Conservatorio Profesional de Música de Tui

Conservatorio Profesional de Música de Tui Avda Da Concordia, s/n36700 Tui, (Pontevedra)Tel.: 687 24 99 57

Unha noite inesquecible para a música en Tui!O pasado venres 5, o alumnado e o profesorado do Conservatorio Profesional ...
08/06/2026

Unha noite inesquecible para a música en Tui!

O pasado venres 5, o alumnado e o profesorado do Conservatorio Profesional e Elemental de Música de Tui e da Escola de Música Municipal ofreceron no Teatro do Edificio Francisco Sánchez un concerto de fin de curso que nos encheu de orgullo.

A calidade musical, a entrega e a madurez artística que amosaron en cada interpretación reflicten o enorme traballo realizado ao longo de todo o ano. Grazas ao profesorado polo seu compromiso e ao alumnado pola súa ilusión, esforzo e talento!

No mesmo acto tivo lugar tamén a entrega de diplomas ao alumnado que rematou ciclo este curso —4º de Grao Elemental e 6º de Grao Profesional—.
Foron en total 22 estudantes que culminan unha etapa fundamental da súa formación musical e persoal. Parabéns a todas e todos por este logro tan especial!

Seguimos facendo música, seguimos medrando xuntos!!!!

O Conservatorio Profesional/Elemental e Escola de Música Municipal de Tui Escola, participou durante toda a semana no ED...
06/06/2026

O Conservatorio Profesional/Elemental e Escola de Música Municipal de Tui Escola, participou durante toda a semana no EDUCODS 2026, vivindo unhas xornadas cheas de aprendizaxe, emoción e convivencia!

Houbo concertos vibrantes, unha divertida gincana musical e o emocionante concurso “A Pista Musical 2.0”, onde o noso alumnado amosou talento e entusiasmo.

Ademais, contamos coa colaboración da Escola de Danza de Paula Cobián, coa que realizamos actuacións conxuntas cheas de emoción e arte compartida.

Aprendemos moitísimo visitando os stands dos demais centros educativos, descubrindo novas ideas e formas de integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na educación.

Unha semana para lembrar, chea de música, danza e aprendizaxe!

Hoxe, venres 5 de xuño, ás 20:00 h, celebramos o noso Concerto Final de Curso do Conservatorio Profesional e Elemental e...
05/06/2026

Hoxe, venres 5 de xuño, ás 20:00 h, celebramos o noso Concerto Final de Curso do Conservatorio Profesional e Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui no Teatro do Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica).

Será unha tarde chea de música e emoción, cun programa variado no que o noso alumnado amosará todo o traballo realizado ao longo do curso e a súa calidade interpretativa, que de seguro nos fará vibrar e desfrutar.

Animamos a toda a veciñanza a asistir e acompañarnos nesta celebración musical tan especial:
- A retirada de entradas realizarase no hall do teatro a partir das 19:00 h.
- Entrada libre ata completar aforo.

Agardámosvos para compartir unha noite inesquecible de música e talento!

¿Tes entre 8 e 14 anos? A música pode ser para ti!O próximo martes 26 de maio remata o prazo para anotarse ás PROBAS DE ...
23/05/2026

¿Tes entre 8 e 14 anos? A música pode ser para ti!

O próximo martes 26 de maio remata o prazo para anotarse ás PROBAS DE ACCESO a 1º de Grao Elemental, e queremos que todas as familias e nen@s o saiban:

NON é necesario saber nada de música para presentarse.
Trátase dunha proba de aptitude, moi sinxela, que dura arredor de 10 minutos e na que só se valoran habilidades musicais básicas: escoita, ritmo, memoria… Nada máis. E ademais: As probas son TOTALMENTE GRATUITAS no noso centro.

Elixe o instrumento que máis che guste
Os aspirantes poden escoller entre unha ampla variedade de instrumentos:

Clarinete · Frauta travesa · Gaita · Guitarra · Guitarra eléctrica · Oboe · Percusión · Piano · Saxofón · Trombón · Trompa · Trompeta · Tuba · Viola · Violín · Violoncello

Se tes dúbidas, non sabes por cal decidirte ou simplemente queres probar…
👉 Podes achegarte ao conservatorio e experimentar cos instrumentos antes de matricularte.
Encantaríanos acompañarte nesa descuberta.

📅 Datas importantes
Probas de acceso: 8 e 9 de xuño

Período de matrícula para as probas: ata o martes 26 de maio (incluído)

Podes inscribirte:
📍 Presencialmente no centro
📞 Por teléfono: 687 24 99 57
🌐 A través do formulario web:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/558

🎵 Se tes entre 8 e 14 anos, este pode ser o teu momento.
Achégate, proba, pregunta, experimenta…

No Conservatorio Elemental de Música de Tui estaremos encantados de acompañarte nos teus primeiros pasos musicais.

A música está agardando por ti!

