IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria Instituto de Ensino Secundario

FESTIVAL FIN DE CURSODeixámosvos unha pequena mostra do  festival  celebrado o 19 de xuño e que serviu de despedida do c...
29/07/2026

FESTIVAL FIN DE CURSO
Deixámosvos unha pequena mostra do festival celebrado o 19 de xuño e que serviu de despedida do curso escolar e do alumnado de 4ºESO. Malia as limitacións temporais que afectan a este tipo de actividades e as dificultades técnicas que sempre se producen, queremos deixar constancia coa publicación deste vídeo da transcendencia que estas dinámicas teñen na vida do centro e na formación do noso alumnado. A obra é unha adaptación da peza teatral Despertando a la princesa (2009) de Desiré Ortega Cerpa, á que temos que agradecer o envío desinteresado do texto teatral que foi adaptado ás posibilidades do grupo da materia de PROXECTO COMPETENCIAL de 4º ESO.
Grazas e feliz verán a tod@s!!

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

Ciclo Medio en Técnico de Atencion a Persoas en Situación de Dependencia📢 ¡Últimas prazas dispoñibles!Queres traballar n...
15/07/2026

Ciclo Medio en Técnico de Atencion a Persoas en Situación de Dependencia
📢 ¡Últimas prazas dispoñibles!

Queres traballar no sector social? No IES Xograr Afonso Gómez de Sarria liberáronse prazas no Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

✍️ Cómo matricularse?

Prazo: Remata o xoves 16 de xullo de 2026 ás 13.00hs.

Proceso: Matrícula por orde de chegada directamente no centro. Corre que voan!

Requisito de acceso: Graduado en ESO ou equivalente.

Por que escoller este ciclo?

Profesión con alta demanda laboral e elevado índice de emprego no sector social.

Aprenderás técnicas e habilidades para coidar de persoas maiores ou con diversidade funcional.

Prácticas en empresas do sector na contorna ou no estranxeiro.

Consulta toda a información detallada nas imaxes adxuntas e non perdas esta oportunidade de formarte nunha profesión con futuro.

III MARCHA CICLOTURISTA EN FAMILIA COA COLABORACIÓN DE FONTECELTAUn grupo entusiasta formado por alumnado, profesorado e...
21/06/2026

III MARCHA CICLOTURISTA EN FAMILIA COA COLABORACIÓN DE FONTECELTA
Un grupo entusiasta formado por alumnado, profesorado e familias do IES Xograr Afonso Gómez gozou esta fin de semana dunha actividade moi completa. Unidos pola súa afección ao ciclismo, realizaron unha ruta desde Sarria ata a praia fluvial de Pobra de San Xiao, compartiron un xantar e regresaron pedaleando ata o instituto. Coa inestimable axuda dos membros do Club DHGTeam e acompañados en todo momento por un coche de apoio, a actividade foi un gran éxito. Na praia fluvial xuntámonos un bo grupo de familias do Club DHGTeam e do instituto e algúns completaron a xornada cun baño refrescante para escapar das altas temperaturas. Agradecer tamén a colaboración de Fontecelta que un ano máis donou as augas. Ata a cuarta edición!

PECHE DE CURSO BRILLANTE CON BORJA TOSAR E CHOCOLATE CON ESTRELASO venres 19 pola noite tivemos o luxo de escoitar e apr...
21/06/2026

PECHE DE CURSO BRILLANTE CON BORJA TOSAR E CHOCOLATE CON ESTRELAS

O venres 19 pola noite tivemos o luxo de escoitar e aprender aspectos de astronomía con Borja Tosar. Setenta persoas (entre profesorado, alumnado e familias), gozamos coas anécdotas e lembranzas de Borja como exalumno do noso centro e tamén, descubrimos moitísimas cousas sobre o eclipse total que acontecerá este verán e que poderá verse en Sarria. Borja, que realizou a actividade de forma totalmente desinteresada, puxo o broche final ás actividades deste curso, ás celebracións polo 50 aniversario e ás actividades do club de ciencia do centro. Unha actividade en familia, que completouse cun rico chocolate e ao que soamente lle faltou a observación do ceo cun potente telescopio xa que as nubes nolo impediron. Mil grazas

DOUS ALUMNOS DO CENTRO GAÑAN UN PREMIO NO CONCURSO DE DEBUXO PICASSOAntón Díaz e Yago Rodríguez de 3º da ESO do IES Xogr...
21/06/2026

