12/03/2026
Este luns teremos con nós a Atocha Aliseda, experta en filosofía da IA, falando de Sistemas computacionales
de razonamiento médico: sus alcances y suposiciones filosóficas.
Será ás 12:30, na nosa sede, o Centro de Estudos Avanzados.
Estades convidados!
09/03/2026
Mañá, martes 10 de marzo, desenvolveremos na nosa sede a xornada A (IM)PERTINENCIA DO SILENCIO. RESTITUÍR MÚSICA ESQUECIDA EN ESPAZOS DOMÉSTICOS, na que se mostrarán dous proxectos que recuperan, dende as Humanidades Dixitais, composicións esquecidas de ámbito doméstico setecentista.
Quedades convidados!!
03/03/2026
Este xoves e venres 5 e 6 de marzo a Facultade de Xeografía e Historia acollerá o seminario “Grabados y Arte Barroco, repertorios visuales, circulación e invención,” organizado pola profesora Carme López Calderón ao abeiro da Axuda CNS2024-154733 financiada por MICIU/AEI /10.13039/501100011033.
Presentamos neste post tamén o programa, convidando a asistir a todas as persoas interesadas.
02/03/2026
PUBLICACIÓN | O libro “O corpo humano entre a Antigüidade e o Barroco / El cuerpo humano entre la Antigüedad y el Barroco” coordinado por Irune Valderrábano e Xavier de Donato, está xa dispoñible na Libraría de EdiciónsUSC.
Este volume foi desenvolto a partir do seminario e a exposición do mesmo título que organizamos en setembro de 2024, unha das primeiras actividades do iHUS financiada en colaboración cos grupos de investigación e Discursos e Identidade.
23/02/2026
Algunhas instantáneas do seminario “Cristales de devenir: Nuevos acercamientos al problema de la imaginación”, organizado por Sergio Meijide e Federico L. Silvestre a semana pasada na nosa sede.
19/02/2026
Durante a tarde de hoxe, 19 de febreiro, e a xornada de mañá, 20 de febreiro, terá lugar na nosa sede o Seminario CRISTALES DE DEVENIR. NUEVOS ACERCAMIENTOS AL PROBLEMA DE LA IMAGINACIÓN, no que diferentes perfís abordarán a deriva imaxinativa en relación coas artes.
Estades convidados!
06/02/2026
O martes 10 de febreiro estaremos de novo con Etienne Helmer (Investigador Beatriz Galindo) na segunda sesión do ciclo sobre Platón.
Convidámosvos a participar nesta sesión, ás 17:00h na nosa sede, o Centro de Estudos Avanzados.
23/01/2026
O próximo martes, día 27 de xaneiro ás 17:00h, Etienne Helmer (Investigador Beatriz Galindo) impartirá a primeira sesión do seu ciclo sobre Platón.
Convidámosvos a participar nesta sesión titulada “¿En qué sentido es Platón un filósofo político?”
O curso é totalmente gratuíto e as sesións son independentes, polo que é posible asistir a esta sesión sen obriga a asistir ás seguintes para conseguir un certificado de asistencia.
Dado que o espazo no que terá lugar, o Centro de Estudos Avanzados, pedímosvos que vos rexistredes a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/xRrsET8XJ3
24/12/2025
Pasade boas festas!!
Agardámosvos no 2026
09/12/2025
Mañá ás 12:00h acolleremos na nosa sede a conferencia “Postdigitalismos”.
Nesta sesión o profesor Germán Sierra falará sobre arte textual posdixital, os seus antecedentes e tamén as novas tendencias e tecnoloxías.
Agardámosvos!!
04/12/2025
📖 PRESENTACIÓN | Conversaciones en la catedral. Sobre estética, política y conmemoración regia en torno a 1200
Rocío Sánchez Ameijeiras, catedrática de Historia da Arte da USC, presenta o seu traballo no que explora como durante o tempo en que León e Galicia formaron unha coroa independente, a Catedral de Santiago converteuse no seu centro simbólico: lugar de goberno, de liturxia e de sepultura real.
O novo libro de Rocío Sánchez Ameijeiras analiza como a Igrexa compostelá construíu a identidade desta monarquía a través da arte: reis inspirados en David e Salomón, iconografía cabaleiresca e efixies funerarias que contan unha historia de poder, memoria e continuidade dinástica.
👥 Intervirán tamén:
• Laura Lojo, directora do Instituto de Investigación en Humanidades
• Federico López Silvestre, director do Departamento de Historia da Arte
• Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval
• Daniel Lorenzo, presidente da Fundación Catedral de Santiago de Compostela
📅 Xoves 4 de decembro, 19:30h
📍 Sala de Profesorado
03/12/2025
Onte tivemos a última sesión do curso que impartiu Etienne Helmer sobre filosofía antiga e o seu contexto.
Moitas grazas a todas as persoas asistentes!
Agardámosvos na próxima!