Anpa A Rabadela

Anpa A Rabadela Asociación das nais e dos pais do alumnado do colexio de Calo, en Teo

Asociación de nais e pais do alumnado do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Calo, no concello coruñés de TEO

🫟👨‍🎨 Esta fin de semana varias familias da Anpa estivemos a pintar distintos xogos populares no patio cuberto do cole pa...
07/07/2026

🫟👨‍🎨 Esta fin de semana varias familias da Anpa estivemos a pintar distintos xogos populares no patio cuberto do cole para facelo máis divertido e inclusivo. Con esta iniciativa pretendemos que a cativada poida g***r de novas opcións de lecer nos recreos como a mariola, o twister, ciruítos, tres en raia etc.

🤝Este proxecto non sería posible sen a colaboración da ANPA Río Tella do CEIP A Ramallosa, que nos cedeu a pintura e nos prestou as plantillas necesarias para levar a cabo o traballo. Compartir recursos e experiencias entre ANPAS é unha excelente maneira de facer realidade iniciativas que benefician a toda a comunidade educativa.

🤼Agardamos que o alumnado desfrute moito destes novos espazos de xogo, que fomentan o movemento, a cooperación, a creatividade e a convivencia e aproveitamos para desexarvos que teñades un bo verán! 🌞🪭 ☀️

ℹ️ Info importante!📢Hoxe mércores, día 1 de xullo, comeza o prazo de inscrición para o DIVERTEO de setembro que estará a...
30/06/2026

ℹ️ Info importante!

📢Hoxe mércores, día 1 de xullo, comeza o prazo de inscrición para o DIVERTEO de setembro que estará aberto ata o 13.

Tedes máis información e a ficha de inscrición na seguinte ligazón 👇

DIVERTEO SETEMBRO 2026PARTICIPANTES:Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición. HORARIO:Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 h...

🏫🎂O pasado 15 de maio celebrouse a festa do 50º aniversario do noso cole, á que estaba convidada toda a comunidade educa...
21/05/2026

🏫🎂O pasado 15 de maio celebrouse a festa do 50º aniversario do noso cole, á que estaba convidada toda a comunidade educativa.

🤪🎼Foi un día cheo de risas e diversión, de música e compañeirismo. A cativada disfrutou de inchables, xogos tradicionais, merenda, actividades lúdicas como a creación de chapas e, para cerrar a xornada, dunha festa holi!!! 🫟

🤝👣Agardamos que fora un día inesquecible para todas e todos e agradecemos a todas as institucións e entidades que colaboraron, xunto coa ANPA, na organización desta festa: o centro, o Concello de Teo e os establecementos comerciais e de restauración colaboradores: , , Despensa de Luou, Ferma, San Martiño Calo Teo, Touceda, Maria Cafe Bar, O Pintor, , Luou Teo, e o café bar da Recreativa San Xoán de Calo

🥰Grazas tamén ás familias sociais por facer posible estas e outras actividades ao longo do curso escolar para goce de todo o alumnado!

📆Lembrade a data!🏫 Este venres día 15 a partir das 4 da tarde FESTA de aniversario do CEIP A Igrexa de Calo.🎂🎉 50 anos n...
13/05/2026

📆Lembrade a data!

🏫 Este venres día 15 a partir das 4 da tarde FESTA de aniversario do CEIP A Igrexa de Calo.

🎂🎉 50 anos non se cumpren todos os días, así que xa pola mañá a celebración será para o alumnado e pola tarde será aberta a toda a comunidade educativa, familias e ex alumnado.

🤹🏽‍♀️🎼🛝🥧🫟 Haberá inchables, obradoiros, xogos tradicionais, música, merenda e unha festa HOLI! Lembrade traer unha muda para cambiarvos despois de tanto pó de cores.

🎊 A ANPA e o Concello de Teo colaboran na organización e financiamento das actividades e convidan a todas as familias a achegarse para celebrar xuntas esta data.

🥪🍩Actualizamos a listaxe de establecementos colaboradores para a merenda: , , A Despensa de Luou, Panadería Ferma, Restaurante San Martiño Calo Teo, Casa Touceda, Tia Maria Cafe Bar, Bar o pintor, , Chaves Luou Teo, e o café bar da Sociedade Recreativa San Xoan de Calo

🏫 O noso colexio cumpre 50 anos neste 2026! 🎂🎉 E para celebralo estase a organizar unha festa de aniversario no centro o...
08/05/2026

🏫 O noso colexio cumpre 50 anos neste 2026!

