equilibrado das pantallas mentres medran 📱✨

Podedes inscribirvos nos Servizos Sociais:presencialmente na planta baixa da casaconsistorial; no ( 981 48 70 41 extensi...
22/04/2026

Podedes inscribirvos nos Servizos Sociais:
presencialmente na planta baixa da casa
consistorial; no ( 981 48 70 41 extensión 5 ou
[email protected]

📣👨‍👧‍👦Atención familias! 🗓Cambiamos data do primeiro taller do programa "Medrando entre pantallas", e trasladámolo para o 7 de maio. De igual modo, ampliamos prazo de inscrición para anotarvos na que será a primeira acción do proxecto de prevención do risco dixital que desenvolverá o Concello de nas próximas semanas, co financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 🤳Con el, buscamos contribuír a un uso responsable e seguro de Internet, concienciar sobre o impacto das tecnoloxías no desenvolvemento e na saúde emocional e física, ou fomentar hábitos saudables, autocontrol e responsabilidade no uso dos dispositivos dixitais.

👉Podedes inscribirvos nos Servizos Sociais: ✍️presencialmente na planta baixa da casa consistorial; no 📞 981 48 70 41 extensión 5 ou 📧[email protected]

21/02/2026

Queridas familias,

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola vosa participación na comparsa. Grazas polo voso entusiasmo, colaboración e implicación, conseguimos crear un ambiente cheo de alegría, cor e ilusión.

A vosa axuda e apoio foron fundamentais para que todo saíse tan ben. Sen dúbida, o éxito desta comparsa débese en gran parte ao compromiso e ao esforzo de cada unha das familias.

Moitas grazas por formar parte desta experiencia tan especial .

Convidámosvos a participar nunha reunión clave para o futuro educativo da nosa comunidade. O obxetivo é unir forzas para...
06/02/2026

Convidámosvos a participar nunha reunión clave para o futuro educativo da nosa comunidade. O obxetivo é unir forzas para solicitar formalmente a creación dun instituto garantindo que os nos fillos e fillas poidan estudar sen desprazamentos innecesarios.
XOVES 12 FEBREIRO
HORA: 19.30
LUGAR: COMEDOR DO CENTRO

XORNADA PORTAS ABERTAS , MARTES 24 FEBREIRO ÁS 17:00H.CITA PREVIA : 881938107cpi.atios@edu.xunta.gal
19/01/2026

XORNADA PORTAS ABERTAS , MARTES 24 FEBREIRO ÁS 17:00H.
CITA PREVIA : 881938107
[email protected]

Bo día e Feliz ano,Como Anpa queremos expresar a nosa preocupación polo uso cada vez máis frecuente de teléfonos móbiles...
03/01/2026

Bo día e Feliz ano,

Como Anpa queremos expresar a nosa preocupación polo uso cada vez máis frecuente de teléfonos móbiles por parte do alumnado.

Cremos que o seu uso sen unha regulación clara pode ter efectos negativos no desenvolvemento académico, social e emocional do alumnado.

Principais motivos de preocupación:

📱 Distracción na aula e diminución da capacidade de atención e do rendemento académico.

🧠 Impacto na saúde emocional, aumento da ansiedade e dependencia dixital.

👥 Dificultades na convivencia, como conflitos, ciberacoso ou uso inadecuado das redes sociais.

🗣️ Redución da interacción social directa durante os descansos e os períodos de descanso.

🔒 Problemas de privacidade e uso de imaxes sen consentimento.

Pacto de familias · Familias y profesionales por un uso responsable, regulado y seguro de las tecnologías en los más jóvenes

20/12/2025

Concurso de deseño do logo.
Como sabedes, o ano pasado pedimos ao alumnado que participase enviando un debuxo para o deseño do logo da ANPA.
Queremos agradecer sinceramente a todos os participantes a súa creatividade, esforzo e participación.
A entrega de premios tivo lugar onte durante o festival de Nadal.
Publicaremos os tres debuxos finalistas e,
en canto sexa posible, faremos unha publicación especial con todos os debuxos enviados,
xa que todos son marabillosos ❤️.
Grazas de novo polo voso entusiasmo e compromiso.

Dirección

Avenida De San Sadurniño N°19
Valdoviño
15552

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA Beiramar do CPI ATIOS publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPA Beiramar do CPI ATIOS:

Atajos

Compartir

Categoría