Diario dunha unitaria

Diario dunha unitaria Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Diario dunha unitaria, Escuela, Rúa Mestre Lois R. Calvo, s/n, Sillobre.

A través desta páxina pretendemos dar a coñecer o noso día a día na escola unitaria de Sillobre (Fene), coa intención de demostrar que as escolas do rural seguen vivas e teñen un sinfín de posibilidades e oportunidades que ofrecer.

30/08/2022

Reportaxe do noso cole hoxe en Antena 3 😔

Setembro de 2019... Primeiro destino definitivo no CEIP de Sillobre... Escola unitaria, titora dunha aula multigrado con...
22/06/2022

Setembro de 2019... Primeiro destino definitivo no CEIP de Sillobre... Escola unitaria, titora dunha aula multigrado con 10 alumnos de cinco idades distintas e ademais responsable de centro... O que chorei durante o primeiro trimestre dese curso non o sabe ninguén... E ironías da vida, hoxe, 3 anos despois, volvo a chorar, pero por motivos moi distintos... Moitos compañeiros decíanme que ó final acabaría adorando ese cole e que iba chorar moito o día que o pecharan... Tristemente, ese día chegou e non podo máis que darlles a razón a todos os que me decían iso... Porque todo o que chorei hoxe foron bágoas de tristeza, polo peche do cole, por ter que dicirlle adeus ós meus nenos, ás súas familias, a esas catro paredes que se converteron na miña segunda casa durante estes tres cursos...
Sen dúbida esta etapa será inesquecible na miña vida profesional, pero tamén a nivel persoal, porque atopei persoíñas marabillosas que me amosaron o seu cariño, que me alegraron as mañás cas súas risas e ocurrencias, que me fixeron sentir especial cos seus bicos, abrazos, flores, debuxos, mensaxes... No meu corazón sempre terei un oco para todos eles, e para as súas familias, que me facilitaron o traballo dende o primeiro momento e depositaron a súa confianza en min. Gracias por tanto, non me puideron tocar mellores compañeiros de equipo!
Á espera de recibir a notificación oficial do peche do noso cole, solamente me queda desexarlle ó meu equipo de nenos e familias toda a sorte do mundo na nova etapa que van emprender.. E en canto a min, veremos cal será o meu próximo destino. Ata sempre, CEIP de Sillobre ❤️

No cole de Sillobre levamos unha recta final de curso moi movidiña! Ademais de facer varias actividades para conmemorar ...
24/05/2022

No cole de Sillobre levamos unha recta final de curso moi movidiña! Ademais de facer varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas e coñecer un pouco ao homenaxeado deste ano, Florencio Delgado Gurriarán, tamén recibimos a visita de Fran, da Fundación Naturgy, que realizou dous talleres cos nenos e nenas do cole para concienciar sobre a necesidade de reducir a contaminación á que sometemos ao noso planeta e tamén sobre a importancia do aforro da enerxía, facendo un uso responsable da mesma.
E como estamos no mes no que florecen as flores e a primavera brilla en todo o seu esplendor tamén celebramos os maios, a festa das flores, adornando o noso maio e cantando unha cantiga arredor del.
Parar non paramos un segundo... E iso axuda a que o curso nos pasara volando, especialmente estas últimas semanas... Seguimos con moita incertidume, pero aproveitando ao máximo cada momento xuntos e desexando vivir moitos máis entre os muros da nosa escola 🤞🍀❤️

No CEIP de Sillobre coma sempre non paramos! Na última semana, ademais de traballar arreo nas nosas tarefas escolares, r...
11/05/2022