🎂🎉 E para celebralo estase a organizar unha festa de aniversario no centro o vindeiro venres día 15. Pola mañá a celebración será só para o alumnado e pola tarde a partir das 16h abriranse as portas para toda a comunidade educativa.

🤹🏽‍♀️🎼🛝🥧🫟 Haberá inchables, obradoiros, xogos tradicionais, música, merenda e unha festa HOLI!

🎊 A ANPA colabora na organización desta festa sufragando algunha das actividades e convida a todas as familias, alumnado e ex-alumnado a achegarse para celebrar xuntos este medio século de vida. Agardamos que sexa un día de moitos recordos compartidos tanto pasados coma futuros!

🥪🍩Nos próximos días iremos actualizando a listaxe de establecementos colaboradores.

👋🏻Boa noite familias!🔉Informamos que está aberto o prazo de inscrición para o DIVERTEO VERÁN 2026 ⏰As inscricións poderá...
04/05/2026

👋🏻Boa noite familias!

🔉Informamos que está aberto o prazo de inscrición para o DIVERTEO VERÁN 2026

⏰As inscricións poderán facerse desde hoxe LUNS 4 de MAIO e segundo a quenda terán un prazo límite para anotarse.

👇🏻 Máis información na web do Concello:
https://teo.gal/gl/tramites/convocatoria/diverteo-veran-2026

Plan familiar para este sábado ao carón do noso cole a cargo da Asociación Arteneo.
29/04/2026

Plan familiar para este sábado ao carón do noso cole a cargo da Asociación Arteneo.

Boa tarde de sábado!Informamos dunha actividade organizada polo Concello a vindeira semana sobre a xestión de conflitos ...
25/04/2026

Boa tarde de sábado!

Informamos dunha actividade organizada polo Concello a vindeira semana sobre a xestión de conflitos no ámbito familiar dirixida a pais e nais con fillos/as en infantil, primaria e secundaria.

📅 Mércores 29 de abril

⌚ 18:00 h

🏫 Auditorio da Ramallosa

Máis información na páxina web do Concello de Teo.

Lembrade! Este xoves no comedor do Colexio de Calo ás 18 horas:Charla sobre sistemas de retención infantilTodo o que pre...
13/04/2026

Lembrade!

Este xoves no comedor do Colexio de Calo ás 18 horas:

Charla sobre sistemas de retención infantil

Todo o que precisamos saber para escoller as opcións máis seguras, as últimas actualizacións normativas e as mellores opcións de colocación nos nosos vehículos.

Anotádevos na seguinte ligazón, sobre todo se precisades servizo de canguraxe: https://docs.google.com/forms/d/1Pyl1beNoSc0BEobypWW6djslkoQ7-w4Ts1HQ6VMHogM/viewform?pli=1&pli=1&edit_requested=true

Agardámosvos!

⁉️ Dúbidas á hora de mercar Sistemas de Retención Infantil (SRI)? 🚗👨‍🍼🙆‍♀️Altura, peso, contramarcha, isofix, asento mái...
09/04/2026

⁉️ Dúbidas á hora de mercar Sistemas de Retención Infantil (SRI)?

🚗👨‍🍼🙆‍♀️Altura, peso, contramarcha, isofix, asento máis seguro, respaldo, alzador... Son moitas as cuestións que normalmente nos asaltan ás familias sobre seguridade e normativa das nosas crianzas de 0 a 10 anos nos vehículos.

🤯 Para resolver estas cuestións, a Anpa A Rabadela organiza unha charla a cargo de Begoña Besada, EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria aberta a todas as familias interesadas, sexan ou non do CEIP A Igrexa de Calo.

Anota:
📆 Data: Xoves, 16 de abril de 2026
⏱️Hora: 18:00
🏣Lugar: Comedor do CEIP A Igrexa de Calo

Haberá servizo de canguraxe previa solicitude!

Ligazón á inscrición na actividade:
https://docs.google.com/forms/d/1Pyl1beNoSc0BEobypWW6djslkoQ7-w4Ts1HQ6VMHogM/viewform?pli=1&pli=1&edit_requested=true

Agardámosvos!

Dirección

Fixó 14 Calo
Teo
15866

Horario de Apertura

Lunes 09:15 - 14:15
Martes 09:15 - 14:15
Miércoles 09:15 - 14:15
Jueves 09:15 - 14:15
Viernes 09:15 - 14:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Anpa A Rabadela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Anpa A Rabadela:

Atajos

Compartir

Categoría