Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC

Compartir

📢 Síguenos tamén en LinkedIn, Bluesky, Instagram, Tiktok e Youtube

28/07/2026

O sábado 18 de xullo celebrouse o acto de graduación da XVII promoción de Economía 2022-2026. O acto estivo presidido pola Reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras Casais. Tamén participaron o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC, Xoán Ramón Doldán García, o profesor Francisco Negreira del Río do departamento de Economía Aplicada, como padriño da promoción, e a profesora María Cadaval Sampedro, profesora do mesmo departamento e madriña da promoción. Ademais, participou como convidado o profesor Santiago Lago Peñas, tamén profesor de Economía Aplicada. Unha celebración agardada e moi grata para compartir estudantes, familiares e profesorado. Parabéns a todas as persoas graduadas e por este momento no que rematades esta etapa formativa na nosa facultade! Os novos camiños que se vos abran non impiden que continuemos considerándovos parte da nosa familia universitaria, porque xa sodes parte da nosa historia. Agardamos que a vosa futura experiencia nos axude a continuar formando futuras promocións de estudantes.



28/07/2026

Un acto moi agardado polo estudantado é o acto de graduación. A XIV promoción de Administración e Direccion de Empresas 2022-2026 celebrou a súa o día 17 de xullo. O acto estivo presidido polo Vicerreitor de Profesorado e Innovación Docente, Pablo Taboada Antelo, en representación da Reitora da USC, e nel tamén participaron o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, Xoán Ramón Doldán García, o padriño e as madriñas da promoción, o profesor de Economía Aplicada, Adrián Dios Vicente, e as profesoras Cristina Aibar Guzmán e Beatriz Aibar Guzmán do departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Unha xornada feliz compartida por estudantes, familiares e profesorado. Desexamos moitos parabéns a todas as persoas graduadas e que agora comezan unha nova etapa. As portas da facultade sempre estarán abartas para vós para compartír con nós e novas promocións as vosas experiencias. Xa sodes parte da historia da nosa facultade e da USC. Boa sorte!




27/07/2026

O pasado 16 de xullo celebramosun novo xantar de confraternización na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC ( ). Unha xornada especial para nos xuntar as persoas que compartimos traballo no mesmo centro. E, como non, acompañáronnos quen se xubilaron ou xubilaranse este ano, Domi Bouzas Antelo, Carmen López Andión, Fina Peón Miramontes, Juan Pereira Mourelle e Ángela Troitiño Cobas. Agradecémoslle a todas elas a súa adicación durante décadas a sacar adiante un servizo público como é o ensino universitario. Sen eles/as non poderíamos ser o o que somos como facultade e sempre continuarán sendo parte da nosa familia universitaria. Un día inolvidable, festivo e emotivo a un tempo. Grazas a tod@s!

02/07/2026

🎓📚 Sabías que a túa opinión pode contribuír a mellorar a Facultade?
O Sistema de Garantía de Calidade (SGC) axúdanos a escoitar ao estudantado, analizar as súas necesidades e poñer en marcha accións de mellora para ofrecer unha experiencia universitaria máis satisfactoria.
📝 Responde ás enquisas.
💬 Envía as túas suxestións.
🙋‍♀️ Participa a través d@s teus/túas representantes.
Porque cada proposta conta e cada opinión pode converterse nunha mellora para toda a comunidade universitaria.
💙 Participa. Colabora. Melloramos xunt@s.

01/07/2026

Opina, propón, suxire.
Queremos coñecer a túa opinión sobre o noso centro, as ideas que tes para melloralo ou para corrixir o que non funciona ben. E iso é tan fácil como entrar nun formulario anónimo a través do QR da imaxe, ou entrar na intranet e expresarte libremente.
Porque a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC é cousa de tod@s, e é importante que fagas escoitar a túa voz.
Procuraremos que todas esas opinións e ideas teñan unha tradución en feitos no menor tempo posible.
Anímate a participar.

Photos from Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC's post 25/06/2026

O pasado martes 23 de xuño, celebrouse a clausura de curso da XVIª promoción do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (Máster DEIN). Ademais das persoas desta promoción, participaron no acto o decano da facultade, Xoán R. Doldán García, o coordinador do máster, Xavier Vence Deza, e profesorado e ptxas vinculados ao máster.
Moitos parabéns a todo estudantado que está a celebrar este remate de curso e moita sorte e éxito profesional de aquí en diante. Xa sodes parte desta casa e as súas portas sempre estarán abertas para vós.

Photos from Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC's post 23/06/2026

Hoxe lembramos o acto de graduación da XVII promoción do Máster en Dirección de Empresas (MBA), celebrado o pasado 5 de xuño. Neste acto participaron, ademais das persoas graduadas, o decano da facultade, Xoán R. Doldán García, a madriña da promoción e profesora do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Sara Fernández López, e a coordinadora do máster, Paula Álvarez González.
Moitos parabéns ás persoas graduadas, moito éxito no voso futuro profesional e lembrade que esta sempre será a vosa casa.

22/06/2026

Informámosvos desta oferta de emprego que nos chegou de MIRAVEO. Tendes máis información sobre o posto e podedes enviar CV a: [email protected]

Photos from Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC's post 19/06/2026

O equipo presentado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC na XVII Olimpiada Nacional de Economía de Aranjuez, hoxe foi galardoado co segundo premio por equipos. Un éxito que sentimos como noso pero que é mérito indiscutible do esforzo d@s estudantes que o compoñían, Gonzalo Rodríguez Martínez, Marta Arce Lloret e Elena Novo Mariz, os dous primeiros do Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e a terceira do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Acompañaron ao equipo, o decano da facultade, Xoán R. Doldán García, e a profesora e directora do IES "Isaac Díaz Pardo", María Sol Doval Casal, quen animou e cuidou do grupo en todo momento. Alí tivemos ocasión de coincidir co profesor da nosa facultade, Miguel Anxo Vázquez Taín, e Presidente do Consejo General de Economistas. Parabéns por este galardón e moita sorte nos vosos próximos estudos universitarios.

18/06/2026

Despois da dura sesión de probas deste xoves pola mañá á que se tiveron que enfrontar o estudantado que representa a Galicia na a XVII Olimpiada Nacional de Economía en Aranjuez, tocaba prepararse para g***r dunha merecida cea de gala ofrecida pola organización. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC agradécelle o esforzo realizado. O venres tocará rematar con esta competición e regresar a casa, mentres uns momentos para recuperar forzas.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Facultade De CCalle Económicas E Empresariais. Avenida Do Burgo Das Nacións S/n
Santiago De Compostela
15782