CRA Mestra Clara Torres de Tui

CRA Mestra Clara Torres de Tui Contactos:

- Dirección: 886120053
- Orientación: 886120051
- Salas de profesores: 886120052 Desenvolvemos proxectos de innovación ao longo de cada curso.

O CRA MESTRA CLARA TORRES é un centro diferente en canto ao tipo de aulas. As aulas están dispersas polas diferentes parroquias do concello o que fai que o alumnado estea sempre en contacto co contorno natural, social e cultural que está a carón do seu domicilio. As aulas actuales están nas seguintes parroquias:

PEXEGUEIRO, AREAS, RIBADELOURO, GUILLAREI, BALDRÁNS. Tamén estiveron en Maivas, Calde

las, Paramos e Ponte Internacional

Ademáis temos pouco alumnado por aula o que posibilita unha atención individualizada aos diferentes ritmos, estilos de aprendizaxe, intereses, capacidades e motivacións do alumno/a. As familias teñen un papel protagonista na educación dos seus fillos polo que deseñamos actividades colaborativas nas aulas coa participación de mamás, papás, avoas, avós,...

Contamos con mestras ou mestres de apoio para o alumnado que máis o precisa que van itinerando polas diferentes aulas. Temos tamén mestra de AUDICIÓN E LINGUAXE e de PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA para alumnado con dislalias, retrasos madurativos, trastornos do desenvolvemento, dificultades de aprendizaxe, etc. O noso alumnado recibe clases de INGLÉS, MÚSICA, PSICOMOTRICIDADE e RELIXIÓN CATÓLICA OU VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. No mes de maio-xuño realizamos unhas sesións de adaptación co alumnado de novo ingreso á hora do recreo. Contamos con actividades extraescolares que están xestionadas pola ANPA. A ANPA do centro, ANPA TIDE, colabora e subvenciona diferentes actividades complementarias para o alumnado socio. Agora solo resta que vos animedes a matricular aos vosos fillos e fillas neste centro tan especial.

Dirección

R/EStrada/Bornetas, Randufe
Túy
36713

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CRA Mestra Clara Torres de Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CRA Mestra Clara Torres de Tui:

Atajos

Compartir

Categoría