No CEIP de Sillobre coma sempre non paramos! Na última semana, ademais de traballar arreo nas nosas tarefas escolares, recibimos a visita de Manuel, traballador do concello de Fene, que veu para falarnos das aves máis comúns da nosa zona e para facer un taller cos nenos, no que eles mesmos elaboraron o seu propio comedeiro para os paxaros. Manuel explicounos paso a paso como facelo con algo tan sinxelo como unha botella de plástico de medio litro e tamén nos deu uns consellos e recomendacións para a súa colocación. Todos nos fomos encantados para a casa cos nosos comedeiros, ademais de facer un para o cole, que xa temos instalado nunha das nosas arbóres, á espera de recibir a visita de moitos paxariños.
Tamén dedicamos tempo á festa das lavandeiras que tivo lugar a pasada fin de semana. Comezamos por coñecer un pouco do seu traballo e da súa historia a partir da información que elas nos pasaron e que eu convertín nun conto para os nenos. Despois de escoitalo e de comentalo entre todos, os peques fixeron uns debuxos espectaculares nos que plasmaron o duro traballo das lavandeiras, acompañados dunhas fermosas palabras que eles mesmos copiaron. E que fixemos con todo este traballo? Pois un gran cartel para anunciar a festa das lavandeiras! Foi un traballo en equipo, pois contamos coa axuda de Tatiana, a nai da nosa Sophi, que todos os xoves pola tarde imparte unha actividade de manualidades no cole, a cal aproveitaron para poñer no cartel en letras ben grandes "LAVANDEIRAS DE SILLOBRE" e pegar os debuxos e as palabras que escribiran na clase. Nas fotos podedes ver o resultado 😍😍 Gracias, Tati, pola túa axuda ❤️ E quero agradecerlle tamén ás lavandeiras, especialmente a Mariceli e a Eva, por contar con nós e polo detalle de agradecemento que tivestes cos nenos en recoñecemento do seu traballo, e tamén cas profes! Foi un pracer aportar o noso gran de area para festexar un día tan especial para vós e para Sillobre! 😍
Crucemos os dedos para seguir festexando xuntos moitos anos máis 🤞🏼🤞🏼
Déixovos fotiños de todos estes momentos, á espera da seguinte entrada na que vos contarei como estamos a conmemorar a semana das letras galegas no cole, entre outras cousiñas que faremos! 😉 Seguídenos lendo! 😍

Hoxe toca dedicarlle un momentiño ás nosas redes sociais para contarvos como imos levando o terceiro trimestre! Comezámo...
02/05/2022

Hoxe toca dedicarlle un momentiño ás nosas redes sociais para contarvos como imos levando o terceiro trimestre! Comezámolo cunha excursión a semana pasada á Casa do Queixo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes, onde pasamos un día moi divertido en pleno contacto coa natureza, cos animais da granxa e realizando actividades moi interesantes e didácticas, como cociñar, ver o proceso da lá de ovella, un taller de cores e sabores e unha viaxe á vida no pasado. Déixovos unhas fotiños para que vexades o moito que o disfrutamos!

O mércores pasado tamén celebramos os 6 aniños do noso Sandro cunha pequena festa e unha piñata en forma de dinosaurio, pois este é un dos temas que máis lle gusta e do que sabe un montón 😍😍 Felicidades de novo Sandro, faime moi feliz ver todo o que medraches e maduraches nestes tres cursos que levamos camiñando xuntos. Nunca perdas esa picardía e a túa curiosidade que te fan tan especial ❤️

E como non, seguimos de celebración! Esta semana convídovos a visitar Sillobre e o seu VII encontro das lavandeiras, unha festa moi esperada despois de dous anos de parón por mor da pandemia. Déixovos o cartel e a miña recomendación para que vos pasedes a ver todo o que teñen organizado, pois merece moito a pena contribuir á conservación dunha tradición tan bonita que rende homenaxe a esas mulleres lavandeiras, fortes e traballadoras 💪💪 Dende o cole aportaremos o noso graniño de area con algunha que outra actividade que xa vos amosarei na seguinte entrada 😉

Ánimo e forza a todos nesta recta final do curso 🥰

Un evento que non vos podedes perder!!
21/04/2022

Un evento que non vos podedes perder!!

