Anpa Eim Os Tilos

Anpa Eim Os Tilos Comunidade de nais e pais de alumnos da Escola Infantil Municipal Os Tilos, Teo

Estamos de volta! Dámosvos a benvida a esta nova etapa da ANPA da EIM Os Tilos 💚. Arrancamos con moitas ganas, ilusión e...
21/12/2025

Estamos de volta!

Dámosvos a benvida a esta nova etapa da ANPA da EIM Os Tilos 💚. Arrancamos con moitas ganas, ilusión e moito cariño para seguir facendo cousas bonitas polos nosos peques 👶🧒✨.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos da decoración tan chula que prepararon as profes na escola 🎄😍. Grazas de corazón polo seu traballo, pola creatividade e polo mimo que lle poñen a todo ❤️.

Agardamos ir contando con todas as familias pouquiño a pouco, porque entre todas e todos facemos comunidade 🤗🤝.

Antes de que remate este mes, non queremos deixar sen dar as gracias as profes da Escola Infantil Municipal dos Tilos qu...
29/02/2024

Antes de que remate este mes, non queremos deixar sen dar as gracias as profes da Escola Infantil Municipal dos Tilos que nos deixan abraiados polo seu traballo, orixinalidade e constancia. Este ano os rapaces da Escola foron de dálmatas e as profes, como non, de Cruella de Vil. Noraboa!

03/06/2023
Esta semana, e grazas á colaboración do Concello de Teo, as nenas e nenos da Escola puideron desfrutar da función "Xeado...
03/06/2023

Esta semana, e grazas á colaboración do Concello de Teo, as nenas e nenos da Escola puideron desfrutar da función "Xeado de Lúa" de Títeres Cachirulo.

Moitas grazas por vir á nosa escola a facernos pasar un tempo estupendo!

Hoxe tivemos un obradoiro de Estimulación Musical impartido polo Conservatorio Histórico de Santiago.Tivemos a oportunid...
24/04/2023

Hoxe tivemos un obradoiro de Estimulación Musical impartido polo Conservatorio Histórico de Santiago.

Tivemos a oportunidade de escoitar a guitarra, tocar as maracas e bailotear. As nenas, os nenos e as profes pasárono xenial, incluso querían máis festa!!

Pero non vos preocupedes que seguimos argallando actividades interesantes...

E seguimos de festa!!Para celebrar o traballazo que fixeron as mestras da escola, contamos coa visita de Anxo Moure que ...
20/02/2023

E seguimos de festa!!

Para celebrar o traballazo que fixeron as mestras da escola, contamos coa visita de Anxo Moure que amenizou o venres de Entroido.

Pasárono xenial. Moitísimas grazas!

Na nosa escola estamos a celebrar o Entroido 🥳🥳Por iso o Meco está esta semana ordeando os seus mandadiños. Aquí o poded...
15/02/2023

Na nosa escola estamos a celebrar o Entroido 🥳🥳
Por iso o Meco está esta semana ordeando os seus mandadiños.
Aquí o podedes ver. Presentámosvos ao Super Xefazo da Anpa Eim Os Tilos

20/12/2022
Na EIM Os Tilos estamos a celebrar o Nadal!Grazas a Down Compostela pola súa colaboración
15/12/2022

Na EIM Os Tilos estamos a celebrar o Nadal!

Grazas a Down Compostela pola súa colaboración

𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗔𝗦𝗘𝗠𝗕𝗟𝗘𝗔 𝗘𝗫𝗧𝗥𝗔𝗢𝗥𝗗𝗜𝗡𝗔𝗥𝗜𝗔📅 𝗗𝗶́𝗮: Xoves, 3 de novembro de 2022🕗 𝗛𝗼𝗿𝗮: 20:00h en primeira convocatoria e 20:...
24/10/2022

𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗔𝗦𝗘𝗠𝗕𝗟𝗘𝗔 𝗘𝗫𝗧𝗥𝗔𝗢𝗥𝗗𝗜𝗡𝗔𝗥𝗜𝗔

📅 𝗗𝗶́𝗮: Xoves, 3 de novembro de 2022
🕗 𝗛𝗼𝗿𝗮: 20:00h en primeira convocatoria e 20:30h en segunda convocatoria
📍 𝗟𝘂𝗴𝗮𝗿: Casa Común/Biblioteca dos Tilos

✔️𝗢𝗥𝗗𝗘 𝗗𝗢 𝗗𝗜́𝗔:
1. Explicación das actividades realizadas, custe e financiamento das mesmas
2. 𝗥𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗗𝗶𝗿𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗮
3. Rolda de cuestións e intervencións

❗❗ Recordamos a IMPORTANCIA de formar unha nova directiva para representar ás familias do alumnado da escola e servir de nexo entre esta, o Concello e as familias.

🎶 𝙊𝘽𝙍𝘼𝘿𝙊𝙄𝙍𝙊𝙎 𝘿𝙀 𝙀𝙎𝙏𝙄𝙈𝙐𝙇𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙈𝙐𝙎𝙄𝘾𝘼𝙇 🥁Esta semana os nosos peques puideron desfrutar dos dous obradoiros de estimulació...
10/06/2022

🎶 𝙊𝘽𝙍𝘼𝘿𝙊𝙄𝙍𝙊𝙎 𝘿𝙀 𝙀𝙎𝙏𝙄𝙈𝙐𝙇𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙈𝙐𝙎𝙄𝘾𝘼𝙇 🥁

Esta semana os nosos peques puideron desfrutar dos dous obradoiros de estimulación musical organizados pola ANPA. Pasárono p**a!! 🥳
Grazas Escola de Estudos Musicais Allegro.T por levar as vosas "Sementes musicais" á EIM!! E grazas tamén ao Concello de Teo e ao persoal da escola pola vosa colaboración!!

Dirección

Teo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Anpa Eim Os Tilos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Anpa Eim Os Tilos:

Atajos

Compartir

Categoría