DOUS ALUMNOS DO CENTRO GAÑAN UN PREMIO NO CONCURSO DE DEBUXO PICASSO

Antón Díaz e Yago Rodríguez de 3º da ESO do IES Xograr Afonso Gómez gañaron o primeiro premio de redacción na categoría C de 3º e 4º da ESO na undécima edición de Concurso de Debuxo Picasso organizado pola Asociación da prensa de A Coruña e o patrocinio de . O seu traballo titulado “El retroceso” é unha reflexión sobre a guerra e foi realizado na aula de Educación Plástica
do centro. Neste concurso participaron escolares de toda Galicia. Concedéronse nove premios nas distintas categorías e 15 accésits entre os máis de 200 traballos presentados ao certame. Iago e Antón recibiron e seu premio o 19 de xuño no IES Eusebio da Guarda de A Coruña, centro no que estudou Picasso na súa adolescencia. O premio consiste en diploma e tarxeta regalo de 300 euros. Noraboa aos premiados.

Recompensa ao talento e ao traballo ben feito! 🎓✨Catro alumnos e alumnas do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria foron hoxe...
19/06/2026

Recompensa ao talento e ao traballo ben feito! 🎓✨

Catro alumnos e alumnas do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria foron hoxe recoñecidos/as no acto MEGAU, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela para premiar as mellores notas de Galicia nas Probas de Acceso á Universidade: Aldara Campo, Otón Mendoza, Claudia Arias e Eire López. Un fito extraordinario que sitúa ao noso centro no máis alto!

A cerimonia de entrega de diplomas celebrouse este venres ás 17:00 h no Multiusos Fontes do Sar, nun acto presidido polo conselleiro de educación, Román Rodríguez, xunto coa reitora da USC, Rosa Crujeiras, e os reitores da UDC e da UVigo, Ricardo Abad e Manuel Joaquín Reigosa.

Queremos felicitar publicamente a estes catro mozos e mozas polo seu brillante rendemento e por levar o nome do noso instituto con tanto orgullo. O futuro é voso! 🚀

Agradecementos a por impulsar e poñer en valor a excelencia académica do noso alumnado. Deixámosvos as fotos de recordo dunha tarde inesquecible. 📸👇

🎓 Etapa completada! O alumnado de 4º da ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria xa ten a súa graduación.Despois de catr...
19/06/2026

🎓 Etapa completada! O alumnado de 4º da ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria xa ten a súa graduación.
Despois de catro anos de esforzo, risas, exames e, sobre todo, moito crecemento, os nosos mozos e mozas dinlle adeus a unha etapa inesquecible.

Queremos darlles os parabéns a todos e todas polo seu traballo e desexarles o mellor no camiño que decidan emprender a partir de agora, sexa no Bacharelato ou nos Ciclos Formativos. Sodes o orgullo do Xograr! 💙

Deixámosvos un resumo en imaxes deste día tan especial. 👇📸
https://photos.app.goo.gl/YqEgi3VxBQYncKFF7

LABIRINTO DE BREOGÁN, PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA E RUTA  DE SENDEIRISMO EN VIVEIROO alumnado de 1º e 2º da ESO realizou ...
19/06/2026

LABIRINTO DE BREOGÁN, PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA E RUTA DE SENDEIRISMO EN VIVEIRO
O alumnado de 1º e 2º da ESO realizou onte a súa excursión de fin de curso, comezaron por exprimentar a súa capacidade de orientación no labirinto de Breogán e despois desfrutaron o resto do día nos tobogáns do parque acuático de Cerceda.
O alumnado de 3º e 4º ESO pasou o día na praia de San Román en Viveiro, alí fixeron surf e unha fermosa ruta de sendeirismo pola zona.
Boas vacacións!

Solicitudes de admisión ate o 30 de xuño ás 13.00hs.
17/06/2026

Solicitudes de admisión ate o 30 de xuño ás 13.00hs.

TEATRO PARA FESTEXAR O FIN DE CURSOUn ano máis o alumnado gozou dunha obra de teatro, unha fermosa simpática e reflexiva...
17/06/2026

TEATRO PARA FESTEXAR O FIN DE CURSO
Un ano máis o alumnado gozou dunha obra de teatro, unha fermosa simpática e reflexiva función que levou por título "Esperta princesa". Un curso máis, dirixida pola incansable Ana Belén Durán e, nesta ocasión, interpretada polo alumnado de Proxecto competencial de 4º ESO. Noraboa ás bravas interpretes e grazas por este fermoso agasallo.

Dirección

Rúa Ánxel Fole S/n
Sarria
27600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Xograr Afonso Gómez de Sarria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES Xograr Afonso Gómez de Sarria:

Atajos

Compartir