Hoxe ás 17:00 h. temos unha cita moi especial na nosa sala de audicións co prerrecital de Roberto Gil Barbosa. É un enor...
22/05/2026

Hoxe ás 17:00 h. temos unha cita moi especial na nosa sala de audicións co prerrecital de Roberto Gil Barbosa. É un enorme orgullo recibir de novo na casa a este exalumno de bombardino, un músico de extraordinaria valía que está a demostrar o seu inmenso talento cunha destacada e brillante traxectoria no Grao Superior.

A entrada é libre ata completar o aforo. Non perdades a oportunidade de g***r do seu gran nivel interpretativo e de darlle todo o noso apoio!

O pasado venres 8 de maio, o alumnado de 4º de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Tui desfrutou ...
11/05/2026

O pasado venres 8 de maio, o alumnado de 4º de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Tui desfrutou dunha enriquecedora excursión ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Foi unha xornada para aprender, descubrir e conectar coa nosa historia e coa nosa identidade cultural!

O noso agradecemento ao Concello de Tui polo seu apoio constante, e moi especialmente á profesora de Historia da Música, Dna. Sofía García, pola excelente organización e polo compromiso que amosa cada día co centro e co noso alumnado.

Unha experiencia que seguiremos lembrando!!

🎶 ¿Tes entre 8 e 14 anos? A música pode ser para ti!No Conservatorio Elemental de Música de Tui abrimos o prazo para ano...
05/05/2026

🎶 ¿Tes entre 8 e 14 anos? A música pode ser para ti!

No Conservatorio Elemental de Música de Tui abrimos o prazo para anotarse ás PROBAS DE ACCESO a 1º de Grao Elemental, e queremos que todas as familias e nen@s o saiban:

NON é necesario saber nada de música para presentarse.
Trátase dunha proba de aptitude, moi sinxela, que dura arredor de 10 minutos e na que só se valoran habilidades musicais básicas: escoita, ritmo, memoria… Nada máis. E ademais: As probas son TOTALMENTE GRATUITAS no noso centro.

🎼 Elixe o instrumento que máis che guste
Os aspirantes poden escoller entre unha ampla variedade de instrumentos:

Clarinete · Frauta travesa · Gaita · Guitarra · Guitarra eléctrica · Oboe · Percusión · Piano · Saxofón · Trombón · Trompa · Trompeta · Tuba · Viola · Violín · Violoncello

Se tes dúbidas, non sabes por cal decidirte ou simplemente queres probar…
👉 Podes achegarte ao conservatorio e experimentar cos instrumentos antes de matricularte.
Encantaríanos acompañarte nesa descuberta.

📅 Datas importantes
Probas de acceso: 8 e 9 de xuño

Período de matrícula para as probas: ata o 26 de maio (incluído)

Podes inscribirte:
📍 Presencialmente no centro
📞 Por teléfono: 687 24 99 57
🌐 A través do formulario web:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/558

🌟 Por que estudar música?
A música axuda aos nenos e nenas a desenvolver:

a creatividade

a concentración

a memoria

a disciplina

a sensibilidade artística

a autoestima

o traballo en equipo

É unha das mellores ferramentas educativas para o seu futuro, tanto persoal como académico.

🎵 Se tes entre 8 e 14 anos, este pode ser o teu momento.
Achégate, proba, pregunta, experimenta…

No Conservatorio Elemental de Música de Tui estaremos encantados de acompañarte nos teus primeiros pasos musicais.

A música está agardando por ti!

O pasado xoves, no concerto Fin de Grao dos alumnos de 6º de Grao Profesional despedíronse con orgullo e fonda emoción c...
05/05/2026

O pasado xoves, no concerto Fin de Grao dos alumnos de 6º de Grao Profesional despedíronse con orgullo e fonda emoción catro alumnos que, ao longo destes anos, fixeron do Conservatorio Profesional de Música de Tui un lugar máis vivo, máis humano e máis musical.

Chegaron ao final Carlos Santamarina Costas (piano), Patricia Dacosta González (guitarra eléctrica), Rubén Ricón Viana (percusión) e Sara Quesado Pérez (clarinete), e con eles culmina unha etapa chea de esforzo, constancia e ilusión. Cada un, desde a súa especialidade, deixou unha pegada fonda nos corredores, nas aulas e nos escenarios do noso centro.

Foron anos de aprendizaxe, de escenarios, de nervios e de aplausos. Anos nos que medraron como músicos, pero tamén como persoas. E iso é, sen dúbida, o maior legado que deixan no noso conservatorio.

Grazas por todo o que nos destes. Grazas por facer deste centro un lugar mellor.
O voso camiño continúa, e estamos seguros de que a música seguirá sendo unha parte esencial da vosa vida, acompañándovos e abríndovos portas.

Aquí quedará sempre a vosa historia, e aquí teredes sempre unha casa!

30/04/2026

Dirección

Avenida Da Concordia S/N
Túy

Horario de Apertura

Lunes 15:00 - 22:00
Martes 15:00 - 22:00
Miércoles 15:00 - 22:00
Jueves 15:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Conservatorio Profesional de Música de Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Conservatorio Profesional de Música de Tui:

Atajos

Compartir

Categoría