11/06/2026
Os nosos alumnos e alumnas de 5º de Infantil visitaron Agadea Alzheimer para compartir unha fermosa mañá coas persoas maiores a través da música. 🎶
Nesta actividade interxeracional, a música converteuse na protagonista, favorecendo a estimulación, a comunicación e o intercambio de experiencias entre pequenos e maiores. Entre tambores e maracas cantaron diferentes cancións e practicaron diferentes ritmos musicais.
A través da música e destes instrumentos, compartiron momentos de diversión, aprendizaxe e emoción, contribuíndo á estimulación cognitiva e sensorial das persoas maiores e fortalecendo os lazos entre xeracións.
11/06/2026
El alumnado de 2º ESO, acompañado por un mentor de 3º ESO, participó en la Liga Maker Drone celebrada en el Coliseum. Una experiencia de aprendizaje, innovación y trabajo en equipo en la que pudieron demostrar todo su talento y creatividad 🚁💙
06/06/2026
Ayer todo el alumnado de Infantil disfrutó de una salida por los alrededores de nuestra ciudad.
Jugamos, exploramos y compartimos una divertida merienda todos juntos.
Además, tuvimos la suerte de contar con la compañía de algunas familias, que se unieron a nosotros para disfrutar de esta jornada tan especial.
¡Gracias por compartir estos momentos y seguir construyendo recuerdos inolvidables!
29/05/2026
Hai historias que nacen do corazón, e “Por unha promesa” é unha delas. Esta semana no noso Club de Lectura de Familias gozamos dun encontro inesquecible con Mercedes Autrán. Falamos da súa primeira novela, un relato cheo de tenrura escrito para a súa nai e inspirado nas vivencias e na maxia de Rois.
Grazas, Mercedes, por compartires connosco un anaco da túa historia e facernos sentir coma na casa. ✨📖
28/05/2026
Nuestro proyecto SAFESPHERE resultó ganador en la categoría de ESO del concurso “Emprender es soñar, ¿te apuntas?”, organizado por la Asociación Gallega de la Empresa Familiar.
Además, otro grupo del cole fue finalista con el proyecto ZAMPA, una empresa de comederos inteligentes para mascotas. Un reconocimiento al talento, la creatividad y el espíritu emprendedor de nuestro alumnado.
¡Enhorabuena! 💙✨
28/05/2026
O alumnado de 3º ESO realizou un free tour polo casco histórico de Santiago de Compostela, converténdose en guías turísticos por un día. Explicaron as rúas, prazas e monumentos máis emblemáticos da zona vella compostelá, demostrando todo o aprendido.
Un auténtico luxo pasear con eles e escoitar as súas explicacións! ✨🏛️