Rematamos o segundo trimestre! 👏👏👏Tivemos unha semana intensa, na que as nenas de Primaria descansaron un pouquiño dos l...
09/04/2022

Rematamos o segundo trimestre! 👏👏👏
Tivemos unha semana intensa, na que as nenas de Primaria descansaron un pouquiño dos libros e fixeron algunha que outra proba para ver canto aprendemos este trimestre... Unha das que máis lles gustou foi o xogo da oca, cunhas normas algo distintas ás habituais... Para poder lanzar o dado e avanzar tiñan que acertar unha pregunta sobre distintos temas, (mates, lengua, lingua, ciencias... ), e en caso de fallar, podían empregar un comodín e pedirlle axuda a algunha compañeira. Os de Infantil tamén fixeron a súa ronda de oca, identificando o número que lles saía no dado e contando ben para avanzar as casillas correspondentes.
Tamén fixemos no ordenador algunhas tarefas que tiñamos pendentes, e por decoramos os nosos ovos de pascua, elixindo cada un os seus materiais preferidos. As manualidades sempre nos encantan, pero sen dúbida a actividade estrela da semana foi unha busca do tesouro! Partindo dunha pequena historia e seguindo unhas pistas, cada pequeno tiña que atopar os ovos de Pascua escondidos en distintos recantos do cole. Todos o fixeron de marabilla e ben mereceron levar os ovos de chocolate como recompensa ó seu brillante traballo como investigadores 🧐
Este é unha pequeno resumo do noso fin de trimestre... Agora temos por diante uns días para cargar as pilas e comezar con moitas ganas o último tramo do curso 💪💪
Feliz Semana Santa para tod@s! ❤️

Comezamos a semana a golpe de bingo! Mentres as nenas de Primaria estaban en Inglés os peques de Infantil botaron un bin...
04/04/2022

Comezamos a semana a golpe de bingo! Mentres as nenas de Primaria estaban en Inglés os peques de Infantil botaron un bingo, un recurso clásico con un gran potencial educativo, pois non só nos permite traballar a lóxica-matemática, senón tamén outras capacidades como a atención e a concentración, sen falar do compoñente motivacional. Hoxe tocou o dos números, pero na nosa clase temos unha gran variedade de bingos: de letras, sílabas, palabras, bingos temáticos (Samaín, Nadal, Entroido...). Encántanos!

Comezamos a semana de celebración! A nosa Carla cumpliu 7 aniños... A nena que sempre me da unha aperta cando chega e ca...
28/03/2022

Comezamos a semana de celebración! A nosa Carla cumpliu 7 aniños... A nena que sempre me da unha aperta cando chega e cando se despide, que desprende cariño e dozura por cada poro. Carácter e sensibilidade unidos nunha persoa moi especial. Felicidades miña pequena ❤️ Tamén aproveitamos para celebrar as miñas 31 castañas 😜 Rodeada dos meus nenos e do noso '' superteacher'', que máis se pode pedir? ❤️

Os máis maiores de Sillobre botan unha ollada ó pasado, á súa infancia, para recordar como foron os seus anos de estudan...
25/03/2022

Os máis maiores de Sillobre botan unha ollada ó pasado, á súa infancia, para recordar como foron os seus anos de estudantes no colexio. Supoño que o máis que probable peche da escola (tristemente non tivemos nin unha soa solicitude de admisión) fai que os veciños se poñan un pouquiño melancólicos e queiran deixar por escrito as súas vivencias ligadas ó colexio.

Os tempos cambiaron, o sistema educativo avanzou e os métodos pedagóxicos actuais nada teñen que ver cos que Roberto nos conta na súa historia... Pero o que nunca cambiará é a pegada que unha escola deixa na vida dunha persoa, todos os mestres e mestras que nos marcan dunha maneira ou doutra, todas as aprendizaxes e vivencias que suceden entre as catro paredes dunha aula.

Non sei que pasará daquí a final de curso, se sobreviviremos ou non, pero o CEIP de Sillobre (a antiga escola do Souto) sempre vivirá no corazón de todos os que tivemos a sorte de pertencer a el dunha ou doutra maneira.

Déixovos a historia de Roberto, escrita en papel da súa época de estudante, e ireivos amosando outras... É unha fermosa maneira de renderlle homenaxe á nosa escola ❤️

Dirección

Rúa Mestre Lois R. Calvo, S/n
Sillobre
15509

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34881930129

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Diario dunha unitaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría